En Pontecesures, a vintecinco de xuño sendo as 10.30 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, pola Educadora Familiar do Concello Dna. Tania Vidal Álvarez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada unha das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 19 de decembro de 2007 que regulan os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.
Iniciado o acto as 11 h. chamase ás sete aspirantas de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Antonia García Liñares, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo e Dna. Albina Salvete Tuñez.
Non se presentou Dna. Carmen Magán Castiñeiras.
Primeiramente duas aspirantes indican que non estaban interesadas no traballo ben por razóns de horario, ou por razóns persoais: Dna. Antonia García Liñares, e Dna. Albina Salvete Tuñez.
Seguidamente as catro aspirantes cubren a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas: Dna. Begoña Coira Lafuente, Dna. Delfina Pardal Pardal, Dna. Mª do Carmen Perez Bandín, Dna. Mónica Pesado Taibo.
A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:
– Dna. Delfina Pardal Pardal………………………… 2,75 puntos
– Dna. Begoña Coira Lafuente………………………. 2 puntos
– Dna. Mónica Pesado Taibo………………………… 1 punto
– Dna. Mª do Carmen Perez Bandín………………. 0,75 puntos
Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Dna. Delfina Pardal Pardal.
De todo o cal se extendese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.
