Exponen las listas del Censo Electoral hasta el 28 de enero.

Los vecinos de Pontecesures podrán consultar a partir del lunes y hasta el 28 de enero las listas del Censo Electoral para que puedan presentarse alegaciones. Desde el gobierno local recomiendan comprobar este listado, sobre todo a los grupos de ciudadanos que puedan verse más afectados por un posible errror, como las personas que cumplieron recientemente los 18 años o quienes cambiaron de domicilio en los últimos meses. Las elecciones generales del 9 de marzo serán las primeras en que todas las mesas de la villa se concentren en el colegio de Infesta, después de que se autorizara el traslado a este centro escolar de la mesa que se ubicaba en el Club Juvenil.

O temporal está a causar danos en Pontecesures.

Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo «verde»), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.

As tormentas, as fortes choivas e o vento da última noite provocaron pequenos danos.

As inclemencias do tempo provocaron que un trozo do valado de madeira de peche da obra do promotor Ramón Taibo na rúa Patifas caíra derrubado.Tamén veuse abaixo a terraza de madeira con cubrición que tiña a Cafetaría C’est La Vie na rúa Rosalía de Castro.
Por último, entrou auga polo Camiño de San Xulián no aparcadoiro do edificio onde se atopa o Supermercado Moldes (aparcadoiro de particulares).

O tren que descarrilou hoxe era o que debía saír da Estación de Pontecesures ás 7,59 horas para Vigo.

Trátase dun tren R-598 (coñécense como «os patos» pola forma dos convois de cabeza e cola) e saiu de Santiago ás 7,37 horas, parou en Padrón ás 7,56, pero descarrilou a uns 25 metros da estación de Pontecesures (nin sequera chegou a cabeza ó andén).

No tren ían 29 pasaxeiros máis o interventor e o maquinista e non houbo dano algún para ninguén. Despois da consulta a todos eles, decidiron esperar dentro dos vagóns uns 50 minutos ata que foron recollidos polo seguinte tren. Esperando na estación de Pontecesures, para ir cara a Vilagarcía ou a Vigo, había unhas catro ou cinco persoas.

O tren descarrilado, sen apenas danos aparentes, permanece na zona da vía entre a Estación e o paso que vai por baixo da Estrada Nacional N-550, e o tráfico ferroviario funciona con normalidade xa que o descarrilamento afectou só a unha das vías continuando a outra expedita.

Por parte de ADIF estánse a recoller todo tipo de datos para coñecer as causas do accidente e vai ser necesaria a utilización de grúas para retirar os vagóns durante todo o día de hoxe.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

(más…)