Obradoiro formativo para pais e nais para mellorar a comunicación na familia.

No ámbito da prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas o Concello de Pontecesures ten unha dilatada experiencia e realiza desde fai xa varios anos diversos programas, adaptados ás peculiaridades de cada idea e etapa educativa, para o que dispón dun técnico en prevención que ademais de impartir as sesións aos alumnos/as e aos pais/nais tamén asesora aos profesores que así o demandan.

A contorna máis importante de prevención universal das drogodependencias é a escola. A escola convértese pola súa estrutura e características na institución idónea para adquirir valores, destrezas, habilidades e coñecementos que configuren estilos de vida saudables que lles fagan máis autónomos e resistentes á presión ao consumo de drogas e outras condutas de risco para o seu saúde. Este é o principal motivo polo que se están realizando ao longo deste curso escolar 2014-15 (dando continuidade ás realizadas nos anos anteriores) as intervencións educativas desde 5º de primaria ata 4º da ISO no CPI de Pontecesures, cun total de 8-10 sesións en cada aula e en cada curso.

Pero nesta tarefa debe implicarse a toda a comunidade escolar, alumnado, persoal docente e pais/nais. ? de vital importancia a formación e involucración dos proxenitores nesta tarefa e para iso vaise a desenvolver un obradoiro formativo para pais/nais sobre ??Claves para mellorar a comunicación na familia?, trátase dunha iniciativa con carácter eminentemente práctico que se está a  desenvolver na biblioteca do CPI Pontecesures durante o mes de febreiro nas seguintes xornadas: Xoves día 5, luns 9 e xoves 12 (os tres días ás 20.00 horas). Ao mesmo tempo e para todos aquelas familias con fillos en 5º, 6º, de primaria e 1º e 2º da ESO, que non poidan asistir, recibirán nas próximas semanas uns DVDs con contido formativo para as familias sobre cómo mellorar a educación emocional dos seus fillos/as.

La instalación de luminarias LED en el gimnasio del CPI Pontecesures, un fracaso absoluto.

La colocación de luminarias LED en las instalaciones deportivas de Pontecesures sigue planteando problemas. Las instaladas en el polideportivo y en el campo de fútbol daban una luz tan tenue que dificultaban considerablemente la práctica deportiva y así, meses después, tras las quejas de los clubs y de la oposición tuvieron que colocarse otra vez los antiguos focos para sumar a los de LED que allí quedaron. En consecuencia hubo un gasto considerable que para poco o nada sirvió.
Ahora el problema lo tenemos en el gimnasio del CPI Pontecesures donde el gobierno local también acometió la instalación de luminarias LED. Las quejas de padres son constantes pues varias de las luminarias se encienden y se apagan continuamente dificultando las actividades. No sabemos si el problema está en las fuentes de alimentación o en las luminarias pero no se arregla da deficiencia y esto no puede seguir así.
La ACP solicita que se busca una solución a este problema con toda urgencia. La inoperancia del gobierno local (a pesar de que cobran una dedicación exclusiva tres de sus miembros) no puede perjudicar así las actividades que se llevan a cabo en el gimnasio del colegio.
Pontecesures, 20/11/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Apoio as familias con TDAH en Pontecesures.

O vindeiro martes, 30 de setembro, o Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando á Par, presentará un novo programa educativo dirixido as familias que teñan fillos/as co Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad (TDAH) e do cal poderase beneficiar toda a veciñanza de Pontecesures e dos concellos limítrofes que queiran participar, o acto de presentación terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures ás 12 da mañán, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2014/2015 que agora da comezo.

O obxectivo deste programa é fomentar a competencia educativa das familias coa creación de espazos para as familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente profesionais e os pais/nais dos nenos/as que padecen este trastorno, que en ocasións polas propias características do trastorno é moi difícil de levar para moitas familias.

Un ano máis, o concello de Pontecesures, dende sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por complementar e ampliar os servizos de asesoramento e atención educativa ás familias da nosa vila.

Dende o concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio aos pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.

Invitámosvos e animamos a que participedes.

O grupo folclórico Algueirada retoma esta semana as clases de baile, pandeireta e gaita.

O mércores 10 de setembro, comezan as clases de baile tradicional da asociación cultural «Algueirada». Os nenos e xoves interesados en participar na actividade deben presentarse ás 17 horas dese día no Ximnasio do CPI Pontecesures, para organizar os grupos de traballo cos seus horarios.
Tamén comezan esta semana as clases de pandeireta. O día 10 de setembro ás 18 horas no Ximnasio do CPI Pontecesures deberan presentarse os interesados para organizar os grupos de traballo e os seus horarios.
Por último, dicir, aos efectos da inscrición de interesados, que a actividade de gailta comezará o venres día 12 de setembro, ás 17 horas, no Centro Social de Pontecesures.