De novo apareceron varias marcas de “frenadas” de vehículos (duns 25 metros de lonxitude) na rúa Eugenio Escuredo, fronte as obras do Club Náutico, na mañá do domingo día 4 de novembro. Seguen así a realizarse carreiras e maniobras bruscas con vehículos a gran velocidade na zona.
Hoxe no pleno de Valga tratarase a moción de apoio ó tren de cercanías
Hoxe, día 5 de novembro, a partir das 20,30 horas, se debatirá a moción conxunta dos concellos de Catoira, Pontecesures, Padrón e Valga, por parte do pleno deste último concello, e que trata da defensa do servicio de cercanías entre Vilagarcía e Santiago pola vía actual.
BALONCESTO: RESULTADOS DOS ENCONTROS DISPUTADOS NA FIN DE SEMANA
Esta fin de semana non houbo partido dos senior, pois o equipo que tiña que vir xogar a Pontecesures, o Escola Naval de Marín, tiña problemas de falta de xogadores polos festivos, polo que pediron á Federación e ó noso club o aprazamento do encontro, non poñendo pola nosa parte impedimento algún, e a Federación aceptou pospoñer o encontro para outra data.
Pero os equipos de categorias inferiores si disputaron encontros amigables, para poñerse a punto ante o inminente inicio das ligas, previsto na maioria para a vindeira fin de semana.
Onte foron os Cadetes e os Alevíns os que devolveron a visita de hai 15 días ó Grove. No caso dos cadetes, a maior calidade e veteranía dos grovenses decantou o partido dende o inicio, gañando por 30 de diferencia. No caso dos alevíns o resultado foi de victoria para os cesureños por 15 puntos de diferencia.
Na tarde de hoxe foron os Infantís os que disputaron un amigable diante do Liceo de Vilagarcía. O resultado foi de victoria visitante por 50 a 60 nun bo partido, pois eran varios os nenos que xogaban por primeira vez no equipo do Extrugasa. Foi un parcial de 4 – 18 no 2º cuarto o que fixo que os vilagarciáns colleran unha importante diferencia que os neneos de Valga e Cesures non poideron remontar, a pesar de intentalo.
Equipo infantil Extrugasa Rio Ulla 2007 – 08
Pequeno lume nas Cortinallas (Infesta).
Sobre as 19,00 horas detectouse un pequeno incendio forestal na paraxe das Cortinallas (Infesta). O lume foi extinguido con rapidez por unha brigada de Medio Rural de Cuntis. Axudou moito a ausencia de vento, e que o terreno afectado estaba limpo de maleza.
En concreto, o lume afectou a unha toxeira de Francisco Frois García (Quico Frois) e apenas danou ós pinos.
A BRILAT convoca 158 prazas para o exército profesional.
A BRILAT “Galicia VII” convoca 158 prazas dentro do Ciclo 10ª 2007. O prazo de inscrición remata o 20 de novembro de 2007. As prazas son as seguintes:
INFANTERÍA LIXEIRA
table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
| 50032 | Rilat Principe nº 3 | 50 (2 Ex) | Siero (Asturias) |
| 50033 | Rilat Isabel C. 29 | 50 (2 Ex) | Pontevedra |
50030 | BCGAT VII | 1 | Pontevedra |
50031 | BCGAT VII | 4 | Pontevedra |
50034 | GLAT VII | 21 | Pontevedra |
ARTILLERÍA
table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
50093 | GACAAT VII (ACA) | 9 | Pontevedra |
50114 | GACAAT VII (AAC) | 5 | Pontevedra |
ENXENEIROS
table(tabla).
|_. Código |_. Unidade |_. Prazas |_. Localidade |
|50135 | UZAPAT 7 | 18 | Pontevedra |
Información no Negociado de Profesionalización da BRILAT Teléfono 986-807533
Correo electrónico: BRILAT2@et.mde.es
Concesión de parques infantís e áreas deportivas ó Concello de Pontecesures.
A Xunta de Goberno na Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria de 24/10/07 acordou conceder á o Concello de Pontecesures unha área infantil para nenos de 5 anos, unha área infantil grande tipo A, ata 14 anos, e unha área de práctica deportiva.