Iniciativa do CPI Pontecesures para dotar de árbores e prantas ao recinto escolar.

Baixo a dírección do profesor de galego se secundaria Jesús Amboage García, e coa colaboración dos outros docentes e dos alumnos, se están a prantar nestes días no patio escolar do CPI Pontecesures 30 árbores autóctonos (carballos, freixos, ameneiros, bidueiros, castiñeiros…), e un considerable número de prantas (azaleas e outras especies aromosas). Con estas últimas preténdense habilitar unhas zonas axardinadas preto dos edificios do centro, recuperando, incluso, unhas vellas xardiñeiras que estaba inutilizadas.
Os alumnos están a acoller con gran ilusión os traballos. Cada aula está a “apadriñar” a cada unha das prantas e así os nenos/as encargánse do rego e mantemento nos recreos. Incluso fixéronse xestións para que, no verán, algúns nenos, e persoal de limpeza do Concello, se encargue destas tarefas.
Con esta actuación educativa, que é financiada polo centro, trátase de espertar o interese dos alumnos polo medio ambiente, de humanizar o patio, e de facer máis atractivo este espazo para toda a comunidade educativa.

El colegio de Pontecesures invierte más de 20.000 euros en equipar todas las aulas del centro con acceso a Internet.

El Colegio de Pontecesures ha invertido más de 20.000 euros en la dotación de acceso a Internet a todas las aulas del centro.
Desde la dirección explicaron que la Consellería de Educación les concedió una subvención de 7.900 euros, con cargo al programa ??Abalar?, para llevar el cableado especial de acceso a Internet a las aulas de quinto y sexto de Primaria y a primero y segundo de la ESO. Sin embargo, sus miembros decidieron dotar de este servicio a otras estancias del colegio y optaron por afrontar el resto del gasto con fondos propios que en total ascendió a más de 20.200 euros. Con esta inversión, añadieron, será posible conectar en red todos los portátiles con el ordenador del profesor.

En esta misma línea, recordaron que ya en las aulas de Educación Infantil existe sistema de conexión sin cables, con tecnología Wifi. Asimismo destacaron el importante paso que da el CPI Pontecesures para ??mellor a educación dos alumnos coa incorporación de novas tecnoloxías e o esforzo económico que realiza para conquerir este importante logro?.

DIARIO DE AROUSA, 16/03/10

O CPI Pontecesures inviste máis de 21.000 euros, para dotar da Internet a todas as aulas.

Con cargo ao programa “Abalar”, a Consellería de Educación concedeu áo CPI Pontecesures unha subvención de 7.900 euros para levar o cableado especial de acceso á Internet ás aulas de 5º e 6ª de Primaria e a 1º e 2º da ESO.
Pois ben; o centro decidiu dotar deste cableado non só aos cursos subvencionados, senón tamén a todas as aulas de Primaria e da ESO, afrontado cos fondos do colexio o resto do custo económico que en total ascendeu a uns 20.200 euros.
Deste xeito, nas aulas vai ser posible conectar en rede todos os portátiles co ordenador do profesor.
As aulas de educación infantil xa contan cun sistema WIFI do centro.

Quérese salientar o paso importante que da a CPI Pontecesures para mellorar a educación dos alumnos/as coa incorporación das novas tecnoloxías, e o esforzo económico que realiza para conquerir este logro tan importante.

Celebrouse o venres, 12 de febreiro a asemblea da ANPA do CPI Pontecesures.

Só seis asociados asistiron á asemblea da ANPA que se celebrou na biblioteca do CPI Pontecesures. Como tamén había outros seis directivos, pódese dicir que a reunión foi case en familia.
Por unanimidade aprobouse a acta anterior, as contas, e a suba da cota da ANPA que pasará a ser de 9 euros por familia.
A presidenta explicou temas relacionados co seguro, coa pertenza da ANPA a CONFAPA Pontevedra e coa celebración do proximo certame das Letras Galegas entre os alumnos dos colexios da zona que esta vez organizará a ANPA de Pontecesures.
Tamén a directiva anunciou a celebración das vindeiras eleccións para elixir os novos cargos, ao esgotarse o mandato de dous anos.
Houbo un longo e animado debate sobre temas de interese para comunidade educativa. Así insisteuse no positivo que sería contar co comedor escolar, engadindo a directiva que o concello debe ser máis dilixente nas tarefas de mantemento do centro e que a institución municipal debe contar máis coa ANPA nas cuestión educativas, como por exemplo, cando hai visitas das autoridades ao colexio.