Celebrouse o venres, 12 de febreiro a asemblea da ANPA do CPI Pontecesures.

Só seis asociados asistiron á asemblea da ANPA que se celebrou na biblioteca do CPI Pontecesures. Como tamén había outros seis directivos, pódese dicir que a reunión foi case en familia.
Por unanimidade aprobouse a acta anterior, as contas, e a suba da cota da ANPA que pasará a ser de 9 euros por familia.
A presidenta explicou temas relacionados co seguro, coa pertenza da ANPA a CONFAPA Pontevedra e coa celebración do proximo certame das Letras Galegas entre os alumnos dos colexios da zona que esta vez organizará a ANPA de Pontecesures.
Tamén a directiva anunciou a celebración das vindeiras eleccións para elixir os novos cargos, ao esgotarse o mandato de dous anos.
Houbo un longo e animado debate sobre temas de interese para comunidade educativa. Así insisteuse no positivo que sería contar co comedor escolar, engadindo a directiva que o concello debe ser máis dilixente nas tarefas de mantemento do centro e que a institución municipal debe contar máis coa ANPA nas cuestión educativas, como por exemplo, cando hai visitas das autoridades ao colexio.

Rouban uns 70 metros lineais do peche da madeira do antigo vertedoiro de lixo de Pontecesures.

En 2003 selouse o vertedoiro de lixo de Pontecesures situado no paraxe de Galiñeiro (monte municipal) e construeuse un vistoso valado de madeira de pouca altura en todo o perímetro do antigo vertedoiro. Dentro do mesmo foron plantadas diversas especies árboreas, incluso polos nenos/as do CPI Pontecesures no día da árbore coma actividade formativa. Tamén nunha zona próxima foi rehabilitado, hai uns tres anos, o miradoiro do Galiñeiro que ten un importante interese paisaxístico.

Pois ben; na mañá de hoxe persoal municipal comprobou que faltaban uns 70 metros dos madeiros horizontais do peche. Sorprendentemente o descoñocido ou descoñecidos cortaron cunha motoserra os tramos de 2 ou 2,50 metros e leváronnos do lugar nalgún medio de transporte. Deixaron os apoios verticais, tamén de madeira, e as unións destes cos madeiros horizontais.

Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil de Valga esta mañá e nas vindeiras horas vaise presentar a correspondente denuncia logo de facer a valoración exacta do dano causado á institución municipal. Faise un chamamento a calquera veciño que poida facilitar algún dato ou pista sobre os autores do roubo, que se poña en contacto co concello.

Reunión da ANPA Infesta do CPI Pontecesures.

A Directiva da ANPA convoca a tódos os pais/nais asociados a unha reunión ordinaria que terá lugar o 12 de febreiro ás 20:15 horas en única convocatoria coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do acta anterior
2. Presentación do estado de contas
3. Informes da presidencia
4. Certame Letras Galegas 2010
5. Renovación da directiva da ANPA
6. Rogos e preguntas