Comeza o programa Proa e o de Educación Familiar.

O luns, 18 de outubro, comeza a desenvolverse este programa da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria concedido este curso ao C.P.I. Pontecesures.
Deste xeito 20 nenos/as (10 de 5º ou 6º de pimaria; e 10 de 1º ou 2º de secundaria) con dificultades académicas avaliadas polos titores dos cursos, van recibir pola tarde clases de apoio e de reforzo nas tarefas escolares, de técnicas de estudo e de orientación escolar en xeral.
Os horarios serán os seguintes:
-Primaria. Os luns e os xoves de 16:45 a 18:45 horas.
-ESO. Os martes e os venres de 16:45 a 18:45 horas.
As clases serán impartidas pola profesora Mª Begoña Castro Rodríguez.
Os nenos/as con dereito a transporte esolar serán desprazados en taxi que afronta a Consellería de Educación, rexeitándose o autobús por razóns de economía.
Considérase este logro de gran importancia para o colexio. Ofertar este tipo de servizos sempre é moi positivo para o centro e para a comunidade educativa do mesmo.

Por outra banda, tamén o Concello de Pontecesures reanudou, dende o día 14 de outubro, o programa de educación familiar. Comunicouse a boa nova ao CPI Pontecesures co fin de realizar un traballo conxunto coordinado pola orientadora do centro, Mª Paz Parajó Gómez. A educadora do concello, Vanesa Autrán, prestará asistencia a unhas 10 familias e a varios nenos máis en materias de todo tipo.

Actividades da ANPA do CPI Pontecesures 2010/2011.

-Punto de Cruz (nenos/as de tódalas idades). 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 no Centro Xuvenil.
-Batuka. 13 euros. Luns 17:00 a 19:00 horas no Centro Social. Farase unha quenda para nenos/as de 5 a 8 anos, e outra para os nenos/as maiores de 8 anos.
-Técnicas de Estudo. 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil (de 6 a 10 anos).
-Tenis (nenos/as maiores de 7 anos) 10 euros. Luns de 19 a 20 horas no pavillón. No caso de formarse un grupo de 10 pais/nais sería da 20:00 a 21:00 horas no pavillón.
-Patinaxe artístico (nenos/as maiores de 4 anos). 15 euros. Martes de 16:00 a 17:00 horas no pavillón.
-Kárate-Defensa Persoal (nenos/as de tódalas idades). 15 euros. Martes de 18:15 a 19:45 horas no ximnasio do colexio. Será obrigatorio o uso do kimono a partires do primeiro mes de proba.
-Baile danza clásica (nenos/nenas maiores de 4 anos). Martes de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. Por baixa maternal da mestra, proximamente se avisará da data de comezo.
-Teatro (tódalas idades). 15 euros. Mércores de 16:00 a 18:00 horas no Centro Social (menores de 6 anos ás 16:00 horas e maiores desa idade ás 17:00 horas).
-Pintura iniciación. (maiores de 6 anos). 12 euros. Mércores de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil.
-Pintura perfeccionamento (maiores de 6 anos). 15 euros. Mércores de 16:30 a 18:00 horas no Centro Xuvenil.
-Piscina. Aproximadamente 23 euros trimestrais.
1ª quenda. Os luns de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
2ª quenda. Os xoves de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
3ª quenda. Os xoves de 17:45 a 18:30 horas. 30 nenos/as.
-Manualidades (tódalas idades). 10 euros. Venres de 16:00 a 17:00 horas no Centro Xuvenil.
-Calceta (tódalas idades). 8 euros. Venres de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. (tamén para papás e mamás).
-Informática (a partir de 7 anos). Venres na tenda Informática Ecomputer de Pontecesures, máximo 10 nenos/as por grupo.
Nenos/as de 10-16 anos, de 16:30 a 17:30 horas.
Nenos/as de 7-9 anos, de 17:45 a 18:45 horas.
Adultos, de 20:30 a 21:30 horas. No caso de facerse grupo, o prezo será de 20 euros/mes.

Será necesario para asistir ás actividades ser socio da ANPA (9 euros/familia) e ter o seguro de accidentes da ANPA (8,50 euros/alumno).

Presentando o carné de socio da ANPA faranse descontos nos seguintes comercios cesureños:
-Academia Daniel
-HC-SPORT
-Librería Adolfo Piñeiro
-Foto Lafuente
-Maxi Euro Cien
-Decoraciónes Sinda
-Ecomputer

O CPI Pontecesures preparado para o comezo do curso escolar.

Practicamente remataron os traballos para que o CPI Pontecesures estea nas mellores condicións o venres, 10 de setembro, para o comezo do curso escolar 2010/2011.
Por parte do Concello de Pontecesures realizouse unha limpeza a fondo dos interiores e dos exteriores do recinto, e pintouse ademais a zona de aparcadoiro na entrada ao edificio administrativo do colexio. Tamen se pintou a fachada do
polideportivo municipal que tamén utilizan os alumnos na actividade lectiva e colocáronse novas portas nesta instalación.
Pola súa parte o centro afrontou o custo da reparación dunha pequena zona danada no solo de madeira do ximnasio do colexio. Hai tempo, a Consellería de Educación arranxou parte da cuberta deste edificio que tiña deficiencias e provocaba pingueiras. Estas filtracións ocasionaron danos na madeira que non foron reparados xunto coa cuberta. Como había problemas para a práctica deportiva (perigo de caidas polo firme irregular) substituise a madeira podre. Agora só queda limpar a fondo a instalación despois da obra, que é unha tarefa que asumirá o concello.

Anuncio sobre as probas de selección do auxiliar administrativo en Pontecesures.

Con data 29 de maio de 2010 a Sra. Alcaldesa ditou a seguinte resolución que literalmente di:

????Rematado o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas selectivas para a cobertura, polo procedemento de oposición libre, dunha praza da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, grupo C, subgrupo C2, incluída na oferta de emprego público deste Concello, pola presente

RESOLVO:

1º.- Declarar admitidos á oposición para a praza de auxiliar administrativo de administración xeral ós seguintes aspirantes:

1. ÁLVAREZ ANGUEIRA, YOLANDA
2. ANDRADE DOMÍNGUEZ, LIDIA
3. BARCIA GONZÁLEZ, SANDRA
4. BARREIRO AMADO, MARTINA
5. BASCUAS SEOANE, FÁTIMA IRIA
6. BLANCO SANTOS, LAURA
7. BOUZ?N TAIBO, NOA Mª
8. BUELA MARTÍNEZ, FRANCISCO JAVIER
9. CAMPA?A POTEL, BEGO?A
10. CANOSA VIEITEZ, LORENA
11. CARRAMAL SILVA, MANUEL
12. CASTI?EIRAS MONDRAG?N, JUAN MANUEL
13. CASTI?EIRAS SUEIRO, PAULA
14. CASTRO AGRASAR, GENMA MARÍA
15. CASTRO PAJARES, CARMEN BEATRIZ
16. CASTRO TORRES, MARIA
17. CIBRÁN FREIRE, RAQUEL
18. CONDE CAMPA?A, INMACULADA
19. COT?N TEMPERÁN, OLGA
20. COUCE CERDEIRA, FÁTIMA
21. COUCE CERDEIRA, Mª ANG?LICA
22. DIESTE VELÁZQUEZ, SERAFÍN
23. DOMÍNGUEZ BUEZAS, MARÍA DOLORES
24. EIMIL PARDO, JORGE
25. ENRIQUE CORDO, CONCEPCI?N
26. FELPETO LAMAS, MARTA
27. FERNÁNDEZ RÍOS, MANUELA
28. FERREIR?S G?MEZ, CARLOS MANUEL
29. FOLGAR ROSENDE, JOSE ÁNGEL
30. FONTÁN FORNO, PAULA MARÍA
31. FREIRÍA OLIVEIRA, FRANCISCO
32. GANDOY FERNÁNDEZ, MONSERRAT
33. GARCIA DIOS, MARIA PILAR
34. GARCÍA SABORIDO, EVA
35. GONZÁLEZ BLANCO, ANA ISABEL
36. GONZÁLEZ OUBEL, ANA ISABEL
37. GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, OLALLA
38. GONZÁLEZ SILVA, MARÍA TERESA
39. GUTI?RREZ PAZ, BÁRBARA
40. IGLESIAS PIEDRAFITA, SOFÍA
41. LEIRO POZA, SILVIA
42. LEMOS AMENEIRO, ISABEL LOURDES
43. LI?ARES RIBALLO, PATRICIA
44. LOBATO LIMERES, MARIA DE LOS ÁNGELES
45. L?PEZ MATO, PATRICIA
46. LUSQUI?OS REGUERA, MILAGROS
47. MU?IZ SOTELO, VER?NICA
48. NANTES TORRES, MONTSERRAT
49. ORD??EZ MARTÍNEZ, CONSUELO
50. PADÍN PREGO, ARACELI
51. PAMPÍN FONTÁN, TAMARA
52. PARDILLA GAGO, RAQUEL
53. PASCUAL BORREGO, MARTA
54. PASTORIZA LINO, SHEILA
55. PEDRIDO FEANS, JOSE ANTONIO
56. PE?N QUINTAS, CRISTIAN
57. P?REZ CARRERA, MARÍA CARMEN
58. P?REZ DÍAZ, JONATAN
59. PICO BOUZA, NATALIA MARÍA
60. PI?EIRO OTERO, ALBERTO
61. POCEIRO ALVARI?A, MARIA JES?S
62. PORTAS FIGUEIRA, BEATRIZ
63. QUINTÁNS ACU?A, MARIA JOS?
64. QUINTÁNS GRA?A, MARÍA DEL CARMEN
65. RA?AL VILLAR, REBECA
66. REFOJO REY, SIM?N
67. REY CASTI?EIRAS, ROSA MARÍA
68. RÍO RIAL, MARÍA JOS?
69. RIVAS CASTRO, SUSANA
70. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M?NICA
71. RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, MANUEL JOSE
72. RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, YOLANDA
73. RODRÍGUEZ PI?EIRO, Mª SALOM?
74. RODRÍGUEZ TORRES, JAVIER
75. ROMERO FABEIRO, ELENA
76. SÁNCHEZ GONZÁLEZ, LIDIA Mª
77. SANDE FERREIRO, NEREA
78. SANROMAN FONTELA, MONTSERRAT
79. SERRANO RODRÍGUEZ, ANDREA
80. SOBRIDO REGUEIRA, Mª DEL CARMEN
81. SOBRINO GONZÁLEZ, NOELIA
82. SORRIBAS BRENES, VER?NICA
83. SOUTO P?REZ, RENA
84. TOUCEDA FONTÁN, SANTIAGO
85. VALVERDE CARBALLO, MARÍA CARMEN
86. VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, NURIA ISABEL
87. VÁZQUEZ N??EZ, MARIA LUISA
88. VÁZQUEZ RUBIANES, EMILIO
89. VÁZQUEZ TUBÍO, TANIA
90. VÁZQUEZ VÁZQUEZ, NURIA
91. VERDE PRIETO, M?NICA
92. VIDAL COIRA, MARCOS
93. VILA RUBIANES, RAQUEL
94. VILLAMARÍN MARTINEZ, Mª DOLORES

2º.- Designar o tribunal calificador que estará integrado polos membros seguintes:

– Presidente: Titular: D. Adamantino Barreiro García. Suplente: Dª. Mª del Carmen Merino Moina. Ambos funcionarios de carreira da administración local con habilitación de carácter nacional.

– Secretaria: Titular: Dª. María Trinidad Rodríguez Suárez. Suplente: Dª. Margarita Mariño Pérez. Ambos funcionarios de carreira da administración local con habilitación de carácter nacional.

Vogais:

– Titular: D. José Ramón Pose Barrigón. Suplente: Dª. Elena Reboredo Fernández. Ambos funcionarios de carreira da administración local con habilitación de carácter nacional.

– Titular: D. Serafín Abal Novoa. Suplente: Dª. Mª Teresa Pérez Benito. Ambos funcionarios de carreira da administración local.

– Titular: D. Ricardo L. Campos Saborido. Suplente: Dª. Mª Cruz Limeres Freire. Ambos funcionarios de carreira da administración local.

3º.- Convocar ós aspirantes á realización do primeiro exercicio o día 22 de xuño, ás 17,30 horas, no CPI Pontecesures (rúa Avelino Pousa Antelo nº 2), debendo presentarse co Documento Nacional de Identidade.??

Mellora da instación eléctrica no polideportivo cesureño.

O cadro eléctrico do pavillón municipal está a dar problemas cando se acende a iluminación do recinto. Hai bastantes “chispazos” que preocupan, e así no día de onte vai comezar a obra de substitución da cadro na súa totalidade que levará a cabo Doselco Electricidade. Tamén serán substituídos varios puntos de luz na pista de xogo que se atopan afundidos.

Por outra banda, tamén hai que dicir que foi trasladado o cadro de alumeado público que se atopaba na fachada do pavillón de dá ao camiño. Estaba deteriorado, e ademais entorpecía a obra de construción do ximnasio e dos vestiarios que está a realizar o obradoiro de emprego “Pontecesures II”. Isto motivou que agora o punto de luz fora colocado á entrada do corredor que vai ata a porta do pavillón entre o edificio e o patio escolar do CPI Pontecesures. Deste xeito queda mellor alumeada a zona de saída e entrada do polideportivo.

Jacobo Fernández imparte un taller de cómic en la biblioteca de Pontecesures.

Hoxe mércores, 28 de abril, ás 17:00 horas e dentro deste programa cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Pontecesures, terá lugar na Biblioteca Municipal de Pontecesures un obradoiro de banda deseñada, dirixido por Jacobo Fernández Serrano, e destinado aos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Pontecesures.

Neste obradoiro repasaranse algúns dos elementos da linguaxe do cómic e a posta en marcha destes elementos debuxando unha páxina.

O Concello de Pontecesures quere potenciar esta serie de actos educativos na biblioteca municipal da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.

Sae o anuncio de licitación para a contratación das obras do albergue de peregrinos de Pontecesures.

A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI) ven de publicar un anuncio de licitación para a contratación das obras de 5 albergues de peregrinos entre eles o de Pontecesures que estará situado onde se atopan as antigas escolas de mestres, a carón do CPI Pontecesures.

O orzamento da obra é de 371.936,57 euros (que son afrontados pola administración autonómica na súa totalidade), o prazo de execución é de 6 meses e o contratista debe estar clasificado no grupo C, subgrupo 4, categoría d.

O prazo de presentación de ofertas remata o 13 de maio ás 12 horas e as propostas económicas serán abertas o 15 de xunio de 2010 na Sala de Xuntas do SPI en Santiago.

O goberno local quere expresar a súa satisfacción pola aprobación do expediente de contratación da obra, esperando que o albergue de peregrinos sexa unha realidade canto antes.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.