Reunión da ANPA Infesta do CPI Pontecesures.

A Directiva da ANPA convoca a tódos os pais/nais asociados a unha reunión ordinaria que terá lugar o 12 de febreiro ás 20:15 horas en única convocatoria coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do acta anterior
2. Presentación do estado de contas
3. Informes da presidencia
4. Certame Letras Galegas 2010
5. Renovación da directiva da ANPA
6. Rogos e preguntas

Fuxan os Ventos, coa antiga directora do CPI Pontecesures, Carmen Vázquez na formación, presenta en Vigo “Terra de soños”.

Fuxan

O grupo folk volve aos escenarios vinte anos despois.

O tradicional Concerto de Nadal da Universidade contará este ano coa actuación de Fuxan os Ventos.
O grupo folk volve aos escenarios vinte anos despois, cando tamén cumpre dúas décadas de historia a Universidade de Vigo. Nesta volta ofrecerán o seu novo espectáculo Terra de soños, no que estarán acompañados de música de primeiro nivel como Xabier Díaz, Guardi Galego, Uxía, Rodrigo Romaní, Nova Galega de Danza ou Sabela.
O acto tendrá lugar no centro cultural de Caixanova de Vigo esta tarde a partir das oito e media.

LA VOZ E GALICIA, 16/12/09

Magosto no CPI Pontecesures.

Para recadar fondos para a excursión de 4º da ESO, organízase este Magosto que terá lugar o venres, día 13 de novembro, no patio do CPI Pontecesures.
Dende as 19 horas poderase degustar, por 5 euros, de castañas, ración de empanada, boliño preñado, bebida…e sorpresas.
Haberá colchonetas de balde, é ás 19:30 horas actuará “El Show de los Payasos”.

Cortado un tramo de la rúa Pousa Antelo en Infesta ante la amenaza de caída de un árbol en la calzada.

Está mañana se procedió a cortar el tráfico en esta calle (en la parte próxima a la carretera Pontecesures-Baloira). Un pino de considerables dimensiones de una finca particular amenaza caída, y, por precaución, se adoptó esta medida. Se está a la espera de que visite la zona personal de Telefónica para talar el árbol, ya que dicha tala puede afectar al tendido.
Actualmente los vehículos, incluído el autobús del transporte escolar del CPI Pontecesures, circulan como alternativa, por la pista Cortinallas de Infesta.

O venres, Samaín da ANPA do CPI Pontecesures.

O venres día 30 de outubro terá lugar este Samaín organizado pola ANPA Infesta do CPI Pontecesures.
Ás 18:30 horas no Centro Social comezará a exposición de cabazos ekaborados polos nenos.
A continuación haberá unha curta de teatro a cargo de Iolanda R. Aldrei acompañada dos nenos du grupo de teatro da ANPA.
De seguido terá comezará unha marcha de cabazos e farolillos polas rúas de Pontecesures e ao remate degustarase unha pequena merenda.

Os nenos deberán posuir os carnés da ANPA do presente curso tramitados para facilitar a súa identificación.
Para os socios da ANPA, o acto é de balde.
Para os non socios, nenos ou adultos, o prezo para asistir aos actos é de 2 euros.

Mañá, 20 de outubro, teatro para nenos na biblioteca de Pontecesures.

Ás 10:30 horas da mañá, dentro da campaña “Voces á orella-Bocaberta” e grazas á Secretaría Xeral de Política Linguística, será representada pola compañía “Casa Hamlet” a obra “Ratiña linda”, que ten unha duración aproximada de 40 minutos.
Está prevista á asistencia dos alumnos de Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria do CPI Pontecesures cos seus profesores.
Ao ramate os nenos/as serán agasallados co libro de Bernardino Graña “Ratalinda de Compostela”