Os integrantes do grupo folclórico cesureño partiron na madrugada de hoxe para esta localidade que é a capital do Val d’Aran, co fin de participar nos actos conmemorativos do 35º aniversario do grupo «Colha Nª Sª de Mijaran».
O grupo cesureño será recibido oficialmente mañá, día 6 de setembro, ás 10:30 horas no Conselh Generau d’Aran polo Magnific Sindic e visitarán unha exposición fotográfica sobre a historia do grupo folclórico aranés.
Ás 20:00 horas, Algueirada, xunto no grupo local, actuará na Praza da Igrexa de Vielha ou na Sala Polivalente se hai choiva. A continuación os integrantes de grupo cesureño participarán nun «Correfoc», no que nenos saen ás rúas vestidos de demos, con tridentes e bengalas. Os asistentes deben bailar e saltar baixo as chispas.
Con gran ilusión se está a facer esta importante viaxe. Os nosos xoves preparáronse a concienza nos derradeiros días, para facer un bo papel en terras aranesas.