Enganan a unha veciña de Padrón con cupóns falsos de lotería e roubanlle 12.000 euros en Pontecesures e Valga
Unha muller de entre 60 e 70 anos, veciña de Padrón, foi abordada nunha rúa de Pontecesures por un home que lle ofreceu uns supostos boletos de lotería premiados. Con grande poder de convicción e coa axuda dunha complice que finxiu ser unha transeúnte interesada, lograron que a vítima se subise ao seu coche para ir a sacar diñeiro a un banco de Padrón.
Unha vez colectados os 12.000 euros entre as dúas mulleres, retomaron a marcha cara a Pontevedra para cobrar os hipotéticos boletos. Con todo, cando circulaban pola PO-548 á altura do Alto de Cordeiro, entre Valga e Catoira, a vítima comezou a sospeitar e tentou baixarse do vehículo. Os dous estafadores aproveitaron para collerlle o bolso e fuxir co diñeiro.
Un condutor que pasou por alí atopou á muller e acompañouna ao cuartel da Garda Civil de Padrón para presentar a correspondente denuncia. Segundo as investigacións, un caso co mesmo modus operandi podería terse producido tamén en A Estrada.
Fonte: Faro de Vigo
0 comentarios