O venres día 27 de xuño, ás 21:00 terá lugar esta cea da peña de quinielas “Más vale tarde que nunca” que ten a sede no Bar Mambís, rexentado por Elías Sanmarco, nunha carpa que se instalará no peirao, preto das instalacións de Protección Civil de Pontecesures.
O prezo do menú, que estará servido por Pulpería Mambís (Marisol e Florencio), é de 30 ?, e consistirá en empanada, polbo, churrasco, carne ó caldeiro, rosca, tarta de Santiago, café e licores.
Haberá actuacións musicais e xa están confirmados Luis “Queimada”, Manolito “El Pescador” e o humorista Pacheco.
Por suposto, poden asistir os/as non socios/as aboando o prezo do menú.
I Trofeo de Piragüismo Pontecesures 2008.
Dentro do programa das Festas do Carme 2008, o luns día 7 de xullo, ás 17:30 horas celebrase no peirao de Pontecesures a proba de referencia para palistas das categorías alevín e infantil.
Información e inscricións no Club Náutico de Pontecesures, tfno: 609-762437
Organiza: Club Náutico de Pontecesures.
Patrocina: Concello de Pontecesures (Concellería de Xuventude e Deporte)
Colaboran: Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra
Sae á rúa o cartel da “I Festa do Churro de Pontecesures”.
Dentro das Festas do Carme 2008, o luns día 7 da xullo, a partir das 21:00, terá lugar na Plazuela a Festa do Churro de Pontecesures, con degustación de balde para nenos/as e maiores de churros con chocolate. Para amenizar a festa actuará o trio musical cesureño “Los Soprano” e as churrerías artesanas que colaboran son: BENEDICTA (Benedicta Llerena Limeres), FINA (Josefina Jamardo Doce), ISOLINA (Isolina Lafuente Vidal), JAMARDO (José A. Jamardo Doce), PATRI (Patricia Constantino Dasilva) e SANDRA (Sandra Lafuente Vidal).
Organiza: Concello de Pontecesures
Colabora: Padroado de Turismo “Rías Baixas”
Permanece en estado grave o home ferido no día de hoxe en NESTL?.
Francisco González Rodríguez, de 52 anos, nado en Lestido-Padrón e residente en Devesa-Valga, accidentado na mañá de hoxe na empresa Nestlé de Pontecesures, presenta queimaduras no 15% do seu corpo (a zona máis afectadas foron a cara e os brazos). Está ingresado na Unidade de Queimados do Hospital Juan Canalejo de A Coruña.
Este home. é electricista da empresa láctea dende hai bastantes anos, e sufriu unha descarga eléctrica na mañá de hoxe.
?ltima hora: Accidente laboral en NESTL?.
Na mañá de hoxe un traballador de NESTL? tivo un accidente laboral na propia empresa por mor dunha descarga eléctrica. Arestora, está o helicóptero do 112 na zona para trasladar ó ferido ó hospital Juan Canalejo de A Coruña.
O traballador é, o parecer, veciño de Devesa-Campaña.
O venres día 27 de xuño, festival de remate de curso da gardería.
O venres día 27 de xuño ás 17:30 horas no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián nº 4) celebrarase este festival dos nenos/as da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.