BALONCESTO: ESTA FIN DE SEMANA S? XOGAN OS ALEVÍNS

Será mañá venres día 1 a partir das 12 h. cando o equipo alevín inicie seu ultimo mes de competición ó enfrentarse en Pontecesures ó equipo feminino de o Meco de O Grove.

Bo partido ante un rival igualado, nun grupo da copa no que están ademais o CB. Pontevedra e o Xuven de Cambados.

As competicións de cadetes e infantis non teñen partidos esta semana pola 2ª cocentración de seleccions zonais que se celebrará o sábado 2 en Lugo, á que acoden varios integrantes do noso club Rio Ulla.

BALONCESTO: OS EQUIPOS INFERIORES INICIAN SEUS TORNEOS DE COPA ZONAL

A tempada 2008-09 entre na recta final, pois queda mes e medio de competición antes de poñer peche a esta campaña. Sortearonse a inicios desta semán os rivais da copa zonal arousana, nas categorías inferiores, e o s sorteos depararon que esta vindeira fin de semna 2 equipos teñan xa partido.

Os cadetes xogan este sabado ás 16 h. en Cambados contra o Xuven, nun dificil partido.

Mais facil se lle presenta ás nenas infantís ique nician o domingo, contra o Cortegada a súa participación copeira, xogando en Carril ás 17 h.

Alevíns e Infantil masculino terán que esperar 1 e 2  semanas respectivamente para iniciar a sua participación neste torneo.

BALONCESTO: ONTE XOVES 3 EQUIPOS DO CB. RIO ULLA DISFRUTARON DA VILAGARCIA BASKETCUP

Os integrantes do Extrugasa Rio Ulla na Basketcup

Onte xoves os 3 equipos inscritos na Vilagarcia Basket Cup 2009 acudiron a Vilagarcia: Os nenos e nenas do noso alevin mixto, os nenos do equipo infantil e as nenas infantís viviron unha xornada intensa de 12 horas, dende que chegaron ás 10.30 h. ó recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcia, ata que o abandonaron pasadas as 22 h.

Este torneo internacional, que vai pola XIII edición, disputase cada ano na semana Santa, de xoves a domingo. Son 4 días onde 8 das mellores seleccións nacionais sub-20 do mundo (Nova Zelanda, Angola, Francia, Italia, Chequia, Rusia, Alemania,  e España) compiten para ver quen gaña este torneo, considerado dos 3 mellores do mundo da categoría sub 20.

Ademais, a organización, organiza dende hai uns anos un torneo paralelo para que os rapaces alevíns e infantis xoguen ó basket e poidan convivir con estas seleccións. Así, pola mañá e a 1ª hora da tarde os nosos rapaces xogaron uns partidiños contra outros equipos de Galicia.

  

O recinto feiral esta dividido nunha zona donde se xogaba o torneo de base, onde ademais de 5 pistas para xogar a basket, había outras zonas con xogos tradicionais, consolas, hinchables…

  

Vistas da zona onde se xoga o torneo de base da VBC.

 

Nenops e adestradores tiveron ocasion de demostrar a sua pericia en xogos «clásicos».

Logo de comer poidemos asistir ós 3 particos de seleccións:

Un Rusia – Angola, con Rusia palizando ós africanos.

Italia – Francia: gañando os franceses na prorroga forzada polos italianos logo dunha tripla no ultimo segundo.

E por ultimo a victoria de España sobre Alemania, nun espectacular partido.

  

Imáxenes do España – Alemania.

Tamén os rapaces poideron fotografiarse e pedirlle autográfos a estas promesas do basket. nalgúns casos futuiras estrelas do baloncesto mundial: Marc Gasol (Menphis Grizzlies); Victor Sada (base do Barcelona da ACB), son exemplos de xogadores que disputaron este torneo anos trás.

  

Xogadores do Rio Ulla fotgrafiándose con integrantes das seleccións do torneo.

Por ultimo, tamén este club tivo un recoñecemento nos premiados deste ano pola organización.

Premiados da Vilagarcia Basket Cup 2009

Por fru, hace

El cesureño José Rodríguez Fructuoso galardonado por el Vilagarcía Basket Cup.

El Comité Organizador del Vilagarcía Basket Cup ya tiene decididos los premios que otorga cada año con motivo del torneo y en función del trabajo y la trayectoria de jugadores, directivos y entrenadores de la zona. En esta ocasión, el galardón al jugador leyenda recayó en Francisco Díaz, exjugador del Club Baloncesto Vilagarcía y Santa Clara de Vigo, entre otros equipos. En el apartado directivos, el premio Basket Cup será para José Rodríguez, por su trabajo comprometido a lo largo de muchos años por impulsar el baloncesto en Pontecesures. En el caso del entrenador, la premiada este año será Maite Méndez, entrenador del Arxil de Pontevedra, que acumula una larga trayectoria en el club pontevedrés.
En lo que se refiere a los premios para las categorías base, los clubs arousanos continúan realizando sus votaciones para elegir a los mejores jugadores arousanos. El plazo para realizar las votaciones se cierra el fin de semana, por lo que, tras el recuento final, la organización dará a conocer a los ganadores la próxima semana. Los ganadores recogerán sus premios en Fexdega durante la celebración del Torneo.

DIARIO DE AROUSA, 02/04/06

Conferencia «El Lenguaje de Internet»

Dentro do «IV Master de Periodismo en Baloncesto» organizado pola Federación Española de Baloncesto, o cesureño Antonio Cortés dará unha conferencia sobre os novos medios para xornalistas, na que amosarán diferentes formas de xestionar a información e conductas dos usuarios á hora de percurar información e asimilala.

Será ás 17 horas do sábado 28 de Marzo na Casa da provincia de Sevilla.

Máis información

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

SENIOR

Rematan a liga o sábado ás 7 en Vilanova. Partido de trámite, pero con gañas de despedir a liga cunha victoria.

INFANTIL MASCULINO

Domingo ás 12 en Pontecesures, contra BBC de Vilagarcia. Partido complicado e veremos como afecta o cambio de hora.

ALEVIN

Partido Domingo ás 5 no Grove, contra o CB Grove.

BENXAMÍNS

Torneo domingo ás 6 no Grove, contra CB Grove e Dorna de A Illa.