O CPI Pontecesures preparado para o comezo do curso escolar.
Practicamente remataron os traballos para que o CPI Pontecesures estea nas mellores condicións o venres, 10 de setembro, para o comezo do curso escolar 2010/2011.
Por parte do Concello de Pontecesures realizouse unha limpeza a fondo dos interiores e dos exteriores do recinto, e pintouse ademais a zona de aparcadoiro na entrada ao edificio administrativo do colexio. Tamen se pintou a fachada do
polideportivo municipal que tamén utilizan os alumnos na actividade lectiva e colocáronse novas portas nesta instalación.
Pola súa parte o centro afrontou o custo da reparación dunha pequena zona danada no solo de madeira do ximnasio do colexio. Hai tempo, a Consellería de Educación arranxou parte da cuberta deste edificio que tiña deficiencias e provocaba pingueiras. Estas filtracións ocasionaron danos na madeira que non foron reparados xunto coa cuberta. Como había problemas para a práctica deportiva (perigo de caidas polo firme irregular) substituise a madeira podre. Agora só queda limpar a fondo a instalación despois da obra, que é unha tarefa que asumirá o concello.
0 comentarios