Concerto no pub Taboga de Pontecesures.

Leo i Arremecághona e maís o seu irmán xemelgo, o En-Riquinho, ofrecerán unha espectacular actuación o vindeiro sábado, 31 de outubro, no pub Taboga de Pontecesures (rúa Sagasta, 10).
A actuación, en plena noite de Halloween, está prevista para ás 23 horas e a entrada será libre. Despois pinchará o Dj Arturo B.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/10/09

Onte celebrouse un concerto de corais na Igrexa de Pontecesures.

Foi organizado pola asociación “A Barcarola” e participaron ademais do coro desta asociación a Coral de Carcacía, o Coro de Herbogo, o Grupo Amistad e as solistas Felisa e Iolanda Eiras.
Coa asistencia de bastante público, o concerto comezou ás 20:00 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
Rematado o acto, os participantes degustaron unha merenda/cea no Centro Social de Pontecesures.