Xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo 2 de outubro.

PROGRAMA DE CUSTODIA FLUVIAL ULLA-UMIA-LEREZ

En colaboración con ADEGA ??Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza- O Concello de Pontecesures está o organizar unha xornada de limpeza dunha pequena marxe do río Ulla. Trátase dunha iniciativa de participación, educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA coa finalidade de fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e mellora dos nosos ríos. Esta actividade está enmarcada na IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS pola cal no domingo 2 de outubro en varios lugares de Galiza se organizarán xornadas de limpeza similares.

Esta actividade lévase a cabo con voluntarios polo que se convoca á xente interesada en participar para que se anote no Concello chamando ao teléfono 986 564 410 (luns a venres de 9.00 a 14.00 h.). Faráse un grupo cun máximo de 15 persoas que téñen que ser maiores de 18 anos.

A xornada de limpeza será, polo tanto, o domingo 2 de outubro de 11.30 a 13.30 h..  A xente anotada convocaráse para sair ás 11.30 dende a estación depuradora de augas residuais no baradero grande do final do muelle. ? recomendable que os participantes veñan equipados con luvas e botas de auga.

Ao remate da xornada, ás 13.30 h., para repoñer forzas convidaráse a tódolos participantes a tomar un pincho e bebida nun establecemento hostaleiro do pobo.

Máis información no espazo web de ADEGA:

http://limpeza.proxectorios.org/

Unha decena de comerciantes asistiron á reunión de hoxe. A oposición non foi convocada.

Dos 46 comerciantes convocados, uns 10 asistiron á reunión de hoxe na Casa do Concello de Pontecesures que durou aproximadamente uns 25 minutos, e onde se explicaron aspectos relacionados coa Mesa Local do Comercio.
Presidiu a sesión o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, e asistiron os tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela, Roque Araújo e Ángel Souto, e o técnico local de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Non foi convidado ningún concelleiro da oposición.
Falouse dos posibles asuntos que pode tratar unha mesa deste tipo e que poden afectar aos comerciantes (por exemplo, zona azul, campañas de nadal de ventas, alumeado navideño para dinamizar as rúas comerciais, etc..) e de que o órgano a constituir tería unha ou dous reunións ao ano.
Informouse que os 46 comerciantes van ser convocados de novo para o día 3 de outubro co obxecto de elixir o seu representante na Mesa Local de Comercio que vai ser constituída antes de fin de ano.

EXITO DE PARTICIPACION NO I TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA CELEBRADO NA PLAZUELA ESTE PASADO SABADO

Este sábado 17 de setembro o C. B. Rio Ulla organizou en colaboración co Concello de Pontecesures o ??I Torneo 3 x 3 de Basket na Rua?. A data elexida foi polo inicio dunha nova temporada, a 2011-12, na que o club vai participar con 8 equipos federados.

Pero ó facer este torneo de basket o que pretendimos foi achegar este deporte ó pobo, e para elo, que mellor lugar que a Prazuela de Pontecesures, xusto en metade do pobo. Alí se instalaron 2 canastas e se marcaron uns campos onde disputar o torneo. E o público respondeu, pois nas mais de 6 horas de partidos, achegáronse bastantes persoas a presenciar este torneo. 

O número de equipos inscritos foi un éxito xa que na categoria A (ata 15 anos) houbo 6 equipos, e na B (+ de 16 anos) foron 16 equipos inscritos. Foron un total de 80 os participantes os que dende as 16 h. da tarde do sábado, ata as 22.30 da noite estiveron xogando case sen parar. Indicar que os últimos partidos se xogaron perfectamente con luz artificial duns focos instalados a tal fin.

Na categoria A os cesureños “X”, impuxeronse ó ??Villa Team??; e na categoria B  foron os ??Grandfather? os gañadores da final diante dos ??Cuñados?.

Colaboraron nos premios ademais do propio Concello de Pontecesures, as casas comerciais ??Casa Chaves? e ??HC Sport? de Pontecesures. Os premios foron:

Na categoria A: camisetas de recordo, 1 balon e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Na categoria B: Un vale de 40 euros donado por HC Sport, e 1 invitación á merenda donada por Casa Chaves.

Ademais Cocacola serviu bebida para todos os participantes do Torneo.

Decir tamen que a participación dos equipos superou o ámbito local, pos chegaron equipos de Dodro, Valga, e 3 de Vilagarcia. Ademais había xogadores tamén de Padron, e Rois.

Dende o club queremos destacar a deportividade que reinou en todo o Torneo, mérito dos deportistas que acudiron, e queremos agradecer o interese posto nel tanto polo Concelllo de Pontecesures, coma os patrocinadores que nos apoiaron  (Casa Chaves, HC Sport, e Cocacola). Tamén o traballo de Protección Civil, que tivo que atender a 2 lesionados durante a tarde (unica nota negativa). Agradecer tamén o trabalo desinteresado dun grupo de antiguos xogadores e afecionados locais que axudaron na montaxe e desenrrolo do torneo.

Haberá que ir pensando en mellorar o Torneo con vistas ó vindeiro ano, e facer que participan tamén os nenos/as menores de 12 anos nunha categoria para eles/as.

Moitas grazas a todos/as pola colaboración e participación.

 Agora colgamosunhas cantas fotos deste torneo:

Sergio, Uxio, martín e David, integrantes do equipo “X” gañadores da categoría A, no momento da entrega dos premios, flanqueados por Gulli, do C.B. Rio Ulla, e por Roque Araujo, concelleiro de deportes.

Roberto, Santi e Pepi, integrantes do equipo “Grandfathers”, gañadores da categoria B.

 

Contestación da alcaldía sobre a solicitude da presenza na reunión de comerciantes de hoxe.

En contestación ó seu escrito de data 1509/2011, rexistrado no concello o día 16 do mesmo mes có nº 1891, en relación coa ??Mesa Local do comercio?, comunícolle que a reunión do vindeiro martes día 20 de setembro é unicamente para que os comerciantes do noso pobo elixan un representante, cuxa función será a de vogal, cando sexa constituída a citada Mesa.

Na data actual, aínda non se sabe canso se constituirá a Mesa Local de Comercio, que ven definida no artigo 21 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, e que debe estar constituída antes do 30 de decembro de 2011.

Conform á devandita lexislación, os integrantes da Mesa Local do Comercio serán:

-Un representante da Administración Local (será o alcalde ou persoa en quen delegue. A súa función será a presidencia da Mesa.

-Un representante do comercio (será a persoa que os comerciantes desta vila elixan). A súa función será a de vogal.

-Un representante dunha asociación de consumidores, cuxa función será tamén a de vogal.

-Dous representantes da Administración Local (para igualar en número cos representantes de comercio e de consumidores). A súa función será a de vogal.

-Un representante da Administración Autonómica, con carácter voluntario e que será designado pola consellería competente en comercio. Igualmente a súa función será a de vogal.

-O Concello designará a unha persoa que terá a función de secretario/a, con voz pero sen voto.

O que lle traslado para o seu coñecemento ós efectos oportunos.

Pontecesures, 16 de setembro de 2011
O alcalde

Manuel Luis Álvarez Angueira

D. Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Sabariz critica que el concello propuso a un representante en Portos cuando ya estaban nombrados.

La ACP criticó ayer duramente al gobierno local pues asegura, propuso a su representante en el Consello de Administración de Portos de Galicia cuando ya se había publicado en el Diario Oficial de Galicia que la decisión de los representantes estaba tomada.
Su concejal, Luis Sabariz, explicó que la Consellería do Mar anunció en el DOG del 16 de septiembre que se nombraba a Rafael Louzán como vocal del Consello de Portos de Galicia, en representación de las administraciones locales de Pontevedra. ??Pois ben, o mesmo día, o alcalde dita unha resolución propoñend para dito cargo ao concelleiro Ángel Manuel Souto Cordo co fin de comunicar esta proposta á Deputación que fixo a consulta por escrito a primeiros de setembro a petición do presidente de Portos de Galicia ao contar Pontecesures cun porto integrado no mesmo?, relató.
Para Sabariz esta propuesta ??tardía? porque la decisión estaba adoptada, le sorprende y le hace pensar que el concello ??non segue as publicacións oficiais e non se realizou ningún tipo de xestión aclaratoria previa, a pesar de ter tres concelleiros cobrando dedicación exclusiva. Conclusión: Trámite tardío, e inútil, unha perda de tempo na nosa administración local.?

DIARIO DE AROUSA, 20/09/11