Un veciño de San Xulián con feridas na faciana e no corpo, evacuado en ambulancia dende o cruce do lugar coa N-550.

Sobre ás 23 horas, una ambulancia do 061 traladou ao Centro Médico de Baño a Sergio R.M., veciño da Subida a Requeixo nº 9 de San Xulián, e que estaba no cruce da rúa do Pilar coa Nacional N-550 con varias feridas na faciana e no corpo, das que manaba abundante sangue.
Manifestou Sergio R.M. aos sanitarios que fora agredido por unha persoa.

A misa previa ao acompañamento do San Roque a Porto será o xoves 20, ás 19:30 horas.

O xoves, 20 de agosto, as 19:30 horas comezará na Igrexa de Pontecesures a misa previa ao traslado da imaxe de San Roque a Porto.
Ás 20 horas sairá dende a Plazuela a imaxe do santo en procesión, ata deixala na casa de Vieites, a carón do edificio da taberna, (por San Lois, Otero Acevedo, e Carlos Maside) na rúa dos Mariñeiros de Porto, nun pequeno altar instalado para a ocasión.
A imaxen de San Roque permanecerá alí, ata as 12 horas do venres 21, na que sairá a procesión da Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial (pola rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois) onde ás 12:30 terá lugar a Misa Solemne.

Las aguas como colchón.

La localidad padronesa de A Ponte, celebró ayer tras la cita con la estornela su tradicional concurso de cucaña sobre el río Ulla donde los más osados trataron de mantener el equilibro sobre el palo, con las aguas del río como único colchón. Como siempre, fue todo un divertimento, más que agradecido en la jornada veraniega, con la que A Ponte tomó el relevo del popular juego.

EL CORREO GALLEGO, 17/08/09