ENFRONTAMENTO ABSURDO(PARA SABARIZ E SOBREIRAS)


Esta foto debe ter ó redor de 40-45 anos. Tendes razón tanto un coma o outro. Non sei onde andarías nese tempo Sabariz, e aínda que eu non nacera, segundo me contan na PONTE, a ruta sempre viña ó noso lado, como se demostra nesa foto: viñan as autoridades da marina, bispos, alcaldes…etc. Non sei que interese vos ten decir que sempre foi o lado de San Lois ata que puxeron o pantalán na Ponte. Penso que sabedes de sobra que a xente da Ponte sempre tirou máis para ahí que para Padrón, e tamén creo que está de máis decir que o porto é de todos. Outra cousa é o pasotismo das autoridades de cada concello, que polo menos na banda que nos toca, téñeno desfeito e non fan nada por arranxalo. Onte non fun por alí, pero supoño que ante tal acontecemento(o do mechas este) o limparían un pouco…..ou ó mellor, nin eso.
En canto ó comentario que fixen e que parece que lle sentou mal ó sobreiras…o único que pretendía indicar era que coa corrente que baixaba estes días vía moi dificil que o conseguise. Eso sí, si xa saíu bastante na prensa o nome de Pontecesures…imaxinádevos que ó chegar a catoira ou a isorna quede atrapado no fango…

Todo preparado para o reto de David Meca.

O gran nadador de fondo estivo a facer hoxe uns adestramentos nas augas da ría de Arousa onde comprobou a fría temperatura das augas (uns 9 graos). O remonte a nado de mañá, 5 de xaneiro, está a espertar unha gran expectación, e serán moitos os medios de comunicación que cubrirán esta travesía de 22 quilómetros. A comitiva que acompañará a Meca será numerosa, con cinco embarcacións e bastantes piragüistas. Practicamente unha cabalgata moi vistosa polo río Ulla con sirenas anunciando o paso do deportista.
Entre ás 17:30 e ás 18:00 está prevista a chegada do nadador ao pantalán do peirao de Pontecesures. Pero dependendo das condicións climatóloxicas e chegada pode ser antes ou despois.
Faise fincapé en que a travesía non é unha excursión, senón un difícil reto, sobre todo pola baixa temperatura das augas nesta época do ano.
Compre dicir tamén que o nadador de conquerir superar a proba, vai estar pouco tempo en Pontecesures, xa que polo esforzo e polo frío necesitará trasladarse con rapidez nun vehículo ao hotel para á súa recuperación.
O Concello de Pontecesures de novo fai un chamamento aos veciños de toda a comarca para recibir e ovacionar ao campión. Pode ser un fito histórico que quedará na retina dos asistentes.

David Meca chegará a Pontecesures entre ás 17:30 e ás 18:00 horas do 5 de xaneiro.

Segundo fontes da organización do evento, David Meca lanzárase ao auga sobre ás 13 horas na Escola de Tecnificación de Vela de Vilagarcía, logo de ter unha recepción ás 12:00 coas autoridades.
A travesía a nado, que ten por obxectivo publicitar o Xacobeo 2010, concluirá en Pontecesures entre as 17:30 e as 18 horas. A chegada será no pantalán do peirao situado fronte á piscina municipal.
O Concello de Pontecesures fai un chamamento aos veciños de toda a comarca para que asistan a arroupar e aplaudir a este auténtico “tragamillas” do nado nos derradeiros metros desta travesía que ten uns 20 quilómetros.

Protagonistas del día: Maribel Castro.

El Concello de Pontecesures, que preside Maribel Castro, ha tardado poco en responder a las críticas del PSOE por carencias urbanísticas. El edil de Relacións Institucionais reconoce, así, que se atajará el rebaje de un paso de patones y aclaran que aún no inauguraron ninguna obra y que están reparando y completando las dotaciones en la Plazuela.

EL CORREO GALLEGO, 04/01/10

Comezaron as obras de reparación da fontanería do CPI Pontecesures.

Despois da visita ao centro do Xefe Territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, o 24 de agosto pasado, cúmprese o segundo dos compromisos asumidos pola Consellería de Educación en dita visita (o primeiro foi o arranxo da cuberta do ximnasio que tiña pingueiras), pois a principios de semana comezou esta obra tan demandada pola comunidade educativa e polo concello durante tanto tempo. A actuación é moi necesaria pois a excesiva presión de auga e as deficiencias varias nas tubarías provocaba ata agora contínuos asolagamentos en algunhas dependencias do colexio. Por exemplo, os sanitarios dos aseos de educación infantil practicamente non se podían usar, pois ao facelo o auga desbordaba ditos sanitarios provocando problemas de todo tipo. Esta previsto que as obras rematen antes do 11 de xaneiro, día no que se reanudan as clases.

O goberno local quere agradecer esta actuación e lémbralle á consellería os outros dous compromisos pendentes:

  1. Reparación de pequenas zonas do solo do ximnasio afectadas polas pingueiras que houbo.
  2. Redacción do proxecto de edificio no patio escolar para situar o comedor escolar, para que logo a Xunta acometa esta mellora fundamental para o CPI Pontecesures.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures.