Adxudicada a obra de saneamento en Carreiras.

Na Xunta de Goberno que tivo lugar o día 22 de decembro, foi adxudicada a obra de ??Saneamento en Carreiras?, que ten un importe de 10.647,91 ? dos que a Deputación de Pontevedra, con cargo ao Programa de Obras de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos 2008, achega 7.985,93 ?.

Nesta obra vaise substituir una vella canalización de augas fecais no interior do lugar de Carreiras que está a crear poblemas con atascos frecuentes. En concreto vanse colocar 57 metros lineais de tubaría de 250 m/m con cinco acometidas novas a vivendas. Tamén serán recollidas a augas pluviais.

As obras comezarán no mes de xaneiro de 2009.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais

Rematada en Pontecesures a obra do PEIM 2008 executada en Toxa-Carreiras.

Hai uns días rematou a obra de ancheamento dunha pista que une os lugares de Toxa e Carreiras mediante un retranqueo de muros cunha extensión de 40 metros lineais, previa cesión de terreo por parte do propietario. En concreto a pista pasou dunha anchura de 2,50 ou 3 metros a 4 ou 4,50 metros. O importe da actuación, asumida integramente pola Consellería do Medio Rural, ascendeu a máis de 28.000 euros.

Ademáis destes 40 metros lineais, o concello afrontou o custo, do ancheamento doutros 40 na zona máis próxima a Carreiras, como demandaba a cidadanía. Agora queda no interior destos dous lugares unha pista acondicionada para o paso de vehículos sen os problemas que había antes.

Quere agradecer o concello aos propietarios a cesión dos terreos, asi como anunciar que no futuro están previstas máis actuacións de ancheamentos nos interiores das aldeas para garantir o paso de vehículos e peóns onde sexa posible.

Tamén dentro do PEIM 2008 de Medio Rural, está previsto, nos próximos días, pavimentar unha pista na Paxareira que une coa principal da aldea.

Pontecesures, 26 de decembro de 2008
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

Programa das festas 2009 da «Virxe dos Anxos» en Carreiras.

Sábado día 3 de xaneiro
-Ás 17:00 horas no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, partido de futbol de solteiros contra casados.

Sábado día 10 de xaneiro
-Polá mañá bombas de palenque e alborada da charanga Apeles.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo coro de A Barcarola de Pontecesures.
-Despois, no campo da festa, Poxa de Ramos e sesión vermouth amenizada pola orquestra Pontevedra.
-Pola noite gran verbena coa actuación das orquestras Pontevedra e Suavecito.

Domingo día 11 de xaneiro
-Ás 16:00 haberá no campo da festa colchonetas gratuitas para nenos e maiores da empresa Diverneno.
-Ás 18:00 horas será servida alí a gran chocolatada con churros.
-Ás 19:00 actuará o dúo musical ?bice Capital como remate da festa.

Será instalada unha carpa, e a Comisión agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Radio Valga, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontecesures.

Adiante coas obras. Nota do BNG de Pontecesures.

O Grupo Municipal do BNG de Pontecesures felicítase porque a Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Medio Rural e incluido no plan denominado Proxecto Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural)) contempla para o bienio 2009-2010 un investimento de 120.990 ? para realizar actuacións en convenio de colaboración co concello de Pontecesures. Non obstante esta cantidade constitúe unha previsión orzamentaria que pode ser incrementada ou diminuida nos respectivos exercicios.

O obxectivo principal do PEIM Rural 2009-2010 é a dinamización da base produtiva do medio rural dignificando e mellorando a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuíndo a fixar poboación.

Pódense incluir dentro deste Programa obras de infraestruturas de servizos básicos elementais, como abastecemento de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas e pistas rurais, así como aqueles proxectos singulares que entren dedntro da competencia de Medio Rural.

A consellaría de Medio Rural tenta primar precisamente o medio rural con especial incidencia nas zonas máis deprimidas tendo en consideración o carácter agrícola, gandeiro ou forestal dos distintos concellos, e aplicando baremos como o grao de despoboamente e envellecemento, a poboación rural, a dispersión dos núcleos e entidades de poboación xunto coa extensión territorial. Tendo en conta as caracteríticas do noso concello, o grupo municipal do BNG está satisfeito coa cantidade que lle pode corresponder a Pontecesures.

No pleno ordinario de novembro o Grupo Municipal de BNG propuxo unha serie de obras moi necesarias e moi demandadas polo vecindario para que se acometeran con cargo aos fondos do PEIM, que en síntese trátase do saneamento dende o cruce da pista de Carreiras coa do Couto ata a intersección coa rúa do Ensanche, do pavimentado e ampliación da pista de Carreiras a Condide pasando polo Couto, da pavimentación e ampliación da pista que comunica os núcleos rurais de Grobas e Fenteira, do ancheamento e nova pavimentación da rúa do Coengo en San Xulián e no acondicionamento da zona da rúa do Caldeirón de Arriba, en Porto. Lamentamos a actidude do tripartito no devandito pleno ao «botarr abaixo» estas obras cando todas elas teñen perfecta cabida no PEIM Rural 2009-2010 e se pode contar cos case 121.000 ? que a Xunta de Galiza ten previsto investir en Pontecesures

O BNG de Pontecesures espera que o equipo de goberno recapacite e reconsidere a proposta de obras, en todo ou en parte, feita polo BNG a incluir neste PEIM 2009-2010 dado que se pode contar cunha importante cantidade para estes fins.Os veciños están a demandar estas actuacións e sería lamentable que por ser o BNG quen as propoña o equipo de goberno mire para outro lado e non AS acometa.

BNG de Pontecesures.

Anunciase un atractivo partido de fútbol solteiros contra casados para as festas de Carreiras.

Para as festas da «Reina de los Ángeles» en Carreiras, que terán lugar o segundo fin de semana de xaneiro, está prevista a celebración deste encontro a disputar no remozado campo de fútbol de Pontecesures.
Na tenda de Salvador estiveron apuntándose, perante estes días, os veciños de Carreiras para formar parque das equipas, segundo o seu estado civil (os nomes de 12 ou trece nomes por equipa xa están no taboleiro). O partido está a crear expectación e xa se realizan prognósticos de todo tipo en canto ó resultado.