O vindeiro 22 de decembro, ás 12 horas, no Salón Nobre da Casa do Concello de Padrón comunicarase
o gañador do XXXIV Certame Nacional Galego de Narracións Breves ??Premio Modesto R. Figueiredo? 2008, organizado pola Fundación do Pedrón de Ouro, coa colaboración da Concellaría de Cultura do Excmo. Concello de Padrón e que por vez primeira, se falla na vila de Padrón.
A festa de Nadal dos nenos/as da gardería de Pontecesures, será no Centro Social.
Comezará o acto ás 17:00 horas de mañá venres día 19 de decembro, e os alumnos e alumnas cantarán cancións, e farán diversos xogos relacionados co Nadal e coa chegada dos Reis Magos.
Mañá día 19 de decembro estarán os paxes dos Reis Magos no CPI Pontecesures.
Neste día en que nenos e profesores collen as vacacións de nadal, chegarán os paxes dos Reis Magos ao CPI de Pontecesures. Será pola mañá, e os nenos/as máis pequenos recibirán agasallos dos representantes dos magos de oriente. Será toda unha festa tamén para o alumnado de tódolos cursos, na espera da gran noite de ilusión do 5 de xaneiro.
O “Joyería Riveiro” vai nun meritorio 3º posto na liga de fútbol de veteranos.
Dentro do grupo 5º da zona composto por 18 equipos, o equipo cesureño “Joyería Riveiro”, marcha en terceiro posto con, 28 puntos, a catro puntos do Rápidos de Xeve que ocupa o liderado, e a dos do “Playa de Lagos” que ocupa a segunda praza.
Protección Civil de Padrón apaga un incendio en un camión en Pontecesures.
La Agrupación de Protección Civil de Padrón acudió en la madrugada de ayer a una intervención en el municipio vecino de Cesures, donde un camión estacionado en la calle comenzó a arder sobre las cinco de la mañana. Tras la llamada del 112, Protección Civil se desplazó hasta el núcleo de Porto con el vehículo de emergencias para concluir la intervención casi cinco horas después. Al parecer, el reventón de los neumáticos debido al calor alertó a los vecinos de la calle, que dieron la alarma de que había un camión en llamas. Debido a la carga del vehículo, que pertenece a una pulpería y estaba lleno de tablones de madera que eran mesas y bancos, el fuego «foi moi difícil de apagar», según los efectivos de Padrón que colaboraron en la intervención con los voluntarios de Cesures. Para sofocar el incendio fue necesario ir moviendo el material del camión e incluso sacarlo de su interior.
LA VOZ DE GALICIA, 18/12/08