El Claustro y la ANPA del instituto de Valga, molestos por la encuesta sobre el uso del idioma.

El claustro, el Consello Escolar y la ANPA del Instituto de Valga manifestaron su malestar por la «utilización interesada» que la Consellería de Educación hace de ellos para la difusión y recogida de las encuestas sobre el uso del idioma en la enseñanza. «Pretenden que os directores asuman o papel de controlar e denunciar a existencia de opinións diversas» y aseguran que «se ven sometidos a participar» en este proceso ·en contra da súa vontade». Califican la consulta de «inoportuna» por realizarse en una época de gran carga docente. Además, sostienen que «non pode conseguirse que os alumnos sexan competentes nas dúas linguas con menos do 50 % de materias en galego».

DIARIO DE AROUSA, 18/06/09

Los alumnos del colegio de Baño despiden el curso con una fiesta en el centro.

El curso escolar llega a su fin y los distintos centros preparan ya fiestas para que los niños se despidan hasta el nuevo año y den comienzo a sus vacaciones de verano. Este es el caso del colegio de Baño, en Valga, que este viernes acogerá una celebración infantil organizada por la Asociación de Pais e Nais de Alumnos (ANPA).
Comenzará a las 15:30 horas y, para asistir, es necesario que los niños hayan presentado previamente una autorización e sus progenitores, puesto que las actividades se prolongarán hasta cerca de las ocho de la tarde. Durante todo este tiempo, los escolares podrán disfrutar de múltiples ofertas de ocio, como colchonetas e hinchables en los que saltar hasta cansarse y juegos populares que se llevarán a cabo con la colaboración de dos animadoras.

Para recargar las pilas después del esfuerzo, se preparará una merendola en la que los alumnos podrán degustar diversos productos y, a partir de las 18 horas, llegará uno de los platos fuertes de la tarde: la actuación del Show de los Payasos, que llegarán desde Pontecesures para hacer reír a carcajada limpia a los niños valgueses. A partir de las 19:50 horas los padres podrán pasar a recoger a sus hijos.

La ANPA de Baño agradece al Concello de Valga la colaboración prestada en la organización de este festival.

DIARIO DE AROUSA, 16/05/09

Festival da ANPA para clausurar as actividades extraescolares no CPI Pontecesures.

Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.

Premio para as promesas da literatura.

Unhas das premiadas reciben un diploma de mans do alcalde, José María Bello Maneiro.

As APAs dos colexios Xesús Ferro Couselo e de Baño, do concello de Valga, Infesta, de Pontecesures, e Progreso, de Catoira, celebraron a tradicional entrega de premios do concurso literario organizado conxuntamete polas tres asociacións.
A xornada de celebración comezou coa inauguración da exposición de pintura coas obras que fixeron os cativos dos dous centros valgueses, e que se poderá visitar no Auditorio durante uns días.

A continuación, e logo de ver como as cativas do Ferro Couselo, o centro organizador desta edición, se movían ao son de batuka, todos os asistentes tiveron a ocasión de gozar cun dos contacontos máis afamados de toda Galicia: Cándido Pazó, moi coñecido polas súas aparicións televisivas en diferentes producións audiovisuais.

Entrega de premios > Logo dunha hora de risas a esgalla, chegou o momento de coñecer aos gañadores do XII Premio Literario Interescolar, que organizan conxuntamente as ANPAs de Infesta (Pontecesures), Progreso (Catoira) e as valguesas de Baño e Xesús Ferro Couselo.

Os galardoados recibiron os agasallos de man dos alcaldes e concelleiros dos tres municipios, así como dos mestres e directivos dos catro centros escolares. De terceiro foron premiados Jacobo Dopazo, Rubén Villanustre, Andrea Novo e Manuel Serramito; en cuarto, Antía Figueira, Antía Sobrino, Samuel García e Iván Sanmiguel; en quinto curso, Julia Ribeiro, Julia Viqueira, Sabela López, Roi Pereira; e en sexto, Iria Esperón, Sergio Martínez e Laura Sanjurjo, que foron os protagonistas dunha xornada que rematou coa actuación das xóvenes pandereteiras, que asisten á actividade que organiza a ANPA de Cordeiro.
LOGO DA ENTREGA de obsequios e do broche final a cargo das cantareiras, alumnado, profesorado, proxenitores e autoridades gozaron dun ágape que serviu sobre todo para felicitar aos gañadores e intercambiar experiencias.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/09

Relación de premiados no concurso «Letras Galegas 2009» das ANPAS de comarca.

O acto celebrouse no Auditorio de Ferreirós, correspondéndolle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro organización do evento.
Logo da actuación do contacontos Cándido Pazó, entregáronse os premios aos nenos dos colexios participantes (CEIP de Baño-Valga e Ferro Couselo de Cordeiro, e CPI Progreso de Catoira e Pontecesures).

TERCEIRO DE PRIMARIA
1º Jacobo Dopazo Ferreiro (CPI Pontecesures)
2º Rubén Villanustre Loureiro (CPI Catoira)
3º Andrea Novo Agrafojo (CEIP Baño) e Manuel Serramito Gómez (CEIP Ferro Couselo)

CUARTO DE PRIMARIA
1º Antía Figueira Gómez (CEIP Ferro Couselo)
2º Antía Sobrino Romero (CPI Catoira)
3º Samuel García Castro (CPI Pontecesures) e Iván Sanmiguel Lorenzo (CEIP Baño)

QUINTO DE PRIMARIA
1º Julia Ribeiro Castiñeiras (CPI Catoira)
2º Julia Viqueira Valero (CEIP Baño)
3º Sabela López Caldelas (CPI Pontecesures) e Roi Pereira Angueira (CEIP Ferro Couselo)

SEXTO DE PRIMARIA
1º Iria Esperón Abril (CEIP Baño)
2º Sergio Martínez Gómez (CPI Pontecesures)
3º Laura Sanjurjo Susavila (CEIP Ferro Couselo)

Ademáis o 6º curso do CEIP Ferro Couselo gañou o I Premio de Investigación Escolar cunha recompilación etnográfica de Manuel de Gens.

Para rematar o acto interpretáronse unhas pezas por un grupo de pandereteiras de Cordeiro.