Artigo de Alfredo Conde en «EL CORREO GALLEGO», 07/12/07
Chefiño Rivera. Xa saben o Chef Rivera, que é un mestre dos fogóns pero que nunca terá unha estrela Michelín. Non a terá porque non é nada tendecioso. Mesmo che fai un patê que che prepara unha perdíz ó espeto, como ben sellou Cunqueiro. Ou igual un cocidiño ca unha becada en condicións. E iso seica non está ben visto. Ou nouvelle cuisine (pronunciado así como está escrito) ou te estrelas e non estreleces na guía como debería estar mandado. Pois ben, dicialles que agora tamén hai o chefiño Rivera, o seu fillo, un rapaz espilido que igual che solta unha conferencia encol da coción dunha pescada, de xeito que a auga non acade os cen graus de temperatura e non se deshidrate, que che fai unha especie de tirabeques de arróz como se fora chino e logo se queda tan tranquilo agardando a que llos ponderes, pois o seu resultado é prodixioso, xa ven que tontería. Estáno.