Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.

O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de “A Barcarola”.
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico “Xarandeira” de Pontecesures.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.

Actividades de “A Barcarola”.

Esta asociación de amas de casa anuncia o comezo dun curso de repostería caseira os mércores ás 20:00 horas que será impartido pola profesora Isaura (Panadería Gerardo).
O curso de “Arte nas túas mans” terá lugar os venres ás 20:00 horas. O de pintura ó óleo será os mércores ás 19:00 horas. O de guitarrá terá lugar os xoves ás 19:00 horas. Por último, o de teatro terá lugar os luns ás 21:00 horas.
As actividades levaranse a cabo no Centro Social e no edificio do Club Xuvenil e comezan en outubro. Máis información en Mercería Carmen ou no teléfono 629-065555.

El colectivo A Barcarola inicia en octubre sus actividades culturales.

La asociación de amas de casa A Barcarola, de Pontecesures, comenzará en octubre una nueva temporada de actividades, entre las que destaca como gran novedad un curso de repostería casera. Se mantienen además guitarra, pintura al óleo manualidades coro y teatro, clases que serán impartidas todas por profesionales. Los interesados en participar pueden llamar al número de teléfono 629 06 55 55 o acudir a la Mercería Carmen, ubicada en Pontecesures.

DIARIO DE AROUSA, 16/09/08

Excursión de “A Barcarola” a Ares, Mugardos e Ferrol.

A asociación de amas de casa “A Barcarola” organiza unha excursión a Ares, Mugardos e Ferrol para o domingo día 20 de xullo.
A saída será ás 8:00 da Plazuela e visitaranse museos e praias.
O menú do xantar é de paella, lacón asado, postre e bebidas e o prezo da excursión (inclúe desprazamento e comida) é de 24 ? para as socias e 26 para as non socias. A asociación achega parte do custo da excursión, e a cantidade mínima de persoas para que esta se leve a cabo é de 30.