Mucha e Nucha casan a Maribel Castro e Maneiro na “40 Festa”.
As afamadas â??Cantareiras de Ardebulloâ?�, Mucha e Nucha, foron onte as encargadas de dar o pregón da Festa da Anguía e a Caña do País de Valga. As risas non pararon durante os trinta minutos que durou este auténtico espectáculo cómico â??tradicional e modernoâ?�.
Mucha e Nucha déronse un auténtico baño de masas en Valga grazas á súa espontaneidade e â??saber estarâ?� sobre os escenarios. Cun pequeno retraso e dun xeito nada feminino e moi particular (sen empregar as escaleiras), entraron no escenario do campo da festa para deleitar co seu humor â??de aldeaâ?� aos milleiros de veciños alí congregados.
E certamente as â??Cantareiras de Ardebulloâ?� sabían que terra pisaban, pois unha das referencias mías ridas da xornada foi a que fixeron cos alcaldes de Valga e Pontecesures como protagonistas. â??Aí están as autoridades en primeira fila. O alcalde (José María Bello Maneiro) e a que está ao seu lado debe ser a primeira damaâ?�, en referencia a Maribel Castro, que se sumou como boa veciña á festa valguense. Ademais, Mucha e Nucha fixeron contas e decatáronse de que esta era a â??40 Festaâ?� da vila, sumando a Anguía (21) e a Caña (19).
DIARIO DE AROUSA, 31/08/09