Durante este pasado fin de semana, non funcionou o alumeado da estación de ferrocarril, co conseguinte prexuizo para os usuarios dos trens que sairon ou chegaron a Pontecesures de noite. Comunicada a circunstancia ó Servizo de Circulación de ADIF en Vigo, hoxe foi subsanada a avaría no cadro eléctrico e así o alumeado xa funciona (agora será substituído algún punto de luz afundido).
Tamén os pasados días foi limpada a zona de xardíns e o andén segundo que se atopaban con considerable maleza.
Séguense a facer xestións para que a zona de estación estea nas mellores condicións posibles.
LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN