Logo de solicitarse onte por escrito, no día de hoxe se lle enviou dende o Concello a Cecilia Tarela Barreiro un documento resumo das contas de ditas festas.
No documento reflíctese que os ingresos foron de 25.041,90 euros (22.041,90 achegados por particulares e establecementos, e 3.000 de subvención da Deputación de Pontevedra) e os gastos de 40.487,55 euros (detállase o custo do alumeado, orquestras, banda, inchables, fogo, etc… cos datos da facturas).
Se lle comunicou á responsable local do BNG, que ten á súa disposición na Casa do Concello todos os documentos soporte dos ingresos e dos gastos para súa comprobación, os días 21, 22 e 23 de octubro, de 9:00 a 14:00 horas.
O BNG de Pontecesures solicita as contas das Festas do Carme 2009.
Mediante escrito presentado no día de hoxe pola concelleira e responsable local do BNG, Cecilia Tarela Barreiro, solicítanse as facturas detalladas e as contas detalladas das Festas do Carma 2009.
Lémbrase que o concelleiro de cultura, Jesús María Rey Beiró, xa indicou as cifras totais de gastos e ingresos no pleno ordinario de 28/09/09. Asi mesmo, manifestou que tódolos datos estaban a disposición dos membros da corporación.
Posiblemente mañá mesmo se lle contestará a Cecilia que ten á súa disposición, na Casa do Concello, a conta detallada de ingresos e gastos, así como os documentos soporte dos mesmos.
Tribuna pública: Reflexións sobre o trazado do tren de cercanías.
En relación coa postura que ten o Concello de Vilagarcía favorable ao desmantelamento da vía férrea convencional coa entrada en servizo da alta velocidade nun futuro próximo, queremos puntualizar o seguinte:
1.Non podemos entender como a posibilidade de ampliar unha rúa de entrada á cidade, pode ocasionar “cargarse” unha vía férrea en uso dende hai 135 anos e que ten núcleos de poboación importantes que utilizan o ferrocarril.
2.Tampouco entendemos que se Costas do Estado ten proxecto e orzamento para construir unha senda verde pola zona marítimo terrestre en Bamio e Carril, a obra non se execute na espera de que se elimine a via férrea para facela coincidir coa mesma. O sexa, o da senda verde xa ten solución, pero non se leva a cabo pretendendo eliminar unha instalación básica para a comunicación.
3.Non queremos entrar nesta nota en compatibilidades de trazados de alta velocidade e cercanías (anchos compatibles para os trens, rasantes de conexión, etc…). Hai moitas declaracións institucionais en favor dos trens de proximidade, pero logo priman os localismos e se prexudica sempre aos veciños que non residen nas grandes cidades. ¿? solidario levantar unha vía férrea en servizo, deixando sen tren a tantas persoas? ¿? iso “facer país”, frase tan recorrente nos últimos tempos?.
4.Solidarios foron moitos pequenos pobos atravesados pola vía do tren, para que, ademais dos seus veciños, tiveran servizo as grandes cidades. Agora, que xa non se precisa deles, se lles deixa “tirados”. ? inxusto que o progreso deixe abandonados aos máis débiles.
5.Que non se poñan desculpas con plans de mobilidade e futuros tranvías municipais. A vía é unha instalación en uso, dependente da administración do estado, e a penetración ao centro da cidade é básico para potenciar o uso do ferrocarril. Os trens de proximidade non teñen sentido circulando polos montes e deixando aos veciños dos núcleos próximos ás cidades sen servizo. ¿Que nun futuro se utilice a vía actual para tranvía?. Ben, pois xa se conta cunha liña.
Polo exposto, facemos unha nova chamada ao “sentidiño”. As decisións de agora en canto á vía son irreversibles. Levantala, ou deixala sen servizo, é un despropósito. Vilagarcía perdería unha oportunidade histórica para que Bamio, ou a praia de Compostela, contasen con paradas, e para que máis persoas a visiten, utilizando o transporte público do futuro dende o punto de vista ecolóxico e económico.
Carlos Abellán Ruiz e Luis Ángel Sabariz Rolán
Mucha e Nucha casan a Maribel Castro e Maneiro na “40 Festa”.
As afamadas ??Cantareiras de Ardebullo?, Mucha e Nucha, foron onte as encargadas de dar o pregón da Festa da Anguía e a Caña do País de Valga. As risas non pararon durante os trinta minutos que durou este auténtico espectáculo cómico ??tradicional e moderno?.
Mucha e Nucha déronse un auténtico baño de masas en Valga grazas á súa espontaneidade e ??saber estar? sobre os escenarios. Cun pequeno retraso e dun xeito nada feminino e moi particular (sen empregar as escaleiras), entraron no escenario do campo da festa para deleitar co seu humor ??de aldea? aos milleiros de veciños alí congregados.
E certamente as ??Cantareiras de Ardebullo? sabían que terra pisaban, pois unha das referencias mías ridas da xornada foi a que fixeron cos alcaldes de Valga e Pontecesures como protagonistas. ??Aí están as autoridades en primeira fila. O alcalde (José María Bello Maneiro) e a que está ao seu lado debe ser a primeira dama?, en referencia a Maribel Castro, que se sumou como boa veciña á festa valguense. Ademais, Mucha e Nucha fixeron contas e decatáronse de que esta era a ??40 Festa? da vila, sumando a Anguía (21) e a Caña (19).
DIARIO DE AROUSA, 31/08/09
O luns día 27 de xullo, pleno ordinario en Pontecesures.
Será ás 21:00 horas, coa seguinte Orde do Día:
1.Actas anteriores
2.Proposta do grupo de goberno: Aprobación da nova ordenaza reguladora do S.A.F.
3.Proposta do grupo de goberno: Modificación do regulamento da Escola Infantil Municiipal.
4.Contas da Festa da Lamprea e da Feira do Automóbil.
5.Resolucións da alcaldía. Dar conta.
6.Informes da presidencia
7.Rogos e preguntas.
Coma sempre, faise un chamamento aos veciños para que acudan ao pleno. Sempre e bo estar informado dos asuntos municipais.
O xoves, 23 de xullo, sesión da Comisión de Contas de Pontecesures.
Será ás 21 horas, coa seguinte orde do día:
1.Acta anterior
2.Proposta de aprobación de nova ordenanza municipal do Servizo de Asistencia no Fogar
3.Proposta de modificación do regulamento da Escola Infantil Municipal
4.Contas da Festa da Lamprea e da Feira do Automóbil 2009