ESTA NOITE O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA UN PARTIDO CONTRA ANTIGUOS XOGADORES DO CLUB, MENTRAS QUE REMATA O ANO LIDER DA CLASIFICACION DA LIGA

Xa non é a primeira vez que, aproveitando o parón ligueiro polo Nadal, o Extrugasa Rio Ulla xoga algún partidillo entrañable contra antiguos xogadores do club.

Hoxe a partires das 21.30 h. disputarase no polideportivo de Pontecesures o de este Nadal, e esperase que asistan arredor de 10 «vellas glorias» que nos deleiten co seu xogo.

Por outra banda o equipo senior vai rematr o ano lider da liga zonal, nunha clasificación incompleta polo número de partidos aprazados que teñen todos os equipos.

table(tabla).
|_. Posto |_. Equipo |_. P.J. |_. P.G. |_. P.P. |_. P.F. |_. P.C. |_. PTO. |_. R. |
| 1 | EXTRUGASA RIO ULLA | 9 | 8 | 1 | 563 | 471 | 17 | +8 |
| 2 | CAFETERIA DON MANUEL | 9 | 7 | 2 | 550 | 532 | 16 | +3 |
| 3 | GESTCHAL CAMBADOS | 10 | 6 | 4 | 695 | 647 | 16 | +1 |
| 4 | LA NOCHE BCSTO PORTONOVO | 9 | 6 | 3 | 609 | 539 | 15 | +2 |
| 5 | PUB FARO ESTRADA | 10 | 5 | 5 | 613 | 607 | 15 | +1 |
| 6 | LICEO CASINO DE PONTEVEDRA | 8 | 5 | 3 | 476 | 466 | 13 | -1 |
| 7 | BBC | 8 | 5 | 3 | 509 | 499 | 13 | -2 |
| 8 | LICEO CASINO | 9 | 4 | 5 | 604 | 607 | 13 | +2 |
| 9 | A LAMA | 10 | 2 | 8 | 675 | 738 | 12 | -3 |
| 10 | ESCUELA NAVAL MILITAR | 8 | 3 | 5 | 525 | 539 | 11 | -4 |
| 11 | MOTO BAZAR MCDONALDS | 8 | 3 | 5 | 468 | 484 | 11 | -1 |
| 12 | BASKETDEZA | 9 | 1 | 8 | 483 | 596 | 10 | -6 |
| 13 | BOIGO DORNA | 7 | 2 | 5 | 447 | 492 | 9 | +2 |

MA?Á TEMOS A VIII CARREIRA POPULAR

Cuns 160 inscritos ata a data de hoxe, mañá celébrase a VIII Carreira popular de Pontecesures. Dividese en 3 carreiras para os rapaces pequenos, que van dende os 600 ata os 1800 metros. o horario destas 3 probas é entre as 16.30 h. e as 17 h. Logo sobre as 17.15 h. comezará a proba dos grandes, cun percorrido duns 5 kilómetros, e sobre as 18.15 h. remata esta edición cunha carreiro para os pitufos/as de 0 a 4 nos dende a de Zabala ata a Prazuela.

Quen se queira anotar, inda o poderá facer mañá en horario de 14 a 15.30 horas no centro Social de Pontecesures.

A liña de saida/meta é onda o monumento ás Feiras do Automobil (Coche de Pedra).

Por fru, hace

Bando sobre matanzas domiciliarias para autoconsumo.

Estando na época na que se levan a cabo as matanzas domiciliarias para autoconsumo, infórmase de que existe un programa sanitario das mesmas, recollido na Orde de 30 de outubro de 1995.

Os interesados en beneficiarse do programa, deberán:

* Realizar a toma de mostras para a súa análise. A mostra consistirá na língua completa de cada animal xunto como os primeiros aneis traqueais.
* Entregar a mostra nos Servizos Veterinarios de Saúde Pública da Comarca de A Estrada (tfno: 986-570549). A entrega deberá facerse de forma persoal ou mediante autorización escrita a un terceiro.
* Realizar, segundo o modelo normalizado recollido no anexo 1 da presente Orde, a solicitude de realización da análise parasitolóxica.
* Aboar o importe das taxas.

Pontecesures, 26 de decembro de 2007

A coordinadora de defensa do tren de Portas convoca a varios alcaldes a unha reunión.

A Coordinadora de Afectados de Portas en Defensa do Tren Rexional «PORTAS NON PODE PERDER ? TREN» convoca ós alcaldes/as dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Padrón, Pontecesures, Valga e Vilagarcía para manter una reunión o venres día 28 de decembro ás 20,45 horas no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, coa seguinte Orde do día:

1-Contitución dunha Plataforma Supramunicipal ó obxecto de coordinar tódalas accións na defensa do tren.
2-Establecemento dos obxectivos e estratexia común a expoñer na Xunta de Galicia.
3-Elaboración dun calendario de mobilizacións.
4-Acordo para a próxima reunión.