Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Unha decena de comerciantes asistiron á reunión de hoxe. A oposición non foi convocada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Dos 46 comerciantes convocados, uns 10 asistiron á reunión de hoxe na Casa do Concello de Pontecesures que durou aproximadamente uns 25 minutos, e onde se explicaron aspectos relacionados coa Mesa Local do Comercio.
Presidiu a sesión o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, e asistiron os tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela, Roque Araújo e Ángel Souto, e o técnico local de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Non foi convidado ningún concelleiro da oposición.
Falouse dos posibles asuntos que pode tratar unha mesa deste tipo e que poden afectar aos comerciantes (por exemplo, zona azul, campañas de nadal de ventas, alumeado navideño para dinamizar as rúas comerciais, etc..) e de que o órgano a constituir tería unha ou dous reunións ao ano.
Informouse que os 46 comerciantes van ser convocados de novo para o día 3 de outubro co obxecto de elixir o seu representante na Mesa Local de Comercio que vai ser constituída antes de fin de ano.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. papagos

    Por que tanta tinta innecesariamente derramada pola súa banda Sr Sabaríz, para asistir a esta reunión?, como podemos comprobar por esta nota súa, á finalización da mesma foi informado, punto por punto, do alí acontecido por parte do seu infiltrado.

    Responder
  2. manolo o do bombo

    Moi ben papagos ,o infiltrado xa informou ,agora anda ca cabeza baixa eso pasa por cambia chaquetas……

    Responder
  3. Cara de cona

    Fracaso total…..non foi nin Canducho o da Pía….que ten tamén a tenda de electricidade….que van potenciar estes do goberno co comercio….que non me jodan…

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    A miña obriga é infomar, “papagos”, e por iso preocupeime, con varios dos comerciantes asistentes, de saber o que pasara (non vou revelar as fontes, obviamente) tendo en conta que non foi unha reunión secreta ou clandestina. A Casa do Concello estaba aberta para todos onte á noite, menos para os concelleiros da oposición.
    Por certo; os argumentos do alcalde cando me contestou que o único fin da reunión era elixir un representante dos comerciantes e por iso non debiamos estar alí, quedaron en ridículo. Falouse dos cometidos da mesa, da normativa e do que se podía facer para potenciar o comercio local. Xusto o que non se fixo foi a elección prevista, que queda posposta. En fin, queda acreditado que o goberno local non quere contar con nós para nada e voltamos aos vellos tempos.
    Non hai infiltrados, “manolo o do bombo” e”Cara de cona”. Hai comerciantes que non se explican porque a oposición non é convidada a estas reunións onde toda a corporación pode aportar cousas.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.