Será o sábado día 11 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio de Ferreirós. Actuará a Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, a Coral Polifónica Estradense de A Estrada e a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume.
Movida cesureña
Festa de aniversario da Estación Norte
O próximo sabado 3 de Maio celebrarase a festa de aniversario da Estación Norte.
Programa:
* A partir das 22:30 teremos churrasco para todos os asistentes
* A partir das 00:30 concerto co grupo «M?M»
E para rematar a noite a partir das 2 a terceira copa e gratis
Concello
SUSPENDIDO POLA CHOIVA O CONCERTO POP-ROCK DESTA NOITE
Debido á choiva que dende as 7 da tarde de hoxe empezou a caer, e que acortou a duración dos xogos infantís, a organización das festas, xunto cos responsables dos grupos (RIFF RAFF, 96 º e COdA) decidiron aprazar o concerto desta noite e que debía dar inicio á primeira xornada das Festas do Carmo 2007.
A idea é celebrar dito concerto noutra data, barallando como primeira alternativa, á falta de confirmarse, a do vindeiro venres día 6 de xullo, que será anunciada en canto se confirme a dispoñibilidade dos grupos.