Míster Pontevedra será el pregonero de la Festa da Anguía de Valga.

El Concello de Valga ha preparado un ambicioso programa festivo y cultural para celebrar, el último fin de semana de este mes, la Festa da Anguía y la Mostra da caña do país.
Este año, como pregonero de la fiesta se ha elegido a Víctor Valga, Míster Pontevedra y finalista de Míster España. La lectura del pregón tendrá lugar el domingo, 31 de agosto, a la una menos cuarto de la tarde, en el parque Irmáns Dios Mosquera. Seguidamente tendrá lugar la entrega de premios de la Mostra da Caña do País, de los ganadores del concurso de carteles anunciadores de la fiesta, así como de los premios de investigación Xesús Ferro Couselo y del concurso O lugar máis fermoso .
Tras los actos oficiales tendrá lugar la degustación de la anguila, que se ofrecerá en empanada, guisada con patatas, frita o rebozada, en escabeche con cachelos o a la Bella Otero. También se puede solicitar el menú degustación y apreciar su sabor en cada una de las recetas.
Pero si el domingo será el día grande de la fiesta, antes habrán transcurrido otras dos jornadas repletas de actos. El viernes habrá un festival infantil a partir de las cinco de la tarde. A las ocho y media comenzará la precata del concurso de caña del país.
Una hora más tarde, a las nueve y media, en la casa de cultura de Valga, habrá dos representaciones teatrales a cargo del taller de teatro municipal. ?che unha desgraza y A visita do doutor son las dos piezas que se ofrecerán al espectador.
El sábado el plato fuerte serán las actuaciones musicales. Para empezar la fiesta, el grupo pop gallego Nueve8seis actuará a las once de la noche. Desde la medianoche habrá una gala musical en la que participarán Pimpinela, Son Pasión de Gavilanes, un espectáculo de musicales de televisión y la artista local María, finalista de la primera edición del programa Son de Estrelas .

LA VOZ DE GALICIA, 21/08/08

Valga premia a arte de Ángeles Garrido.

garrido.jpg

Recibirá un premio de 400 euros e trofeo, o 31 de agosto, dentro dos actos centrais da XX Festa da Anguía e a Caña

Ángeles Garrido é a autora do cartel anunciador da XX Festa da Anguía, de Valga.
Conseguir que a obra dun artista sexa o cartel anunciador de calquera das moitas e diversas festas que teñen lugar por toda Galicia é tarefa complexa posto que son varias as creacións que se presentan, pero unha vez se ten o galardón na man, a cousa cambia, sobre todo cando se trata da festa grande do pobo natal do autor.
Nacida no lugar de Vilar, na parroquia valguesa de Cordeiro, Ángeles Garrido conseguiu este ano que a súa creación pictórica, baixo o título de ??Agua?, resultara seleccionada polo xurado para ser a carta de presentación da ??XX Festa da Anguía e XVIII Mostra da Caña do País?, que terá lugar os vindeiros días 29, 30 e 31 do mes no que andamos. Un debuxo no que, de xeito sinxelo e con grande claridade, a artista representa os dous puntos centrais do evento culinario: a anguía e a caña, dous produtos xuntan o bo da terra e do mar para esta dobre celebración gastronómica municipal.

Recoñecemento. Deste xeito, Ángeles Garrido ve recompensados os moitos anos de traballo e adicación á arte, xa non só a nivel particular senón tamén como docente posto que na actualidade, a pintora imparte clases desta disciplina nos dous colexios de ensino primario do concello, isto é, no CEIP de Baño e tamén no CEP Xesús Ferro Couselo, de Cordeiro; ademais, tamén participa na Escola de pintura da asociación ADEVAL, onde comparte pinceis e lenzos con outros expertos na materia, como Pepe Potel, veciño do lugar do Sixto, quen acudiu a esta edición do concurso coa obra titulada ??Escoller?, coa que colleitou a segunda posición.

Con estes galardóns, Valga demostra que no municipio non todo é festa senón que tamén a arte ocupa un lugar importante na vida dos veciños do concello.

Noelia García foi a terceira premiada nesta edición do certame coa obra titulada «Anguía da ría». Na categoría infantil, os afortunados foron Nerea Guimarey, co primeiro premio, e os irmáns Gómez Mendoza, en segundo e terceiro lugar.

DIARIO DE AROUSA, 19/08/08

Alejandro Bouzón, do Bar Choco, participa o domingo nun concurso de empanadas na súa vila natal.

Con motivo da Festa do Choco, celebrarase o domingo día 11 de maio ás 12 horas en Redondela, un Concurso de Empanadas de Choco.
Este ano participa Alejandro Bouzón González propietario do Bar Choco de Porto que é nado precisamente en Redondela.
Esperemos que teña éxito Alejandro no concurso. A empanada da súa dona, Sagrario, que está exquisita, é moi coñecida en toda esta comarca e penso que lle gustará os membros do xurado.
Tampouco lles imos meter presión. ¡Sorte!

Premios dos gaiteiros/as solistas do Concurso de Arteixo. A cesureña Adriana Rivas, 2º premio.

1º Premio. Ricardo Manuel Mouriño Freire

«Alborada de Poio e Jota do 3»

2º Premio. Adriana Rivas Seijo

«Dalle unha volta, Vida leda a do gaiteiro, Río de Anxo»

3º Premio. Roberto Aller Alcalde

«Jota de Sergio, Muiñeiras da Fonsagrada»

Noraboa a Adriana e a súa familia por este logro. ¡Ánimo e a continuar traballando no mundo do folclore tradicional!.

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre os alumnos da comarca nominados para os premios do concurso de redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

No día de onte o xurado do Concurso de Redacción ??LETRAS GALEGAS 2006 ?? no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e ??Ferro Couselo? de Cordeiro, e dos CPI ??Progreso? de Catoira e Infesta de Pontecesures.

Os nenos/as nominados para os premios foron:

4º Curso.
Javier Iglesias Calviño (Cordeiro) ??O colexio?
Alberto Rivas de Jesús (Pontecesures) ??O tren que non paraba nunca?
Iria Varela Río (Baño-Valga) ??Galicia, unha comunidade protexida?

5º Curso.
Sara Azidane Chenlo (Baño-Valga) ??A vida nos recordos?
Cristina Mariñoi Fernández (Pontecesures) ??O meu avó?
Laura Susavila Rodríguez (Cordeiro). ??As bromas de Roxelio?
Paula Mariño Suárez de Centi (Catoira) ?? A illa do bosque?

6º Curso.
Xenxo Campaña Fernández (Cordeiro). ??A taberna dos meus avós?
Isabel Vello Heleno (Baño-Valga) ??Irmá Natalia?.
Paula Conde Couselo (Catoira) ??Un soño feito realidade?
María Campaña Otero (Pontecesures). ??A nai de Carlos?

A entrega de premios será o luns 29 de maio ás 17,30 horas na biblioteca do CPI Pontecesures nun acto ó que están convidados ós alcaldes dos tres concellos e que contará coa presenza da filóloga Elvira Riveiro Tobío que disertará sobre a obra de Manuel Lugrís Freire e a poesia galega.

Pontecesures, 26 de maio de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA