CONCURSO DE ENTROIDO

Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.

Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.

Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. ? importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.

Os premios están distribuídos da seguinte forma:

GRUPOS

* 1º- 400?
* 2º- 250?

PARELLAS

* 1º- 150?
* 2º- 100?

Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.

Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.

O venres, día 1 de febreiro, Festival de Entroido no CPI Pontecesures.

Será a partir das 11,30 da mañá no Pavillón Polideportivo e desfilarán disfrazados tódolos alumnos/as. Para este acto están convidados tódolos pais/nais.
Antes do desfile tamén os alumnos/as celebrarán a festa nas aulas.
Lémbrase que tódolos nenos/as do centro saen o venres día 1 de febreiro ás 14,05 horas. O sexa que horario de saída de secundaria será ese día o mesmo que o de primaria.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Festa de entroido da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

O día 1 de xaneiro, a partir das 17,00 horas, no Polideportivo Municipal de Pontecesures terá lugar a festa de entroido organizada pola Escola Infantil para os alumnos/as do centro.
A celebración consistirá nun desfile de tódolos nenos e nenas da escola acompañados polo persoal da mesma e nunha merenda. Haberá tamén moitas sorpresas.
A Escola Infantil convidou á festa a tódolois membros da corporación.

Un concurso de «orellas» y el desfile de disfraces protagonizarán el carnaval de Valga.

El carnaval arrancará en Valga el día 2 de febrero, con el «Concerto de Entroido» que tendrá lugar en el Auditorio de Ferreirós a partir de las 20 horas y en el que actuarán alumnos de la Escola de Música Municipal y la Banda Infantil valguesa. Aún así, los principales actos de estas fiestas no llegarán hasta la semana siguiente.

(más…)

XXV Campionato de truco San Roque da Ponte

(EDICI?N ESPECIAL ENTROIDO)
cartel-truco-2.jpg
O vindeiro 8 de FEBREIRO no centro social da ponte ás 22:00 da noite

Inscripción: 40 ?/PARELLA

PREMIOS:

* PRIMEIRO: 700 EUROS + TROFEOS
* SEGUNDO: 300 EUROS + TROFEOS
* TERCEIRO: 180 EUROS + TROFEOS

Interesados apuntarse chamando a estes números:

* 647 281 888 ( Álvaro )
* 636 975 415 ( Julián )

O sorteo realizarase no centro social media hora antes de comezar o torneo

O IMPORTE DOS PREMIOS VARIARASE EN FUNCION DO NUMERO DE PARELLAS

HABERÁ AGASALLOS PARA TODOS AQUELES QUE ACUDAN DISFRAZADOS E UN PREMIO ESPECIAL PARA O QUE O XURADO FORMADO POLOS MEMBROS DA COMISION CONSIDERE O MELLOR DISFRACE.

ACUDIDE TODOS COLABORADE COA COMISI?N

Entroido 2008 en Pontecesures. Como novidade, este ano haberá concurso de disfraces para maiores.

O Domingo de Entroido, día 3 de febreiro haberá na Plazuela un gran festival de Entroido para nenos/as e adultos animado polo trío musical cesureño SOPRANO.

O festival comezará as 17 horas para os nenos/as e haberá concurso de disfraces cos seguintes premios:

NENOS/AS DE O A 3 ANOS

* 1º-30 ? en material escolar.
* 2º-20 ? en material escolar.
* 3º-10 ? en material escolar.

NENOS/AS DE 4 A 8 ANOS

* 1º-50 ? en material escolar.
* 2º-35 ? en material escolar.
* 3º-20 ? en material escolar.

NENOS/AS DE 9 ANOS EN DIANTE

* 1º-60 ? en material escolar.
* 2º-45 ? en material escolar.
* 3º-30 ? en material escolar.

A gran novidade para este ano é que a partir das 19,30 horas teremos o festival para os maiores, de 16 anos de idade en diante, con concurso de disfraces. Os premios serán os seguintes:

COMPARSAS OU GRUPOS

* 1º-400 ?
* 2º-250 ?
* 3º-150 ?

PARELLAS

* 1º-150 ?
* 2º-100 ?
* 3º- 50 ?

INDIVIDUAL

* 1º-80 ?
* 2º-50 ?
* 3º-30 ?

Esperamos que se animen moitos maiores a participar no festival e no concurso.