
Morreu Josefa García Otero.
Aos 93 anos de idade, morreu esta veciña de Redondo 62, viúva de José Tilve Hermida. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e hoxe ás 19 horas terá lugar o funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
OFERTA DE EMPREGO
A empresa ULLASAR con oficina en Padrón, busca persoas interesadas en traballar no servicio de Axuda no Fogar, para a atención de persoas dependentes ou con algunha necesidade de apoio. Sería para prestar servicios nos Concello da zona, Pontecesures, Dodro e Padron.
Requisitos a ter en conta para valorar;- Formación no sector (Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en domicilios; Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institución; Técnico en coidados auxiliares de enfermeiría, ….)- Algunha experiencia no sector.- Permiso de conducir e vehículo propio.- Habilidade para traballar en equipo.
Poñerse en contacto coa empresa a través do seguinte contacto na sua web:

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA.

Prazo de solicitude ata o 25 de xuño.
Orde da Campaña de Verán no Diario Oficial de Galicia, premer AQUÍ.
Campaña de Verán na web de xuventude da Xunta, premer AQUÍ
FOLLETO COMPLETO DA CAMPAÑ DE VERÁN CON TÓDOLOS CAMPAMENTOS.