O saxofón, protagonista de febreiro no auditorio de Valga.

O Auditorio ten xa pechada a programación para o mes de febreiro. As actividades darán comezo sábado día 9 cun concerto de solistas de saxofón a partir das 21 horas. Na fin de semana do 15 ao 17 terá lugar un curso de saxofón impartido polo grupo Thesis Quartet, que ofrecerá un concerto o día 16. O venres 22 continúan os concertos da Escola de Música, neste caso a cargo dos solistas de piano, ás 21 horas e con entrada de balde. Unha das actividades máis destacadas da programación é a Exposición da Camelia Bella Otero, que se celebra os días 23 e 24, organizada pola asociación Albor, que tamén protagoniza a mostra «Pintando emocións». Por último, o xoves 28 Os Quinquilláns presenta a obra de teatro «Language Planning».

La Voz de Galicia

A actuación aprazada de Milladoiro en Valga será o día 17.

As entradas repartidas no seu día entre os veciños de Valga son válidas para esta nova data.

Día 17 • 20.30 horas • Auditorio municipal • O concerto de Milladoiro previsto para o pasado sábado e que tivo que aprazarse debido ao falecemento dun familiar dun dos compoñentes do grupo, celebrarase finalmente o día 17 de novembro.

As entradas repartidas no seu día entre os veciños de Valga son válidas para esta nova data. Ante a grande expectación que o espectáculo espertou, o Concello pide que se algunha persoa non pode asistir ao concerto, entregue as súas entradas nas oficinas municipais ou no auditorio para que poidan ser utilizadas por outros espectadores.

O valgués Manu Conde presentará o seu último traballo «Atlántico». É o seu primeiro álbum de estudo en dez anos.

La Voz de Galicia

Milladoiro actuará gratis no auditorio de Valga.

3 de novembro • Entrada gratuíta • Auditorio de Valga • Medio milleiro de persoas achegáronse o domingo o auditorio de Valga para ver, e desfrutar, con Treixadura. Foron preto de dúas horas de música e diversión,.

E a seguinte parada no auditorio de Valga vai ser para outro dos grandes grupos da música galega. Milladoiro desembarcará no Baixo Ulla nun concerto que será gratuíto, pero para o que haberá que retirar as correspondentes invitacións nas oficinas municipais.

O concerto de Treixadura foi cofinanciado por Turismo de Galicia e o Agadic a través do programa “Cultura no Camiño” e con el o grupo puxo fin á xira de verán. Entre os espectadores que aplaudiron a actuación de Treixadura estiveron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os directores de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. Estiveron acompañados polo alcalde, Bello Maneiro.

La Voz de Galicia

TEATRO, COMEDIA XESTUAL, CLOWN NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES. SÁBADO 15 DE SETEMBRO ÁS 22.00 HORAS: A COMPANÍA PÍSCORE CO SEU ??CONCERTO SINGULAR?.

O Concello de Pontecesures continua coa súa programación cultural de verán, neste mes de setembro con 3 espectáculos teatrais no Centro Social. Se o pasado sábado 8 era o turno da compañía Fulano, Mengano e Citano con ??TOP MANTA?, este sábado 15 ás 10 da noite a compañía Píscore ofrecenos ??CONCERTO SINGULAR?. Este ciclo de teatro remata o sábado 22 de setembro coa obra ??LEONARDO E OS FONTANEIROS? da compañía Ubú Teatro para público infantil e familiar, unha obra orixinal de María Victoria Moreno ??autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018-.

PÍSCORE

??Concerto Singular?

A compañía Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Son unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa ??Esther Píscore?, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

O espectáculo

Premio do Público Festiclown 2017

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.