Receitas inspiradas en Rosalía.

rro

Patacas asadas de distinto modo, tostas con mel e papiñas de leite. Cinco receitas inspiradas no poema Has de Cantar de Rosalía de Castro serviron onte aos usuarios con discapacidade do centro ocupacional de Sorribas para amosar as amas de casa de Rois e as mulleres rurais de Urdilde o seu bo facer na cociña.

O taller de cociña enmárcase no proxecto Rosalía nos cinco sentidos, promovido polo Concello de Rois, a Asociación de Nais e Pais de Persoas Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa) e a fundación rosaliana, co fin de achegar a este colectivo a figura e obra da escritora.

Onte aprenderon co sentido do gusto e para iso 19 persoas con discapacidade e as súas monitoras vestiron o mandil na cociña do local das amas de casa de Rois para preparar varios tipos de patacas, tostas con mel e papiñas con leite, esas receitas que Rosalía lle daba a meniña gaiteira para que cantara.

Coa lectura do poema rosaliano, os compañeiros e compañeiras de Amipa elaboraron e explicaron as receitas repartidos por grupo, baixo a atenta mirada das mulleres de Rois que, a súa vez, deleitaron ao colectivo coa súa música de pandeireta e as súas cantigas, antes de degustar o cociñado.

Tralo taller de onte, o proxecto Rosalía nos cinco sentidos chega a recta final e so lles queda dúas actividades. A próxima servirá para relacionar a vida e obra da poetisa cun olor. Para iso, o colectivo de persoas con discapacidade fará vindeira semana dous talleres relacionados con flores para o día 28 de marzo ir a horta da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, e clasificar e recoñecer variedades de camelias polo seu olor.

Está pendente, ademais, unha ruta por espazos que aparecen nos poemas de Rosalía de Castro e que tivo que ser suspendida polo mal tempo. En principio, quedou aprazada para o 24 de maio. Servirá para achegar a obra da autora do Sar non so as persoas con discapacidade de Amipa senón a todas aquelas que queiran participar na actividade, xa que é aberta a todo o público.

O proxecto de achegamento a figura de Rosalía de Castro arrancou a finais de febreiro cun concerto homenaxe a autora por parte da Escola Municipal de Música de Rois. Neste caso, Rosalía entrou polo oído; despois foi a vista cunha visita a Casa-Museo de A Matanza; onte tocoulle ao gusto coas receitas inspiradas no poema Has de Cantar e agora queda o tacto coa ruta e o olfato co taller de aromas da camelia e outros.

La Voz de Galicia

Próximas actuaciós da Coral Polifónica Pontecesures.

P1020195

Melodias

23 de novembro ás 18 horas. Misa na honra a Santa Cecilia na Igrexia Parroquial de Pontecesures.
24 de novembro ás 18 horas. Misa na honra ó Sagrado Corazón na Igrexia Parroquial de Pontecesures.
27 de novembro ás 18 horas. Acto de Ánimas polos defuntos das Cofradías do Nazareno e Virxen das Dores na Igrexia Parroquial de Pontecesures.
1 de decembro ás 19 horas. Cáritas Interparroquial Arousa en Vilagarcía. Tamén actuará o Coro Infantil-Xuvenil Melodías de Pontecesures.
13 de decembro ás 19 horas. Misa na honra á Santa Lucía na igrexia Parroquial de Pontecesures.
15 de decembro ás 17 horas. Panxoliñas do Concello de Meis no Multiusos de Mosteiro.
21 de decembro ás 18:30 horas. Festival de Panxoliñas na Igrexia Parroquial de Pontecesures coas actuacións de:
– Coro Parroquial San Vicente de Nogueira.
– Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro
– Coro Infantil-Xuvenil Melodías de Pontecesures.
– Coral Polifónica de Pontecesures.
22 de decembro ás 18 horas. Festival de Panxoliñas en Catoira.
28 de decembro ás 20 horas. Concerto en Cuntis na Igrexia Parroquial.