Así foi a gala do 70 aniversario da orquestra Los Satélites.

Extracto do artigo do cesureño Daniel Seijas Llerena. “Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 22/11/09

Hoxe no día de Santa Cecilia, ou Santa Icía, patrona dos músicos, é bo momento para falar de música e para seguir narrando o acontecer sobre a emocionante Gala 70 aniversario de Los Satélites, celebrada na noite do 6 de novembro no ateigado Teatro Colón da Coruña.
Tan sinalada ocasión aproveitouse para entregar unha placa ao xefe, Francisco Javier Saavedra Ces, natural de Taragoña, por parte de Isidoro Valerio de Radiovoz, para acreditalos como gañadores do concurso no que os oíntes elixían a mellor canción do verán 2009, que ven sendo unha versión do tema “Gaviotas de Santa Marta” do colombiano Jorge Villamil. A dita composición fora gravada tamén pola desaparecida orquestra “Os Breogáns” da Coruña, en 1984, cos arranxos de José Ramón Sierra.
A intensidade ía aumentando, e os atronadores e sinceiros aplausos do público alí presente eran constantes. Comezaron os acordes de “New York, New York” de Frank Sinatra, e no palco apareceu outro dos grandes cantantes, o salmantino Lenny Principal, que entrara na orquestra nos 90, nun momento de cambios na formación para adaptarse aos tempos. Sen embargo a xente estaba algo inqueda, algo estrañada, faltaba aínda algo, estábase facendo esperar alguén, faltaba a sorpresa. Sae Isabel “a rubia dos Satélites” cantando o precioso bolero “Como pasan los años”, e entón de sorpresa, aparece unha voz que marcou toda unha época..o gran Sito Sedes, para cantar da dúo, vocalista quke iniciara a súa andaina nesta orquestra en 1969, permanecendo en ela 12 inesquecibles anos. Sito quedou despois no escenario para cantar clásicos inmortais que tantos éxitos deron a orquestra nos 70, cando da man de Pepe “Fixoi”, saxofonista dos Billos Caracas Boys, que xa tiña nos Satélites o seu irmán Luis “Fixoi” de baterista, trouxera do Caribe novos temas para Los Satélites, cos cales decidiron gravar, pagando a propia orquestra en Madrid, en 1975 o disco, que despois de 2 anos chegaría a obter, nin máis nin menos, que o galardón de Disco de Ouro. Cando Sito Sedes interpretou o bolero “Triste Papel”, parecía como se o tempo se detivese naquel intre…”que soledad, inmensa soledad, que invade el alma mía…” que do xeito e o sentimento co que o pronuncia Sito, son palabras maiores. Logo viñeron outros temas verbeneiros, que fixeron “sufrir” aos que estaban sentados, dado que o ritmo incitaba a levantarse dos asentos e bailar. Estou a falar das cancións máis bailarinas daquel primeiro disco de Los Satélites, que foran tamén éxitos da orquestra colombiana “Los Hispanos” de Medellín co seu vocalista Rodolfo Aicardi con discos de 1969, cos temas “Papá y Mamá” e “Papelito Blanco”, tema que ademais cantara un ano antes o dominicano Johnny Ventura xunto con “Salve sabrosa (Pégale duro Ramón), e que no Teatro Colón voltouse a escoitar coa voz de Sito Sedes.
Para ir rematando a Gala aínda faltaba unha sorpresa máis. O estreno do tema “70 aniversario”, composto por Paco Lodeiro e Gastón Rodríguez, e que cantaron conxuntamente os actuais e os antigos vocalistas da orquestra. E coma colofón, tampouco podía faltar outro dos temas que catapultaron á orquestra, “El Jardín (chiquita linda)”, cantado a dúo entre Sito Sedes e o venezolano Eric Hidalgo, incrible cantante, colmado dunhas dotes excepcionais, que cada vez que nunha verbena interpreta un tema complicado, deses nos hai que ter moita técnica, moito peito e moito control do aire, deixa sempre abraiado ao público que acude ao campo da festa a disfrutar dunha actuación de Los Satélites.
Este grande evento quedará gravado, como unha grata lembranza, nas persoas que tiveron a oportunidade de asistir aínda que proximamente editarase un DVD da gala e espérase que se emita na TVG.

Los Satélites é toda unha istitución musical no noso país, que pasa por ser unha das formacións musicais máis antigas en funcionamento, xunto coa Compostela, que este ano cumpriu 90 anos e a coruñesa Mallo (Juan), que o ano que ven fará 80 anos de existencia sobre os escenarios. Coma escudo o planeta Saturno, e coma cor o branco na súa vestimenta, dende a súa formación, Los Satélites voltaron a amosar porque tiveron tanto éxito no pasado, e sobre todo deixaron patente porque segue sendo considerada, por moitos, a mellor orquestra de Galicia. Feito que tamén certificaron, hai unhas 3 semanas, os oíntes do programa galego de orquestras “Palco de Estrellas”, que un servidor presenta en Radio Valga, elixíndoa coma mellor orquestra galega ou a que máis gustou en 2009, ademais de escoller coma mellores cantantes a Eric Hidalgo e Alma Beatriz, Non sei, algo terán Los Satélites para levar tantas décadas na elite musical das orquestras galegas e españolas, e seguir conservando ese estilo propio. Alvarito Pita, ex vocalista da orquestra, de 84 anos de idade, o resumía con estas verbas: “Comparo os Satélites con dous equpos grandiosos, o Madrid e o Barcelona, os qeu son bos xogadores van para eles, e nos Satélites pasa igual, os bos músicos para eles”.

Un entorno cheo de agua doce.

Carc

Os nenos de Carcacía pasaron a tarde de onte en contacto coa natureza no Xirimbao.

Os alumnos da escola de Carcacía, no municipio de Padrón, poñen en valor os espazos fluviais de Ulla-Deza para apreciar e saber conservar a súa biodiversidade

O alumnado da Escola de Educación Infantil e Primaria de Carcacía, no concello de Padrón, converteuse onte nun gran equipo de investigadores da natureza dentro da primeira saída medioambiental enmarcada no programa Voz Natura, que organiza a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, Leche Celta, Cabreiroá e a Fundación Gómez Franqueira.
Ademais de continuar co traballo do curso pasado para habilitar unha horta, un viveiro e un xardín no entorno da escola, este ano o proxecto enriquécese con actividades encamiñadas a redescubrir dúas zonas naturais próximas ao centro educativo: o Xirimbao, no municipio veciño de Teo, e o Areeiro. A finalidade é a de coñecer e valorar a biodiversidade dos sistemas de auga doce, neste caso o fluvial Ulla-Deza, ao seu paso por esta parroquia de Padrón.
Ataviados con botas de goma e abrigados, os doce nenos de Infantil e os doce de Primaria da escola de Carcacía, acompañados polas dúas mestras e varias nais, pasaron a tarde de onte no Xirimbao, onde tiveron moito traballo por diante para coñecer a biodiversidade do lugar, que onte era unha auténtica postal de outono.
Divididos en equipos e cun encargado por cada un, os nenos tiveron que facer varias tarefas das que ían deixando constancia nun caderno de traballo, coma os auténticos investigadores. Primeiro foi escoitar a natureza de modo que todos oíron, máis ou menos, os mesmos sons: o «río Ulla», «paxaros», «o vento», as súas propias voces e ata «follas ao pisar» e mesmo «ao caer». Despois tocou recoller follas de castiñeiro e o certo é que os rapaces deberon atender ben as explicacións previas que lles deron as mestras, porque souberon identificalas moi ben polos seus trazos dentados e polos nervios. Tamén recolleron outro tipo de follas antes de comprobar se na zona do Xirimbao había animais e cogomelos, así como se había lixo tirado ou é un área ben coidada.
Pais e nais
Esta actividade sérvelles, ademais, para continuar outra que teñen comezado dentro da escola, a representación dun castiñeiro e dun souto. Non obstante, a finalidade última do proxecto co que participa este ano a escola de Carcacía no programa Voz Natura, que conta coa colaboración da asociación de pais e nais, é a representación no patio escolar do ecosistema do val fluvial do Ulla, cun estanque e con diversas especias representativas da súa flora e fauna. Para isto último conta, ademais, coa axuda do Concello de Padrón.
Asimesmo, outra parte non menos importante do proxecto dos nenos de Infantil e Primaria de Carcacía é o blog que puxo en marcha a escola e que permite ao pais coñecer todas as actividades que realizan os seus fillos e mesmo facer aportacións.
Despois da saída ao Xirimbao, queda pendente a do Areeiro aínda que esta será na primavera xa que os nenos teñen que ir a pe. Neste caso, está prevista a recollida de pedras e de especies autóctonas para despois plantalas no entorno do estanque, coa autorización do Distrito Forestal IV do Barbanza.

LA VOZ DE GALICIA, 20/11/09

El Concello de Valga ya cuenta con un campo de golf de 9 hoyos compartido con el de A Estrada.

Muy pocos valgueses sabían ayer que ya pueden jugar al golf sin salir del municipio. Por ahora además no tendrán que federarse ni que asociarse al club creado en torno a dichas instalaciones. El campo y los hoyos ocupan en su mayor parte territorio municipal, pero con espacios que pertenecen a la zona de Requián (Frades), en el vecino concello de A Estrada.
El club As Brañas Golf fue creado hace poco tiempo gracias a la iniciativa de Santiago Tarrío, un aficionado a este deporte o entretenimiento, nacido en Lavacolla, y vecino en la actualidad de Rois.
Este hombre logró la cesión de una amplia superficie en la zona de Valga que limita con A Estrada, además de un espacio común en territorio estradense.
El club y el nuevo campo de golf de Valga tendrán la próxima semana todas las certificaciones y permisos de la Federación de Golf, lo que permite a dicho terreno estar incluido entre los más de treinta que ya existen en Galicia de forma oficial, y que pueden acoger todo tipo de competiciones.
Podrán utilizarlo todos los jugadores federados, así como los miembros de las familias que se integran ya en el club. Con la inauguración se abrirá además la posibilidad de que curiosos y vecinos en general se apunten a los cursos de iniciación y aprendizaje, para lo que no será preciso que se federen antes ni que se hagan socios.
En cuanto a las familias que se han sumado al club, Santiago Tarrío indicaba ayer que muchas son de Valga, aunque también figuran otras de los municipios limítrofes y de esta zona fronteriza entre Pontevedra y A Coruña.
Características del campo
Situado en la ladera del monte Xesteiras, ocupa una superficie total de doce hectáreas. Tiene nueve hoyos de par 3, con una media de longitud de 150 metros. Dispone también de puttin green y un campo de prácticas de 300 metros, que se utiliza ya para las actividades de la escuela de golf, sin necesidad de federarse previamente.
El promotor tuvo que invertir casi 300.000 euros en el desarrollo de su idea. El uso de las instalaciones tendrá un precio que variará según acudan socios o federados externos, y en función de otros condicionantes.

LA VOZ DE GALICIA, 19/11/09

En Valga o Centro de Dinamización formou a 39 persoas durante o mes de outubro.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a través da aula de informática do Auditorio Municipal de Valga, formou durante o mes de outubro a un total de 39 persoas, que foron as que participaron nos sete obradoiros de novas tecnoloxías que se realizaron nese período e que tiveron unha duración global de 46 horas.
As actividades formativas que se realizaron no pasado mes estiveron relacionadas co manexo do rato e do teclado ­temática que centrou tres cursos­, iniciación á informatica ­con outros tres obradoiros­ e aprender a crear e utilizar unha conta de correo electrónico. Ademais, quince persoas inscribíronse en outubro como novos usuarios da rede para poder acceder de xeito gratuito á súa aula aberta, que foi utilizada nun total de 332 ocasións.

DIARIO DE AROUSA, 18/11/09

Presentada a oferta de emprego para contratar un auxiliar administrativo para o obradoiro de emprego de Pontecesures.

Requisitos xerais dos aspirantes:
-Non padecer enfermidade ou defecto fisico que impida o normal desempeño das funcións.
-Estar en condicións de se incorporar ao posto na data de inicio do proxecto formativo.
-Comprometerse activamente no adecuado desenvolvemento do proxecto formativo, como medida activa de fomento de emprego.

Requistos preferentes:
Experiencia profesional de 12 meses como administrativo ou auxiliar administrativo (nos últimos 5 anos) coa titulación de técnico superior ou equivalente na familia da administración.
De non obter candidatos coa titulación sinalada o requisito mínimo será 24 meses de experiencia profesional como administrativo ou auxiliar administrativo (nos últimos 5 anos).
A posesión destes requisitos condicionará a admisión dos candidatos ó proceso selectivo, polo que non poderán ser obxecto de valoración posterior en ningunha das fases selectivas a desenvolver.

O ámbito xeográfico da sondaxe da oficina de emprego será o municipio de Pontecesures.

A oficina de emprego de Vilagarcía remitirá un mínimo de 4 candidatos e un máximo de 6. Estes serán convocados para que presenten a documentación administrativa acreditativa dos seus méritos. A lista de candidatos será publicada o 12 de xaneiro de 2010 indicando o lugar e hora da entrevista.

Logo, o sistema de selección polo grupo de traballo mixto consistirá na primeira fase de valoración de méritos, e dunha derradeira de entrevista persoal.

Méritos que se valorarán:
Experiencia profesional, puntuación máxima 5,4 puntos.
a) Experiencia en posto de traballo de administrativo en escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego: 0,6 puntos por cada 6 meses ata un máximo de 4 puntos.
b) Experiencia en posto de traballo de administrativo en empresas ou entidades públicas ou privadas: 0,5 puntos por cada 6 meses ata un máximo de 4 puntos.

Formación complementaria en informática, puntuación máxima 2 puntos:
-De 20 a 49 horas lectivas: 0,05 puntos.
-De 50 a 99 horas lectivas: 0,10 puntos.
-De 100 ou máis horas lectivas: 0,50 puntos.
Os cursos deben estar relacionados coas funcións a realizar e feitos nos derradeiros 5 anos.

Cursos realizados, puntuación máxima 2 puntos:
A mesma puntuación por horas do apartado anterior, e coas mesmas condicións.

Coñecemento do galego, puntuación máxima 0,5 puntos:
Iniciación: 0,10 puntos.
Perfeccionamento: 0,25 puntos.
Outra titulación superior: 0,5 puntos
De ter máis dun curso só se valora o superior.

Fase da entrevista persoal:
Pasarán a ela os catro candidatos que obteñan a maior puntuación na valoración dos méritos, aínda que poderá incrementarse polo equipo de selección.
Na fase de entrevista poderase realizar aos candidatos unha comprobación práctica dos coñecementos informáticos.
Esta fase non ten carácter eliminatorio e a puntuación máxima que se pode acada é a de 3,5 puntos.

A suma da fase de concurso coa da entrevista, determinará o candidato seleccionado.

El Concello de Pontecesures cobrará 13.792 euros a las empresas de telefonía movil.

El pleno de Pontecesures celebrado ayer aprobó, por unanimidad, la tasa por la utilización privativa o aprovechamiento especial del dominio público por las empresas que explotan los servicios de telefonía móvil.
En la propia tasa va calculada la base imponible teniendo en cuenta los informes de la Comisión Nacional de Telecomunicaciones y el número de habitantes del municipio. El Concello espera poder recaudar por este concepto 13.792 euros, «sen dúbida unha cantidade importante nestes momentos de dificultade para as facendas municipais», según señala el concejal de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz.
En el pleno también se acordó, por unanimidad, delegar en el servicio del ORAL, de la Diputación de Pontevedra, la inspección, la liquidación y la recaudación de esta tasa, ante la dificultad que entraña su gestión, según alegan desde el Concello.
Sabariz agradeció ayer el apoyo de la oposición a la aprobación de esta tasa que fue tramitada por la vía de urgencia, por cuestiones de plazos y publicaciones. «O goberno local está a facer un esforzo para potenciar os recursos do Concello», concluye Sabariz.

LA VOZ DE GALICIA, 14/11/09