Festa de Santa Lucía 2017 en Infesta-Pontecesures.

Será o sábado 16 de decembro co seguinte programa:

-Pola mañá gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-De seguido pasarrúas a cargo da banda Unión Musical de Meaño acompañada dos cabezudos.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne cantada pola Coral Polifonica Pontecesures.
-Ao remate Poxa de Ramos no campo da festa e concerto da banda de música.
-Ás 16:39 horas, gran festa infantil con colchonetas, inchables, touro mecánico, etc..
-Pola noite gran verbena coas orquestras NEW YORK e UNI?N Y FUERZA.
-De madrugada servirase chocolate e rosca de balde para todos.

A novena comezou onte, 8 de decembro. ás 19:30 na Igrexa de Pontecesures.

A Comisión de Festas quere agradecer a colaboración das casas comerciais, veciños, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontecesures.

M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017: 4º CONCERTO DO CICLO O SÁBADO 19 DE AGOSTO.

Este sábado 19 de agosto ás 20.00 horas na Capela de San Xulián levaráse a cabo o 4º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), que con esta actividade finalizan este ciclo de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures (2 en xullo e 2 en agosto). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

3º CONCERTO DO CICLO «M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017».

Mañán sábado 5 de agosto ás 20.00 horas na Plazuela levaráse a cabo o 3º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), quenes farán un total de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures, logo dos 2 xa realizados en xullo e os 2 previstos en agosto (este é o primeiro deles). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

Acción literaria na Plazuela, Carreira en Valga.

O Concello de Pontecesures organizou para mañá (11 horas) «Letras na rúa», unha acción literaria que incluirá a lectura de anacos da obra de Carlos Casares. Ás sete da tarde, tamén na Plazuela, haberá un concerto de tres corais. En Valga, hoxe a partir das once da mañá, celebrarase unha nova edición de «Bota unha carreira pola lingua», organizada polo instituto.

La Voz de Galicia

Veciños de Padrón hace una encuesta sobre la Pascua.

La formación política Veciños de Padrón puso en marcha una encuesta popular para recabar opiniones sobre las próximas fiestas grandes de la villa, la Pascua. Así, hasta el 8 de enero los vecinos podrán aportar sus ideas con esta encuesta, que estará disponible en veinte locales del municipio.

En la papeleta hay un espacio para que los interesados desarrollen sus propuestas sobre la Pascua y, además, podrán responder a la pregunta: «¿Queres que haxa orquestra/concerto o Xoves e o Venres Santo?».

Por último, podrán seleccionar una de las actividades que Veciños de Padrón considera que serían «interesantes». La encuesta, que lleva por título Pascua 2017: faina túa, también está disponible en la página web de la formación política. Finalizado el plazo, hará una selección de las sugerencias y las presentará como moción en el pleno del día 26 de enero.

La Voz de Galicia