O noso veciño “Javi Chaves”:http://javichaves.blogspot.com/ ten un weblog no que fala de novas tecnoloxías, cine e coma non: do curto presentado o pasado venres en Pontecesures “Falamos” no que colaborou coma actor, axudante de dirección e tamén na banda sonora.
A dirección do weblog de Javi Chaves é:
*”javichaves.blogspot.com”:http://javichaves.blogspot.com *
Pontecesures.net é tamén un weblog. Segundo a “wikipedia en galego”:http://gl.wikipedia.org/wiki/Weblog :
Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
A medida que vaiamos atopando outros blogueiros de Pontecesures amosarémolos.