Premios do concurso infantil do entroido.

0 A 3 ANOS

1º-«Chícharo». Lucas Mozas Porrúa.
2º-«Parella de vellos». Leticia Lorenzo e Héctor Barreiro.
3º-«Dobre persoalidade». Mateo López Doce.

4 A 8 ANOS

1º-«Bacterias no retrete». Lucía Pardal Álvarez
2º-«Animadoras High School». Iria García e 9 nenas máis.
3º-«Bonecos de papel». Juan Saborido e Tamara Soneira.

9 ANOS EN DIANTE

1º-«Burbujas». Julia Viqueira Valero
2º-«Baixade as brajas que ven o cura». Zaira Rodríguez e 3 máis.
3º-«Shrek». Marcos Ferro Rodríguez e 3 máis.
4º-Accésit especial. «Salvemos o tren». Raquel Diz e Marina Buceta.

Aparecen pintadas contra a alcaldesa de Pontecesures.

Na mañá deste domingo de entroido, ademais de aparecer derrubado o ancla do peirao, tamén apareceron dúas pintadas con spray de cor verde co seguinte texto: «Dimite Maribel». Están situadas, ámbalas dúas, na rúa San Lois. Unha na beirarrúa, practicamente diante do supermercado Froiz, e a outra na fachada do edificio onde está ubicado o Banco Pastor, preto do caixeiro automático.
Tamén apareceu pintado o sinal colocado hai uns días para a limitación horaria dos estacionamentos, que se atopa na rúa San Lois, preto de «Golosinas Castiñeiras».
Coa mesma pintura, tamén apareceu nun edificio en ruínas (antigo club de Nestlé), na fachada da rúa San Lázaro, a inscipción «Jhonatan», e o debuxo coa cara dun boneco.

Los niños de la guardería festejaron el carnaval en el pabellón.

Los alumnos de la escuela infantil municipal de Pontecesures celebraron ayer por la tarde el carnaval con una fiesta que tuvo lugar en el pabellón polideportivo cesureño y a la no sólo acudieron los niños, sino también sus familias, el personal docente de la guardería y representantes de la Corporación. Los pequeños participaron en un desfile en el que lucieron sus atuendos y, además, recibieron muchas sorpresas que les alegraron la tarde. La fiesta no podía terminar sin una merienda con la de reponer fuerzas para continuar con el «entroido» durante todo el fin de semana.

CONCURSO DE ENTROIDO

Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.

Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.

Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. ? importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.

Os premios están distribuídos da seguinte forma:

GRUPOS

* 1º- 400?
* 2º- 250?

PARELLAS

* 1º- 150?
* 2º- 100?

Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.

Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.

O venres, día 1 de febreiro, Festival de Entroido no CPI Pontecesures.

Será a partir das 11,30 da mañá no Pavillón Polideportivo e desfilarán disfrazados tódolos alumnos/as. Para este acto están convidados tódolos pais/nais.
Antes do desfile tamén os alumnos/as celebrarán a festa nas aulas.
Lémbrase que tódolos nenos/as do centro saen o venres día 1 de febreiro ás 14,05 horas. O sexa que horario de saída de secundaria será ese día o mesmo que o de primaria.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Festa de entroido da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

O día 1 de xaneiro, a partir das 17,00 horas, no Polideportivo Municipal de Pontecesures terá lugar a festa de entroido organizada pola Escola Infantil para os alumnos/as do centro.
A celebración consistirá nun desfile de tódolos nenos e nenas da escola acompañados polo persoal da mesma e nunha merenda. Haberá tamén moitas sorpresas.
A Escola Infantil convidou á festa a tódolois membros da corporación.