Convocado o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro.

A concellaría de Cultura de Dodro anuncia a convocatoria da XXIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e anima a todo o mundo a participar. O prazo de recepción de obras remata o día 13 de novembro. O certame está dirixido a traballos escritos en lingua galega, con tema e forma libres. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, nin estar presentados a ningún outro concurso no momento do fallo do premio de poesía de Dodro.
A dotación do mesmo é de 2.300 euros e o fallo farase público o día 11 de decembro mentres que a entrega terá lugar o 19 dese mes. A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

LA VOZ DE GALICIA, 22/10/10

As brañas de Laíño merecen un futuro mellor.

Unha vez máis parece que sae do baúl o proxecto dese paseo con embarcadeiro que o Concello de Dodro quere levar adiante nas brañas de Laíño. Non hai moito nesa zona víanse lontras que agora xa non están. Debía ser un dos poucos sitios de Galicia no que se atopaban cómodas. E como elas algunhas especies máis. Eu pregunto se paga a pena eliminar a natureza para gañar sitios de ocio. E que os homes non teñen xa lugares dabondo para divertirse que aínda hai que matar a pouca natureza que temos (cada vez menos) para encher de cemento, troncos traídos de sabe Deus donde, e coches o sitio máis bonito do Concello.

Carta ao Director de TIERRAS DE SANTIAGO.
Víctor B. (Dodro)