I Copa de Fútbol Sala Pascua 09 en Cordeiro.

Disputarase o xoves e o venres próximos, de 10 a 22 horas, no pavillón de Beiro.
Os premios serán de 1.500, 600, 300 e 100 euros, máis trofeo para os 4 primeiros clasificados, e o cota de inscripción é de 100 euros (máximo 32 equipos).
O sorteo terá lugar na Casa de Cultura de Campaña o mércores día 8 ás 22 horas.
Rexerán as normas da Federación Galega de Fútbol Sala e haberá servizo de cantina.

Inscricións: 659 822427 e 669 521912

ESTE MARTES 7 DE ABRIL,ESTARÁN O ALCALDE E O TENENTE-ALCADE DO CONCELLO DE PADRON EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Mañá martes 7 de abril,o programa “Palco de Estrelas” de Radio Valga, dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, adianta un días a súa emisión esta semana. Dado que o xoves é festivo e o mercores en Radio Valga ,a noitiña ,hai unha importante retransmisión deportiva narrada en directo dende Vilagarcia por Héctor Bermudez,onde xoga o equipo de Balocesto feminino do Extrugasa,decidiuse adiantar a mañá martes a emisión do programa “Palco de Estrelas”. Desta vez contarase nos estudios centrais de Radio Valga,sobre as 21.35h., da presencia en directo do alcalde de Padrón, Don Camilio Forjan Seoane e do Tenente-Alcalde e concelleiro de Cultura,Don Eloy Rodriguez Carbía, para falarnos da programación das festas da Pascua 2009. Ademais,nos xa case 10 anos de historia da emisora valguesa, é a primeira vez que uns dirixentes do goberno municipal de Padrón acuden a unha entrevista en directo a propia emisora.

O Venres Santo, a “pulpeira” do Carballiño estará no Bar Choco todo o día.

Ante o grande número de persoas que degustaron o polbo na praza dos Valeiros de Porto o venres día 3 e o domingo día 5 de abril, a “pulpeira” estará o venres día 10 pola mañá e pola tarde para servir o exquisito producto.
Se houbo moito xente o venres pasado, onte ao mediodía foi espectacular, estimandose que tanto dentro do Bar Choco, como fóra, na praza dos Valeiros, houbo máis de 400 persoas degustando o polbo. Acompañou o tempo e houbo moi bo ambiente.