A asociación de amas de casa “A Barcarola” celebra hoxe día 10 de febreiro o día de Santa Agueda como día da socia. As 18 horas haberá unha misa cantada polo coro da asociación na igrexa parroquial.
(máis…)
A Barcarola pechou o Ciclo de Teatro de Maio, ca obra “A herdanza do tío Pedro”
Este pasado Domingo 28 de Maio o grupo de teatro da Asociación “A Barcarola” representou a obra a “Herdanza do Tio Pedro”. Este grupo de 10 actrices e actores cesureños dirixido por Fernando Rodríguez tiveron o apoio dunhas 200 persoas que se congregaron no Centro Social para ver esta obra da que quedaron satisfeitas e impresionadas ca súa representación, e ós que os representantes desta asociación queren agradecer a súa presencia.
A obra pechou o ciclo de teatro que houbo durante o mes de maio en Pontecesures organizado polo Concello e no que adicadou maio coma mes cultural.
A Barcarola anima a todas aquelas persoas ás que lle gustaría participar no seu grupo de teatro, a que se poñan en contacto con esta asociación para poder ter mais representacións teatrais ó longo do ano e darlle maior continuidade nos 12 meses.