Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o albergue de peregrinos.

En relación coa nota emitida polo grupo municipal do BNG, que manifesta que o equipo de goberno de Pontecesures non quere un centro de día porque os terreos das antigas escolas dos mestres se van adicar á construcción dun albergue de peregrinos, contéstase o seguinte:

1-Teñen os nacionalistas un descoñecemento absoluto en canto ao patrimonio municipal. A Consellería de Educación nunca cedeu a titularidade das escolas do CPI Pontecesures ao noso concello. Por unha razón elemental: porque sempre foron do concello, (e así figuran inscritas no seu inventario de bens) aínda que estaban afectadas como ben de servizo público a un uso educativo. O que fixo a consellería en novembro 2006 foi autorizar a desafectación, en base a un acordo plenario de 28/10/05 e a que todos os mestres habían entregado as chaves das vivendas ruinosas. Por certo; o goberno anterior deixou abandonado o expediente pois nin tramitou a desafectación algo que se está a facer agora.

2-Falan moito agora os nacionalistas do centro de día nesas instalacións. Cando era alcalde o Sr. Álvarez Angueira, o Sr. Quintana en prometeu nunha visita a Pontecesures o centro a bombo e platillo, pero aínda que estivo dos anos máis na Vicepresidencia, nada de nada. Sí enviaron o informe do anteproxecto presentado polo concello e incluso o Sr. Diz máis eu entrevistámonos en Vigo co antigo delegado de Vicepresidencia, pero falaban de estudos demográficos, de posibles usuarios, de que hai outros centros preto, etc…

3-O espazo das vivendas en cuestións (para un centro de día habería que derrubalas totalmente) resulta realmente escaso, segundo as consultas técnicas realizadas, para adicar ao fin do que fala o BNG.

4-? custo da obra do centro supera os 705.000 euros, segundo o orzamento presentado en 2007. Para construilo agora habería que realizar unha achega do 30% (alomenos esas son as cifras que se manexan)e que a Xunta asuma o 70%. Realizáronse algunhas xestións coa nova Xunta, pero non hai indicio algún de que se invista agora esa cantidade pola administración autonómica (recortes importantes nos orzamentos). Ademais habería que plantexarse o importante custo que tería a prestación do servizo na situación económica de diminución de recursos que teñen os concellos.

5-Xurdiu así o tema do albergue, investimento moi importante tamén para Pontecesures por razóns económicas e turísticas. Non debe esta vila quedar á marxe do Xacobeo 2010 perdendo una ocasión histórica para contar cun albergue. Non podemos seguir con unas vivendas ruinosas a carón do CPI Pontecesures. Os problemas de seguridade e os “ocupas” obrigaron non hai moito a tapiar as xanelas, e na actualidade os edificios presentan un aspecto lamentable.

6-Claro que tamén é importante mellorar o Camiño Portugués ao paso por Condide e Carreiras. De feito, está presentado ao rematar 2007 un proxecto valorado nada menos que en 1.385.000 euros para ese tramo (afundindo cableados, con zonas axardinadas, mobiliario urbano, unha marabilla, vamos), pero a S.A de Xestión, dalle prioridade agora aos albergues nestes momentos de crise.

Como conclusión hai que dicir que non hai dilema entre albergue e centro de día. O primeiro á factible, o segundo polo de agora non. Por suposto que isto non significa que o centro non se poda construir máis adiante noutros terreos, de tomar a decisión a Xunta de Galicia.

Pontecesures, 29/11/09
O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán

O desgoberno municipal non quere un Centro de Día para Pontecesures.

O pasado 22 de novembro apareceu nos medios unha nota do governo municipal, na cal informa da construcción dun albergue para os peregrinos nas antigas vivendas dos mestres na rúa Pousa Antelo. Ao respecto, o BNG quere manifestar o seguinte:

Os terrenos e edificacións da que estamos a falar, foron cedidos ao concello de Cesures na anterior lexislatura cando governaba o BNG tanto no concello coma na Xunta de Galiza. Tras anos de xestións o anterior governo logrou que a Conselleria de Educación traspasase a titularidade dos mesmos para o concello. A intención do BNG era, e segue sendo, a de construir un Centro de Día para os nosos maiores, idea nal cal coicidíamos todos. A nosa desagradable sorpresa ao enterarnos polos medios que o goberno municipal pretende facer un albergue cedendo os terrenos e edificacións ao Xacobeo.

O BNG considera que este emprazamento, ao carón da escola infantil e do colexio, é idoneo para a consrucción dun Centro de Día e non para un albergue. Para nós un albergue non é prioritario hoxe por hoxe en Pontecesures e con iste investimento poderíase empregar para recuperar o camiño de Santiago en zonas totalmente abandonadas coma Condide, o Couto, Carreiras ou Infesta como xa fixo o anterior governo do BNG no tramo de San Xulián.

Ademais consideramos que levar o albergue lonxe do centro urbán, onde se atopa a maior parte da hostelaría, fará que o mesmo teña unha repercusión case nula na economía local.

Este desgoverno local carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo, esquecendo totalmente aos nosos maiores que continuarán indo aos centros de día doutros concellos limítrofes. O BNG pídelle á alcaldesa Maribel Castro e aos seus socios (o tránsfuga Sabariz e o concelleiro do PP Rafael Randulfe) que recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras, primeiro, para disfrute e servizo dos nosos veciños.

Para nós a construcción dun Centro de Día non só beneficiará aos nosos maiores senón que tamén creará, na súa medida, postos de traballo, tan necesarios nestes tempos. O BNG non se opón a construcción dun albergue, pero consideramos que o lugar escollido polo governo municipal non é o axeitado e o investimento no mesmo por parte do Xacobeo (400000 euros) deberíase empregar na súa totalidade na mellora do rural por onde transcurre o camiño Xacobeo Portugués continuando co traballo comenzado en San Xulián.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Solicitada á autorización sanitaria para os novos nichos do cemiterio de Condide.

No cemiterio municipal de Condide foi construído hai pouco, en base a unha subvención da Deputación Provincial un bloque de 4×8 nichos, cun total de 32.

O Concello de Pontecesures solicitou onte a correspondente autorización sanitaria á Consellería de Sanidade (os nichos anteriormente construídos xa contan coa preceptiva autorización sanitaria)

Enviouse así a copia do proxecto así como o informe técnico municipal para obter a autorización o antes posible co fin de adxudicar os nichos aos veciños que o soliciten.

Dende o goberno local, indicamos aos interesados na adxudicación dos nichos que na Casa do Concello facilítase todo tipo de información dos trámites a realizar.

Una parroquia de Padrón pide una compensación por las obras del AVE.

La Asociación O Santuario asegura que los vecinos de esta zona solo cuentan para «votar e pagar impostos»

La Asociación de Veciños da Escravitude O Santuario, que agrupa a todas las aldeas de la parroquia de Cruces, en Padrón, respeta la decisión del gobierno local en cuanto a los proyectos presentados por este para optar a los fondos del 1% cultural, que le corresponden a este Ayuntamiento por las obras del trazado del futuro tren de alta velocidad. Respeta la decisión pero no la «comparte de ningún modo» una vez, según explica la entidad vecinal, la parroquia de Cruces «vai quedar partida en dous» con la ejecución de las obras del AVE que, por otro lado, considera «necesarias».
De hecho, debido a los trabajos de la línea férrea, en el futuro «a ordenación do territorio será imposible» en este lugar de Padrón, según dice la Asociación O Santuario, y ello es algo que «todos os veciños imos sufrir», de acuerdo con el colectivo que integra a cerca de 400 familias. La entidad considera que «é de xustiza compensar a esta parroquia dalgún modo, despois das enormes perdas» aunque también tiene «bastante claro» que, «non por culpa deste goberno, senón de todos os gobernos de Padrón, os veciños da parroquia de Cruces solo contan con respecto ao Concello para votar e pagar os impostos».
En este sentido, el colectivo vecinal explica que «non é de bo gusto ver como noutras parroquias, a man do Concello, nos seus distintos anos, dotou a todos os lugares de servizos para o benestar común». Entretanto, continúa la asociación O Santuario, la parroquia de Santa María de Cruces está, en este sentido, «como hai trinta anos» de modo que precisa que «nos quedamos sen masas comúns e agora non somos compensados polo paso do trazado do AVE». Todo ello prueba, según los vecinos, que «somos unha parroquia de quinta división, algo que nos doe pero que está aí».
Proyectos
La asociación vecinal hace público su malestar después de conocer los dos proyectos que el Ayuntamiento de Padrón trasladó al Ministerio de Fomento para ser financiados con fondos del 1% cultural. La entidad tenía un proyecto propio que, en su opinión, podría afrontarse con dinero procedente de las obras del tren.
Pero el Concello presentó otros distintos de modo que, el de mayor cuantía, en torno a medio millón de euros, contempla la rehabilitación de la antigua casa de los capellanes de Iria-Flavia para su acondicionamiento como museo arqueológico y de arte sacro de Padrón. El segundo, con un presupuesto de más de 200.000 euros, recoge mejoras para el Jardín. Ambas actuaciones se enmarcan en espacios declarados de interés cultural, uno de los requisitos exigidos para poder acceder a los fondos del 1% cultural.
Al parecer, como en la parroquia de Cruces no hay ningún lugar declarado de interés cultural, el gobierno padronés optó por presentar proyectos de conservación patrimonial que afectan a otros puntos del municipio. El alcalde en funciones, Eloy Rodríguez, anunció tiempo atrás que la concejalía de Cultura iniciará los trámites para solicitar la declaración de bien de interés cultural para el santuario de A Escravitude.

LA VOZ DE GALICIA, 29/11/09

O Padroado do Pedrón de Ouro rememora a paixón de Camilo Agrasar pola figura de Rosalía.

O Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro presentou onte no auditorio da Casa-Museo de Rosalía o libro Camilo Agrasar e o entusiasmo apaixonado por Rosalía, libro co que quere renderlle unha sentida homenaxe á persoa que fixo posible, xunto con Xosé Villar Granxel, a adquisición e restauración da vivenda de A Matanza ata lograr convertela nun museo. As tres fillas e unha neta de Camilo Agrasar, o seu irmán, xunto con amigos, veciños e personalidades galegas coma o presidente de honra do Padroado do Pedrón de Ouro, Avelino Pousa Antelo, a presidenta da Fundación Rosalía, Helena Villar, entre outras persoas, non quixeron faltar ao acto, que tamén contou coa presenza de representantes do Concello padronés e da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón.
O escritor David Otero foi o primeiro en tomar a palabra para lembrar que o entusiasmo apaixonado de Camilo Agrasar a figura de Rosalía de Castro tamén se estendía ao Padroado da Fundación do Pedrón de Ouro, do que foi creador no ano 1964, e a Galicia. Tamén falou o poeta Xesús Santos e fíxoo para resaltar que lle debe a moito a Camilo Agrasar.
Pola súa banda, o secretario da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón, Xosé Carlos Carballido, asegurou que o acto de onte, de lembranza e de honra a un «galego exemplar», «engrandece a un pobo». Carballido destacou que o amor de Agrasar pola obra de Rosalía de Castro fixo posible que esta «deixara de ser catro liñas nos libros para se converter en todo un piar da cultura».
O libro presentado recolle unha recompilación de diversos artigos que publicou Camilo Agrasar ao longo da súa vida, así como diversas valoracións da súa personalidade, firmadas por autores como Avelino Abuín de Tembra, Helena Villar Janeiro, Avelino Pousa Antelo ou Xesús Santos, entre outros.
O acto de onte tamén serviu para lembrar que, grazas á iniciativa e empeño de Camilo Agrasar, padronés de nacemento falecido en 1983, e coa axuda económica da colonia padronesa en Uruguai, a vila inaugurou a estatua a Rosalía de Castro que preside o Paseo do Espolón.

LA VOZ DE GALICIA, 28/11/09

Dictaminada favorablemente o expediente de modificación de créditos e o orzamento 2009.

Por tres votos a favor de Javier Quintá (PP), Luis Sabariz (non adscrito) e da alcaldesa, e unha abstención de Xosé Antonio Baliñas (BNG) foron dictaminados favorablemente estes asuntos na Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación, celebrada onte ás 16 horas na Casa do Concello.
Tanto o expediente de modificación de créditos ao orzamento prorrogado, como o orzamento 2009 van seren tratados no pleno ordinario do luns.