Chegan ao CPI Pontecesures os ordenadores do programa ABALAR.

O martes pasado foron subministrados ao CPI Pontecesures os ordenadores deste programa que se van colocar nas aulas de 5º de educación primaria e 1º da ESO.
Hoxé, 28 de outubro, serán instalados os equipos en red por técnicos dependentes da Consellería de Educación.
Lémbrase que o colexio de Pontecesures fixo un forte investimento hai meses para preparar a instalación eléctrica do centro co fin de poder desenvolver este programa nas aulas.
Co desenvolvemento neste curso do programa PROA dirixido ao reforzo para os alumnos con problemas educativos, e con este ABALAR centrado na informática, o CPI Pontecesures para este curso 2010/2011 da un paso importante para o formación do seu alumnado.

Comeza o programa Proa e o de Educación Familiar.

O luns, 18 de outubro, comeza a desenvolverse este programa da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria concedido este curso ao C.P.I. Pontecesures.
Deste xeito 20 nenos/as (10 de 5º ou 6º de pimaria; e 10 de 1º ou 2º de secundaria) con dificultades académicas avaliadas polos titores dos cursos, van recibir pola tarde clases de apoio e de reforzo nas tarefas escolares, de técnicas de estudo e de orientación escolar en xeral.
Os horarios serán os seguintes:
-Primaria. Os luns e os xoves de 16:45 a 18:45 horas.
-ESO. Os martes e os venres de 16:45 a 18:45 horas.
As clases serán impartidas pola profesora Mª Begoña Castro Rodríguez.
Os nenos/as con dereito a transporte esolar serán desprazados en taxi que afronta a Consellería de Educación, rexeitándose o autobús por razóns de economía.
Considérase este logro de gran importancia para o colexio. Ofertar este tipo de servizos sempre é moi positivo para o centro e para a comunidade educativa do mesmo.

Por outra banda, tamén o Concello de Pontecesures reanudou, dende o día 14 de outubro, o programa de educación familiar. Comunicouse a boa nova ao CPI Pontecesures co fin de realizar un traballo conxunto coordinado pola orientadora do centro, Mª Paz Parajó Gómez. A educadora do concello, Vanesa Autrán, prestará asistencia a unhas 10 familias e a varios nenos máis en materias de todo tipo.

Actividades da ANPA do CPI Pontecesures 2010/2011.

-Punto de Cruz (nenos/as de tódalas idades). 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 no Centro Xuvenil.
-Batuka. 13 euros. Luns 17:00 a 19:00 horas no Centro Social. Farase unha quenda para nenos/as de 5 a 8 anos, e outra para os nenos/as maiores de 8 anos.
-Técnicas de Estudo. 12 euros. Luns de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil (de 6 a 10 anos).
-Tenis (nenos/as maiores de 7 anos) 10 euros. Luns de 19 a 20 horas no pavillón. No caso de formarse un grupo de 10 pais/nais sería da 20:00 a 21:00 horas no pavillón.
-Patinaxe artístico (nenos/as maiores de 4 anos). 15 euros. Martes de 16:00 a 17:00 horas no pavillón.
-Kárate-Defensa Persoal (nenos/as de tódalas idades). 15 euros. Martes de 18:15 a 19:45 horas no ximnasio do colexio. Será obrigatorio o uso do kimono a partires do primeiro mes de proba.
-Baile danza clásica (nenos/nenas maiores de 4 anos). Martes de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. Por baixa maternal da mestra, proximamente se avisará da data de comezo.
-Teatro (tódalas idades). 15 euros. Mércores de 16:00 a 18:00 horas no Centro Social (menores de 6 anos ás 16:00 horas e maiores desa idade ás 17:00 horas).
-Pintura iniciación. (maiores de 6 anos). 12 euros. Mércores de 16:30 a 17:30 horas no Centro Xuvenil.
-Pintura perfeccionamento (maiores de 6 anos). 15 euros. Mércores de 16:30 a 18:00 horas no Centro Xuvenil.
-Piscina. Aproximadamente 23 euros trimestrais.
1ª quenda. Os luns de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
2ª quenda. Os xoves de 17:00 a 17:45 horas. 30 nenos/as.
3ª quenda. Os xoves de 17:45 a 18:30 horas. 30 nenos/as.
-Manualidades (tódalas idades). 10 euros. Venres de 16:00 a 17:00 horas no Centro Xuvenil.
-Calceta (tódalas idades). 8 euros. Venres de 17:00 a 18:00 horas no Centro Xuvenil. (tamén para papás e mamás).
-Informática (a partir de 7 anos). Venres na tenda Informática Ecomputer de Pontecesures, máximo 10 nenos/as por grupo.
Nenos/as de 10-16 anos, de 16:30 a 17:30 horas.
Nenos/as de 7-9 anos, de 17:45 a 18:45 horas.
Adultos, de 20:30 a 21:30 horas. No caso de facerse grupo, o prezo será de 20 euros/mes.

Será necesario para asistir ás actividades ser socio da ANPA (9 euros/familia) e ter o seguro de accidentes da ANPA (8,50 euros/alumno).

Presentando o carné de socio da ANPA faranse descontos nos seguintes comercios cesureños:
-Academia Daniel
-HC-SPORT
-Librería Adolfo Piñeiro
-Foto Lafuente
-Maxi Euro Cien
-Decoraciónes Sinda
-Ecomputer

No CPI Pontecesures vaise desenvolver o Plan de Reforzo Orientación e Apoio (PROA) neste curso.

Con satisfacción foi recibida no colexio esta boa nova comunicada pola Xunta de Galicia. Así durante as tardes dos luns, martes, xoves e venres. (de 16:30 a 18:30 horas) un profesor contratado pola Consellería de Educación impartirá clases de apoio, reforzo e hábitos de estudo a nenos/nenas de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO con dificultades de aprendizaxe. Serán os titores destes cursos os que seleccionen a estes alumnos, e os pais/nais deberán comprometerse para que os seus fillos asistan a estas clases. Terán transporte escolar gratuito os nenos/nenas que teñen dereito a este servizo nas clases de mañá en función da distancia ao seu domicilio.

O colexio está a realizar a correspondente tramitación baixa a coordinación da orientadora do centro e nun principio está prevista que asistan ás clases uns 10 alumnos de primaria e outros 10 de secundaria.

Ofertar este servizo das clases de tarde aos nenos con dificultades e un logro moi importante para o centro e para os seus alumnos. Potenciase así o CPI Pontecesures para beneficio de todos.

O CPI Pontecesures preparado para o comezo do curso escolar.

Practicamente remataron os traballos para que o CPI Pontecesures estea nas mellores condicións o venres, 10 de setembro, para o comezo do curso escolar 2010/2011.
Por parte do Concello de Pontecesures realizouse unha limpeza a fondo dos interiores e dos exteriores do recinto, e pintouse ademais a zona de aparcadoiro na entrada ao edificio administrativo do colexio. Tamen se pintou a fachada do
polideportivo municipal que tamén utilizan os alumnos na actividade lectiva e colocáronse novas portas nesta instalación.
Pola súa parte o centro afrontou o custo da reparación dunha pequena zona danada no solo de madeira do ximnasio do colexio. Hai tempo, a Consellería de Educación arranxou parte da cuberta deste edificio que tiña deficiencias e provocaba pingueiras. Estas filtracións ocasionaron danos na madeira que non foron reparados xunto coa cuberta. Como había problemas para a práctica deportiva (perigo de caidas polo firme irregular) substituise a madeira podre. Agora só queda limpar a fondo a instalación despois da obra, que é unha tarefa que asumirá o concello.