A mellor música e as mellores voces do 2008.

Todos os participantes conseguiron facer as delicias do público.

O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron a Escola Municipal de Música de Valga e a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro para despedir o ano de maneira conxunta.
O mellor xeito de dicirlle adeus a un ano no que as dúas formacións seguiron a ofrecer o mellor dos seus repertorios era deleitar cun concerto no que as dúas agrupacións tiveron moito protagonismo.

Por unha banda, as mellores voces do Concello concéntranse na masa coral. A actuación da pasada tarde estivo centrada no repaso dos seus xa grandes clásicos, temas que xa son parte da súa identidade como formación vocal.

No tocante á Escola de Música, houbo algunha que outra sorpresa coa que nun principio non se contaba (posto que non aparecía reflexado no programa que o Concello enviou ás casas de todos os veciños): A Banda Peque e tamén a participación do Coro da Escola de Música.

Actuacións > Os pequenos que subiron ao escenario demostraron coa súa participación que a Banda Municipal ten unha máis ca boa canteira xa que souberon defenderse como se formasen xa parte da agrupación principal. No tocante á intervención do coro, os que nunca tiveran a oportunidade de escoitalos quedaron abraiados coas grandes voces que se están a xestar no seo da Escola. Quizais xa hai de quen pensa en fichar a algunha das sorprendentes voces para as mellores orquestras galegas ou, quen sabe, para as vindeiras edicións de Operación Triunfo, pero tempo ao tempo.

O colofón final púxoo a actuación conxunta da Banda Municipal e a Escola. O que a simple vista puido parecer complicado, ao final causou a impresión no público de que estaban nun concerto da Orquestra e o Coro de RTVE.

DIARIO DE AROUSA, 29/12/08

Voltas e reviravoltas para despedir o 2008 en Cordeiro.

Os rapaces foron os grandes protagonistas da exhibición.

O pavillón municipal de Cordeiro foi escenario, na tarde de onte, dunha exhibición de patinaxe artística.
Os rapaces e rapazas que acuden cada semana á actividade no pavillón tiveron a oportunidade de demostrarlles aos seus pais e a todos cantos se congregaron no graderío do moito que se pode aprender en tan pouco tempo, xa que esta é a primeira vez que se organiza esta actividade no municipio.

Piruetas, volteretas, equilibrios e demais conformaron un repertorio do máis variado e que conseguiu manter ao público coas mans quentes de tanto aplaudirlles aos artistas.

Como soe ser habitual, eran os pais os que se vían máis nerviosos que os propios participantes, que non paraban de facer exercicios de quecemento instantes antes do comezo da mostra, que se iniciou arredor das cinco da tarde, nas instalacións municipais do Concello de Valga.

Música > Pero se por algo se caracterizan este tipo de actividades é polos fondos musicais que lles dan vida ás coreografías. Dende a música máis actual ata os clásicos de toda a vida fixeron que tanto pais como rapaces gozaran non só cos movementos, senón tamén coas sintonías coas que danzaban ao son os deportistas valgueses.

Baixo a atenta e nerviosa mirada da súa monitora, Olalla, e do director do Ximnasio Municipal, Toño, os rapaces facían coreografías, para moitos, imposibles, montados nos seus patíns.

Agora haberá que agardar se estas aventuras que saben facer montados sobre catro rodas serán quen de facelas subidos en patíns de xeo, para así saír vitoriosos das xeadas que nos acompañaron durante estes días e que conseguiron que máis dun a bo seguro levara unha importante caída, a ser posible, sen facerse dano.

DIARIO DE AROUSA, 28/12/08

Contestación íntegra de Luis Sabariz ao BNG de Pontecesures.

Ante a nota desta formación sobre o rexeitamento da inclusión de actuacións no Fondo Estatal de Inversión Local, con ataques contra a miña persoa, quero contestar o seguinte:

1. Como xa expliquei no pleno do día 22 de decembro o art. 3.1 a) do R. D. Lei 9/2008, impide realizar con este fondo obras que non son competencia municipal. Deste xeito queda descartado o comedor escolar (competencia da Consellería de Educación) e o paso elevado pola N-550 (competencia do Ministerio de Fomento).
2. Tamén queda descartado o centro do día, pois o orzamento elaborado cando tiñamos alcalde nacionalista ascende a máis de 700.000 ?, cando o importe total do fondo é de 555.000 ?. Resulta incomprensible facer unha proposta para incluir tres obras cando a axuda non chega nin para unha delas.
3. Reitero que sería unha temeridade incluir actuacións en contra da normativa. Aínda que fose posible, sería un disparate asumir en solitario obras doutras administracións. Xa hai conversar coa Consellería de Educación para cofinanciar un comedor escolar e o Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar está a realizar varios centros de día en concellos, aportando máis do 70% do custo das obras.
4. En canto o paso elevado xa espliquei no pleno que despois destas festas de Nadal a Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra construirá unha beirarrúa duns 60 metros paralela ó talud da nacional e logo pintará un paso de peóns, reforzado cun semáforo de precaución e dunhas bandas na calzada, para que os veciños de San Xulián poidan cruzar a N-550 (rúa José Novo Núñez) á altura do edificio onde está situado un supermercado de alimentación.

O que resulta inexplicable, son as acusacións persoais de que impido a realización dun paso elevado porque son titular dunha vivenda na zona. En primeiro lugar teño que decir que o paso ideado nun principio non afecta a miña casa (sí a unha propiedade da rúa do Pilar e a outra da rúa José Novo Núñez). Pero opino como se me afectara, pois por razóns de intimidade, de estética, e económicos, estou totalmente en contra da construcción de pasos elevados que prexudican ás propiedades de ninguén. Non é de recibo ter que soportar denhe unha vivenda un paso de veciños preto das ventás, ou ver como se deprecia a propiedade con esta carga. Incluso o impacto visual sería moi negativo para a histórica Capela do Pilar, e para o tramo do Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Dende logo, leccións de defensa dos intereses públicos por parte do BNG de Pontecesures e, sobre todo, do seu voceiro e anterior alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, non recibín ningunha. Todavía estamos á espera de que nos explique que intereses públicos tratou unas numerosas comidas con acompañantes sen identificar abonadas con fondos públicos, ou cos máis de 1.200 SMS ó mesmo número en seis meses dende o teléfono da alcaldía, ou cando ascendeu a dedo de peón a oficial do concello, sen procedemento algún, ao responsable local do BNG de Pontecesures, ou cando autorizou os empadroamento fraudulento de veciños de Taragoña (onde reside) no piso dun familiar con clara intención electoralista. Hai moitos exemplos máis xa comentados noutras ocasións. E aínda quedan outros que se irán sabendo.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Sabariz desautoriza a Angueira para darle lecciones de “defensa de intereses públicos”.

Las críticas del BNG sobre los motivos que llevaron al independiente Luis Angel Sabariz a rechazar la colocación de un paso de peatones elevado, no se han hecho esperar. El edil desautorizó al ex alcalde para darle lecciones de ??defensa dos intereses públicos?.

Luis Angel Sabariz aclaraba ayer que su vivienda no estaría afectada por la instalación de un paso elevado, pero sí lo estaría ??unha propiedade na rúa do Pilar e outra da rúa José Novo Núñez?. El teniente alcalde dice oponerse al paso de peatones por motivos estéticos, económicos y de intimidad, además del impacto visual que supondría para la histórica Capilla del Pilar o el tramo del Camino Portugués.
Pero Sabaríz va más allá y recuerda a Angueira que no está autorizado para dar lecciones a nadie. ??Ainda estamos a esperar que nos explique que intereses públicos tratou nas numerosas comidas con acompañantes sen identificar abonadas con fondos públicos, ou cos máis de 1.200 SMS ó mesmo número en seis meses dende o teléfono da alcaldía, ou cando ascendeu a dedo de peón a oficial do Concello, sen procedemento algún, ao responsable local do BNG de Pontecesures?.

DIARIO DE AROUSA, 28/12/08

La Guardia Civil aborta el corte de tráfico de los vecinos de Dodro en Padrón.

Persiguen entrevistarse con la conselleira de Política Territorial, María José Caride

Lo tenían todo preparado bajo el lema Menos promesas e máis feitos. Arranxo xa, pero los vecinos de Dodro se quedaron con las ganas de cortar otra vez el tráfico en la autovía do Barbanza (AG-11), a la altura de Padrón, para exigir que se reparen los daños causados por esta obra, recientemente inaugurada. Lo prohibieron efectivos de la Guardia Civil de Tráfico. Eso sí, los vecinos exhibieron sus pancartas y sus protestas en el arcén de la autovía durante los quince minutos previstos, aunque sorprendidos por la fuerte presencia de la Guardia Civil.
«Non pretendemos ocasionar molestias a ninguén pois trátase de chamar a atención uns poucos minutos, tal e como fixemos o sábado pasado», dice un portavoz vecinal. Pero en esta ocasión no pudo ser, ni pacíficamente como lo hicieran el sábado.
Y es que los vecinos están en desacuerdo con la Consellería de Política Territorial pues, según dicen, «o delegado territorial non cumpriu coa súa palabra e non volvemos a ver as máquinas nin os obreiros a reparar os danos causados nas nosas infraestructuras: drenaxes na veiga de Lestrove e en Bexo, accesos a Manselle, reparación de camiños en Imo e Castro e outras de menor entidade».
Tras el reciente primer accidente mortal, los vecinos se reafirman en que «non queremos que o noso concello se convirta nun tramo de morte pola presenza de xeo na calzada, nun parque de atraccións con montañas rusas, buscaminas, tobogáns acuáticos e túneles de terror nos nosos camiños».

LA VOZ DE GALICIA, 28/12/08