Finou no día de hoxe a cesureña Margarita García Domínguez, irmá do xornalista e escritor “Borobó”, e tía de Margarita García Castro, concelleira do BNG de Pontecesures.
Mañá día 27 de xaneiro, logo de depositarse as súas cinzas no cemiterio parroquial de San Xulián, oficiarase unha misa na Igrexa Parroquial de Pontecesures as 18:00 horas.
Descanse en paz.
Alicia Míguez, será enterrada mañana día 27 en Pontecesures.
El cortejo fúnebre de esta joven domiciliada en A Devesa, que falleció ayer en el canal de derivación del río Sar, saldrá del tanatorio Iria Flavia de Padrón a las 16:30 horas. A las 17:00 se celebrará la misa funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Posteriormente tendrá lugar el entierro en el cementerio de San Xulián.
Hoxe xubila Manuel Valladolid, peón do Concello de Pontecesures.

Manuel Valladolid Ramos “O andaluz”, xubila no día de hoxe por idade, ao cumprir os 65 anos. Nado en Almonte (Huelva), Manolo leva 28 anos coma operario do concello, logo de traballar na Agraria en Andalucía de xove, e 9 anos en Alemania (empresas metalúrxicas).
Dende este medio noraboa a este veciño da rúa Deputación de Porto e o desexo de que disfrute no futuro do tempo libre.
Hoxe, ás 20:30 horas, pleno ordinario.
Terá a seguinte Orde do día:
1-Actas anteriores.
2-Resolucións da alcaldía.
3-Informes da presidencia
4-Rogos e preguntas.
Faise un chamemento á veciñanza para que asista ao pleno.
Mañá día 27 de xaneiro, presentación do vehículo de emerxencias de Pontecesures.
O martes día 27 de xaneiro ás 13:30 horas será presentado na fachada prinicpal da Casa do Concello o novo vehículo para extinción de incendios e de ssalvamento adquirido polo concello e subvencionado ao 75% pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. O vehículo modelo pick-up tivo un custo total de 62.266,66 euros, e xa esta rotulado, cos anagramas de “emerxencias” e rotulado.
Está previsto que asistan ao acto de presentación a Directora Xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, e a delegada provincial da Consellería de Presidencia, Mª Carmen Larriba. Están tamén convocados ao acto, os representantes de tódolos grupos políticos do goberno e da oposición.
O equipo de goberno quere mostrar a súa satisfacción pola posta en uso dun vehículo moi necesario, e tantas veces demandado por este concello.
As oposicións á Vicepresidencia.
¿E para isto tanto “Hai que botalos? ¿Para isto? ¿Para que se xogue o mismiño xogo? ¿O mesmo mesmiño que os anteriores que tanto criticabamos? 39,94 euros para inscribirse nunha convocatoria para unha soa praza. Galiza dividida en 10 áreas, 10 puntos por experiencia persoal, preguntas test que non restan, etcétera.
¡Que pais o noso! ¿Onde fican as promesas de cambio? ¿Que facer? Pois pensando ben o noso voto, e intentar que este información chegue a cada un dos galegos, pero a ilusión polo cambio…a ilusión está perdida, pateada no chan.
Carta de Saleta Alonso Barreiro de A Coruña ao director de LA VOZ DE GALICIA. 26/01/09