As tres mesas electorais de Pontecesures estarán no Colexio.

Por segunda vez, as tres mesas electorais para os comicios autonómicos do 1 de marzo, estarán no CPI Pontecesures. O acceso a mesa U, de 706 electores, será pola porta segunda do edificio de secundaria, entrando pola verxa do patio fronte ao Pino Manso. Os electores desta mesa son os de Condide, Couto, Carreiras, Toxa, Grobas, Fenteira, Infesta, Praza de Pontevedra, Paxareira e unha marxe da Avda. de Vigo (dirección Vigo á esquerda).
O acceso á mesa A, será pola primeira porta do edificio de secundaria, entrando tamén pola verxa do patio fronte ao Pino Manso. Ten 912 electores, que son os que corresponden ao resto do municipio, do A ata o G coma inicial do primeiro apelido.
Ten o mesmo aceso a mesa B e está composta por 920 electores (do H ata o Z coma inicial do primeiro apelido).

Alumnos de Cesures en Galiciadixital.

Un grupo de alumnos do CPI Pontecesures visitarán hoxe a exposición Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación. Trátase dunha innovadora mostra permanente interactiva baseada en promocións virtuais e multimedia de primeira liña realizadas en Galicia e na que veñen traballando máis de cen persoas, empresas do eido audiovisual e as universidades galegas. As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmósfera especial, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que o envolven. a sede permanente de Galiciadixital está no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/02/09

Mañá charla aos pais/nais dos nenos da ESO, para falar dos programas de prevención de drogodependencias.

Mañá xoves, día 29 de xaneiro, ás 20:00 horas terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures unha charla cos pais/nais dos alumnos da ESO para falar dos programas de educación para a saúde e prevención de drogodependencias, que ten coma obxectivo a promoción da saúde e a prevención do consumo de tabaco, alcohol e outras drogas na pubertade-adolescencia e está organizado polo Concello de Pontecesures coa colaboración do CPI Pontecesures.

Acto de agradecemento aos colaboradores da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

O grupo de goberno do Concello de Pontecesures, convidou ás persoas que colaboraron coa organización da Cabalgata de Reis 2009 para que asistan ao Centro Social, hoxe martes, día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, a un acto de agradecemento onde servirá un viño.
Hai unhas 60 persoas convidadas, entre as que se atopa a xente que preparou as carrozas (da A.C. Xarandeira, de A Barcarola, da ANPA do CPI Pontecesures, e particulares de xeito desinteresado) outra que colaborou no desfile, e os membros de Protección Civil e da Policía Local de Pontecesures.

Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.

Las clases se impartieron con normalidad en el CPI Pontecesures a pesar de la inundación.

Las consecuencias de la inundación del pasado miércoles fueron menos importantes que las de comienzo de diciembre, tanto en lo que se refiere a daños materiales como a la actividad del centro escolar. No fue necesario alterar la normalidad de las clases puesto que el atasco en la tubería se produjo pasadas las ocho de la tarde. Por fortuna las empleadas de la limpieza se encontraban en el colegio en eses momento y se percataron de lo que ocurría, de modo que pudieron actuar con diligencia y achicar todo el agua.

DIARIO DE AROUSA, 20/12/08