El Auditorio de Cordeiro acoge hasta el 21 de marzo la muestra ??A paz, cuestión de fondo?.

En el Auditorio Municipal de Valga se inauguró ayer la exposición ??A paz, cuestión de fondo?, organizada por el Concello en calidad de miembro del Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. La muestra permanecerá en la villa hasta el próximo 21 de marzo y estará abierta al público de lunes a viernes en horario de mañana y tarde, con entrada gratuita.
La exposición la integran viñetas elaboradas por 28 autores de dieciséis países diferentes. Invita a reflexionar sobre la pobreza como una forma de injusticia social que genera exclusión, racismo y violencia. Del mismo modo, la falta de oportunidades impide a la sociedad crecer en condiciones de dignidad, lo que aumenta las diferencias sociales y agudiza el abismo entre ricos y pobres. El Fondo Galego de Cooperación entiende que el desarrollo sostenible no es posible en este contexto por lo que, a través de esta exposición, quiere contribuir a crear un clima de opinión favorable a la promoción de un nuevo orden económico internacional, sin excluidos ni perdedores.

Los distintos paneles de la muestra pretenden acercar a la ciudadanía los conceptos básicos necesarios para comprender la paz en un sentido amplio. Se trata de trasladar a niños y adultos que la paz no es solo la ausencia de guerra, puesto que existen otros tipos de violencia que atentan contra ella.

DIARIO DE AROUSA, 14/03/12

Cazados en un pique a 177 kilómetros por hora en una carretera con límite de 70.

Uno de los jóvenes implicados en la carrera, en Valga, carecía de permiso al haber perdido todos sus puntos.

Valga es un sitio tranquilo, de hábitat rural y violentado únicamente por dos carreteras de tráfico intenso, la N-550 hacia Pontevedra, y la PO-548 hacia Vilagarcía. Sin embargo, el silencio del que disfrutaban los vecinos del lugar de Cordeiro durante la madrugada del domingo se vio interrumpido por dos jóvenes que decidieron jugarse la vida en una carrera sobre el asfalto. Su aventura terminó ante una patrulla de la Guardia Civil, y los llevará mañana ante el Juzgado número 1 de Caldas.

Según el instituto armado, era la una y veinte de la madrugada cuando fueron detectados dos Seat León circulando en clara competición. Uno de ellos fue fotografiado por el coche radar de Tráfico a 177 kilómetros por hora, cuando la velocidad máxima permitida en la vía es de 70, puesto que se trata de un lugar con viviendas a ambos lados y cruces secundarios.

El conductor del turismo que circulaba a esa velocidad tiene 21 años, es vecino de Valga y sus iniciales son C.?P.?P. Se le imputan dos delitos contra la seguridad vial, uno por exceso de velocidad y otro por conducción temeraria. El chófer del otro coche, que circulaba, según la Guardia Civil, igual de rápido que el primero, pero que no fue captado por el radar, es A.?D.?C., de 25 años y vecino de Caldas. Este carecía de permiso al haber perdido todos sus puntos con anterioridad. Fue imputado por conducción temeraria y por pilotar sin carné.

A cada uno de los conductores se le imputan dos delitos contra la seguridad vial.

LA VOZ DE GALICIA, 05/03/12

En Cordeiro non hai Candelaria sen lacóns.

San Antonio e San Roque regresaron onte ao seu fogar (a igrexa de Cordeiro) e fixérono acompañados por San Paio, que durante oito días exerceu de perfecto anfitrión na capela de Vilar. Este foi o punto de partida da Procesión dos Lacóns, que coincidindo coa festividade da Candelaria, percorreu durante toda a mañá os catro quilómetros que separan esta aldea valguesa da igrexa parroquial. Preto de dúas horas e media invertiron os romeiros en facer o traxecto, dirixidos polas cinco mulleres que portaban sobre as súas cabezas outras tantas cestas con preto dunha ducia de lacóns. Divina ía diante, marcando o paso e demostrando a maña adquirida co tempo. Veciña de Vilar, leva arredor de 65 anos participando activamente na procesión. A súa cesta pesaba onte non menos de trinta quilos pero nin as pernas nin as forzas lle fraquearon para chegar ergueita e composta ata a igrexa. ??De momento vou vindo ben?, comenta mentras degusta algunhas das viandas coas que o párroco, Xesús Pazos, agasallou aos fregueses antes de comezar a misa. Falta fai un ??tentempé? logo de tanto esforzo, aínda que para Divina foi levadeiro. Está acostumada a levar pesos sobre a cabeza: ??fun á labranza toda a vida e aínda vou á herba para os animais?. Ela e as outras mulleres que acompañan aos santos cos lacóns axudan a manter unha tradición que data do século XIX, cando os veciños decidiron solicitar a intercesión divina e fixeron unha ofrenda para tentar frear un andazo de peste que arrasou con todos os animais.
A costume logrou sobrevivir ao paso do tempo, pero todos coinciden: xa non é como antes. Hai anos unha vintena de mulleres xuntábanse na cabeza da procesión coas súas respectivas cestas. Podían transportar ata oitenta lacóns para a súa subasta á saída da misa. Nos últimos anos apenas son catro ou cinco as participantes. As cousas cambiaron porque antano ??matábanse porcos en todas as casas? e as familias de Vilar e Vilarello gardaban sempre os lacóns para ofrecer aos santos. Agora apenas hai matanzas e, ademais, apunta un veciño, ??morreu moita xente? e o recibimento que se fai á comitiva en cada aldea xa non é o mesmo. Xa non hai cuchipanda en cada parada. Onte só a houbo en Beiro, ??na casa do alcalde?, comenta Jorge, un dos integrantes do grupo de gaitas ??Airiños do Meda?, que nos últimos años non falla nunca o día da Candelaria. ??? unha procesión moi bonita, diferente ás demais?. Os lacóns son o seu rasgo máis distintivo, pero non o único. En Vilar, ao saír da capela os tres santos, as mulleres e os nenos paxan por debaixo deles. Son ofrendas en busca de protección que fan os veciños, que non poñen reparos á hora de gastar en bombas. Que se note que hai festa na parroquia. Máis de 600 euros se invertiron en Vilar en fogo, outros tantos en Vilarello, Moldes ata superou esa cifra e os seis veciños que ten Outeiro xuntaron 300 euros para recibir aos santos como Deus manda. Eiras, Ferreirós e Beiro completan o listado de aldeas polas que vai parando a procesión no seu camiño cara a igrexa. En cada unha delas un pequeno altar agarda a San Antonio, San Roque e San Paio, que collen uns poucos folgos antes de retomar a viaxe ao son dos ??Airiños do Meda? e coas bombas sen deixar de estourar.

A medida que se achega a procesión, os arredores da igrexa comezan a recibir a rosquilleiras, veciños que agardan á comitiva e incluso turistas que aproveitaron a súa estancia nun hotel da vila para coñecer as tradicións propias da terra. A misa da unha engancha aos máis devotos. O resto prefire entrar en calor tomando un vermú mentras non comeza a poxa, que ten como auténticos protagonistas un ano máis a Ramón Comparada e Francisco García ??Chico?. Máis de corenta anos leva o segundo subastando lacóns e ata ??un periquiño? que ofreceu nunha ocasión un veciño. Berraba tanto o pobre, que ??aquel ano si que sufrín?, lembra. Tamén sufriu onte, pero coas bromas dalgúns que nin poxaban nin deixaban poxar. ??Chico? púxose serio: ??Isto é unha poxa, non un cachondeo. Ou se quere ou non se quere?. E non houbo máis que dicir. A subasta moi animada non estivo. A crise tamén afecta ás tradicións e 75 euros foi o máximo que se ofreceu por un dos lacóns máis grandes e con mellor pinta. En total recadáronse 431 euros, algo menos que o ano pasado (486). Xa o dicía Divina: ??hoxe van baratos?.

DIARIO DE AROUSA, 03/02/12

Día de la Paz en Valga.

Los escolares de los colegios y escuelas unitarias de Valga conmemoraron el lunes del Día de la Paz. En todos los centro educativos se desarrollaron actividades y los niños, vestidos en muchos casos con camisetas blancas, posaron con la tradicional paloma que simboliza la paz.
También los usuarios y personal del Centro de Día de Cordeiro hicieron un alegato en favor de la paz. Los mayores y sus cuidadores posaron en el interior de las instlaciones con un gran cartel con las letras de la palabra “PAZ” y globos de color blanco.

DIARIO DE AROUSA, 01/02/12