p(titulonota). ¿ Realmente o sistema sanitario funciona ?
A miña nai, como moitos saberán, tivera un grave accidente de coche fai uns anos, un dos tornillos que ten na perna rompeu e tiñan que operala, tras máis dun ano ó final ven a operación, e é aquí onde vemos (non na tardanza) senón na xestión, como funciona realmente.
Ingresa onte, para unha operación trala que podería vir no mesmo día ou senón no seguinte. Pola maña á operación faise, dende a mañá ata ven entrada a tarde ten que esperar nun pasillo, recén operada, ata que atopen unha cama libre. Esto fai pensar que hai moitos pacientes e poucas camas, ó final levana a outra planta do hospital (non a traumatoloxía como debería ser).
Ata aquí, poderíamos pensar que o problema está na falta de camas … ¡ pois non !. ? problema é unha completa desorganización. Esta mañá veñenlle de dicir que teñen que facerlle unhas placas para ver como saiu a operación e tras esto podera marchar, pero que xa verán cando lla fan!!!, si é hoxe pola mañá igual marcha mañan, e si llas fan pola tarde … pois o venres.
p(titulonota). *En resumo:*
*A falta de camas no se debe a un exceso de pacientes, senón a unha operativa nefasta*, si unha operación que requiriría 1 día de hospitalización pasa a estar entre 3 e 4, só porque non fan unha proba de 15 minutos a un paciente … votadelle conta ás camas que poden estar ocupadas por pacientes que non as necesitan, e que nin queren estar ahí … co custo que eso ten …
¿ De quen é o problema ? non o sei, si da administración, si da dirección dos hospitais, … só sei que ó final quen paga esto somos todos, e quen o sufre tamén.