Entrevista sobre www.pontecesures.net

Dende hai uns anos temos en Pontecesures una páxina web que nos informa das novas máis importantes do noso concello. Decidimos entrevistar a un dos colaboradores asiduos desta páxina, L.A. Sabariz Rolán.

1. Cando se creou esta páxina web?
Eu creo que foi en novembro de 2005. Mäis ou menos.

2. Quen a creou e con que intención?
Creouna Antonio Cortés que está en Sevilla vivindo. Creouna para dinamizar un pouco as inquedanzas do concello.

3. Que tipo de información mostra a páxina?
El é o administrador, o responsable da páxina, pero voluntariamente a xente vai dando as entradas que lle parecen sobre as novidades do concello: educación, cultura, política, etc. Ademais hai algúns colaboradores. Inténtase facer unha chamada para que todo o mundo poida colaborar e dar novas. Moitas copianse da prensa, e doutras vaste enterando por aí, pola rúa.

4. Con que axudas económicas e humanas conta?
Descoñézoo. Eu creo qeu é unha iniciativa persoal dó de Antonio Cortés. Debe dar algunha cantidade polo servidor. Evidentemente non ten beneficios de ningún tipo, nin sequera ten usos publicitarios.

5. Pódese participar dende fóra algún artigo?
Si, si, naturalmente. Iso sí, haise que inscribir para poñer as entradas e o que queiras. Despois tes un código e podes participar.

6. Como fai para estar ao tanto do que sucede en Pontecesures?
Pola información diaria da prensa, cartas, anuncios nos taboleiros de actuacións e por xente da vila que me informa.

7. Lembra algunha anécdota curiosa relacionada con páxina?
Anécdotas mil, o que pasa é que esta páxina ten unha característica importante que é a participación anónima con cousas sarcásticas, pero non chegamos ao nivel de poñer denuncias porque sabes que cando hai xente anónima sempre pode haber algún tipo de persoas que insultan.

8. Recibiu algunha crítica por esta páxina?
Sí, naturalmente, sobre todo dos ámbitos políticos, porque ás veces din que é “a páxina de Sabariz” pero a páxina non é de Sabariz. Sabariz é un que escribe aí, pero pode escribir quen lle dea a gana, tanto como comentarista como dando entradas. Dicían que ía facer propaganda política, pero eu creo que est á lonxe da miña vontade facer aproveitamento político. A min gústame informar ao cidadán e máis nada. Eu estiven a piques de facer periodismo, fixen dereito ao final. ? un medio que me satisface, por iso o fago.

9. Na páxina web apareceron novas da delincuencia xuvenil en Cesures. Que opinión lle merece isto?
Eu creo que a delincuencia xuvenil, evidentemente, non lle gusta a ninguén. Este tipo de novas sempre son desagradables pero de nada vale tapar a realidade. Non é un problema que se dea en Pontecesures só, vívese en moitos sitios, e tampouco imos falar de que isto sexa un Bronx, non?. Tampouco digo que haxa aquí problemas tódolos días. Hai determinados feitos que se deberían corrixir, pero tampouco imos poñer unha alarma social por isto, eu creo que se dan e o importante é que a xente nova se decate de se pode divertir, pero sen facerlle dano de ningún tipo a ninguén.

Entrevista de Raquel Llerena Morales, Carmen Diz Fernández, Enrique Fernández Vázquez e Yago Baleirón Constantino. 4º ESO A
Revista “Voceiro do Pino Manso” do CPI Pontecesures

As nosas criticas para…

Quixera chamar a atención ante a carencia de instalacións deportivas en Pontecesures para a práctica do tenis. Somos moitos os que temos que desprazarnos a concellos limítrofes para poder practicar este deporte, polo que sería interesante fomentalo dende a Concellería de Deportes.
Non resultaría moi custoso facer unha pista de tenis e permitiría organizar dende aquí campionatos galegos, o que serviría para promocionar este Concello. Asi mesmo facilitaría que saísen grandes deportistas deste concello, como pasa con outros deportes.

Artigo de Alfonso Senín Braña. 4º ESO B
Revista “O voceiro do Pino Manso” do CPI Pontecesures.

Festival da ANPA para clausurar as actividades extraescolares no CPI Pontecesures.

Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.