Este pasado venres 22 rematou a escola municipal de baloncesto que levava en funcionamento dende outubro pasado no polideportivo de Pontecesures. O grupo de nenos e nenas entrenaba os venres de 5 a 6 da tarde e iba dirixida a edades comprendidas entre os 6 e 8 anos.
? longo destes meses os participantes foron dirixidos polo monitor Alexandre Choren, quen, a base de xogos foi introducindoos na práctica deste deporte.
O número de participantes desta escola estivo en torno ós 15 rapaces durante todo o ano. Onte despedironse cuns xogos de tiro e outros concursos. Algun deles xa foi xogar partidos co equipo dos benxamins do Club Rio Ulla, e varios destes rapaces formaran parte dese equipo de benxamins na temporada 2007-08.