Organismos e casas comerciais que colaboran coa Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil.

Cos dous eventos colaboran a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolmento Sostible, a Consellería de Innovación e Industria, a S.A de Xestión do Xacobeo, a Deputación de Pontevedra e o Padroado Rías Baixas.

CASAS COMERCIAIS QUE COLABORAN COA FEIRA DO AUTOM?BIL ANTIGO DE DE OCASI?N.
Plexus
Setga
Chanteclair
Anxo Abalo
Hermanos Castro Figueira
Gama e Hijos
Construcciones Caamaño
Medio Ambiente Caamaño
Ciaxanova
Finsa
Extrugasa
Electrodomésticos Frois
Marco, Obras y Proyectos
Nestlé
Magán Hermanos
Novo y Sierra
Susavila Seguros
Comercial Moncho
Constantino Taibo Tojo
Doselco Electricidad
Grúas Estación
Adolfo Piñeiro, Imprenta

CASA COMERCIAIS QUE COLABORAN COA FESTA DA LAMPREA.
Coca Cola
Panadería Gerardo
Distribuciones Braña.

O EXTRUGASA SENIOR FINALIZA ESTE SABADO A LIGA EN VILANOVA NUN PARTIDO INTRASCENDENTE, E LOGO DE PERDER CONTRA MECO DE O GROVE NOS INSTANTES FINAIS

Este sábado ás 7 da tarde vai finalizar a participación no campeonato zonal de 1ª división, en casa do Vilanova. Faino ca tranquilidade que da ter asegurada a participación a vindeira temporada nesta liga dos mellores equipos zonais. Para dito partido o equipo vai ir pola victoria, e caso de non ser posible, polo menos dar unha boa imaxe, caoma a deste pasado sábado no grove, diante do Meco, onde perdeu por 3 puntos (49 a 46) nos instantes finais. Partido ó que so poideron desprazarse 7 xogadores, faltando varios dos habituais, polo que o esforzo dos chavales foi meritorio.

Na 1ª parte os locais xogaron moi cómodos, e impuxeronse no marcador dende o principio (1º cuarto: 19 -11), descanso (30 -19). Polo Extrugasa tan só Santi na zona local era capaaz de anotar con facilidade (11 puntos nesta parte).

Pero a 2ª parte empezou de forma distinta. O Extrugasa veuse arriba e dun 32 – 19 no minuto 22, pasouse cun parcial de 5 a 22 a un 37 a 40 no final do 3º cambio. ¿Que pasou? Sencillamente que os chavales (Pedrito, Victor, Cachote) sacaron o baloncesto que levan dentro, e nun cuarto para recordar, non se cortaron á hora de lanzar e con 4 triplas, mais a defensa de Santi, Pepi e Felipe sobre os interiores locais, diron toda unha lección de baloncesto.

E no derradeiro cuarto faltou algo mais de anotación, por que o Meco estivo ben maniatado, pero os tiros do Extrugasa deixaron de entrar. A pesar diso todo o cuarto diante, quedando 28 segundos e gañando por 1, Felipe  erra 2 tiros libres. Quedando 15 segundos Meco empata a 46 ó anotar seu base 1 tiro libre dos 2 que tivo. Con 15 segundos Extrugasa ataca, e quedando 3 segundos perde o balón ó facer pasos un xogador. Tempo morto local, no saque de banda dende medio campo, recibe un aleiro do Grove que, tira tras bloqueo e anota unha tripla sobre bocina.

Xogaron e anotaron polo Extrugasa: Pedrito (3), Victor (6), Cachote (3), Santi (13), Felipe (6), Pepi (15), e Juanjo (-).

O Valdeza endósalle ao Cafetería Sol y Mar a súa primeira derrota na Liga de Futbito de Valga.

Dezaoito partidos tivo que xogar o Cafetería Sol y Mar para sufrir a súa primeira derrota da tempada na Liga de Fútbito Veterán de Valga. O seu verdugo, o pasado domingo, o Valdeza/Bar Juan, conxunto da zona media da táboa, que derrotou o líder por 1-2.
O A Palmeira e o A Cacharela/Karymo aproveitaron o pinchazo do Sol y Mar para recurtar distancias. O primeiro venceu pola mínima o A Redonda, 1-0, mentres que o A Cacharela goleou 0-6 o Bar Muelle.
Completaron a xornada os seguintes marcadores: Extrugasa 3-1 Elite Electricidad; A Casa Vella 2-0 Desigual; e Joyería Riveiro 1-2 Trans. Veiga/Bar O Belén. O Benjamín Ramos descansou.
A falta de sete xornadas para a conclusión da Liga, a clasificación queda así: 1º Cafetería Sol y Mar (45 puntos e un partido máis), 2º A Palmeira (40 puntos), 3º A Cacharela (39), 4º A Redonda (34 puntos e un partido máis), 5º Benjamín Ramos (34), 6º Desigual (25 e un máis), 7º Trans. Veiga (24 e un máis), 8º Valdeza (21 puntos), 9º A Casa Vella (17), 10º Elite Electricidad (13 e un partido máis), 11º Extrugasa (13 e un máis), 12º Bar Muelle (10 e un máis), e 13º Joyería Riveiro (9).

LA VOZ DE GALICIA, 26/03/09

BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE A PORTONOVO E ACADA A PERMANENCIA OUTRO ANO NA 1ª ZONAL

EXTRUGASA RIO ULLA = 54

Peñaño (9), Pedrito (-),Diego (6), Cachote (3), Nacho (11), Santi (14), Juanjo (-), Pepi (11).

 LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 49

 Acadouse o obxetivo que non era outro que a permanencia con esta victoria que asegura a presenza do Extrugasa outro ano mais entre os mellores equipos da liga zonal. Inda quedan por disputar 2 partidos aprazados, este sabado no Grove contra o Meco, e para a semana en Vilanova, pero a ambos partidos o Extrugasa pode acudir tranquilo, pois Cambados, o equipo que viña por detrás para salvarse, non nos pode coller en victorias, ó ter 3 partidos gañados, e tamén teñen 2 partidos aprazados. A nos, que temos 6 victorias xa non nos poden coller.

 O partido desta maña empezou ben par ao Extrugasa, quen defendeu moi forte os exteriores de Portonovo que erraron moitos lanzamentos (min 5: 12 ?? 2). Nacho e Santi, polos locais, impuxeron seus quilos na zona de Portonovo. Logo entrou en xogo Peñaño, e aguantou o Extrugasa a diferencia ó final do cuarto 16 -9.

 No 2º cuarto, cas rotacións locais, e faltando Gulli, Arturo e Felipe, dispuxeron de minutos os menos habituais, que tamén cumpriron en defensa. Portonovo logrou acercarse a base de velocidade: ataques errados do Extrugasa, incluso con bos lanzamentos, eran contraataques dos de Portonovo. Polos locais a tripleta Nacho-Pepi-Santi seguia anotando os puntos, normalmente debaixo do aro visitante. No descanso victoria local 29 ?? 26.

 

E na 2ª parte Extrugasa que domiñou todo o tempo con diferencias de 2 a 6 puntos ó seu favor. No final do 3º cuarto Santi e Diego dende o exterior mantiveron ó Extrugasa  diante, á vez que Nacho, Pepi e Peñaño descansaban uns minutos. (min 30: 40 – 36).

O empezar o derradeiro cuarto, parecia que os de Portonovo ian poñerse diante (40 -38), e xogando mal os locais, pero 2 triplas seguidas de Cachote e Peñaño dironlle unha nova diferencia ós locais de 5 puntos a falta de 5 minutos: 48 ?? 43.

Portonovo que non tiña o dia no lanzamento exterior, e con Julio de espectador no banquillo (non chegou a xogar) a defensa local intentaba provocar fallos de Norat, Alberto e o base Romero. Tan só a base de correr era coma se mantiñan ahí. Pero entre Nacho e Pepi outra vez anotando na zona, e con Peñaño dirixindo perfectamente a saida da defensa á desesperada dos visitantes, gran dirección de xogo a sua, Extrugasa acadou a victoria.

 

Mencion aparte o gran partido de Santi (14 puntos, 3 tapóns espectaculares, rebotes, defensa, tiro exterior). Pero a sensación foi que todo o equipo dou a cara facendo un bo partido todos: a direccion de Peñaño, a confianza de Diego, tanto á hora de anotar, coma a boa defensa que fixo, mais o xogo interior de Santi-Pepi-Nacho, mais Cachote, Pedrito, Juanjo, Victor? O éxito de hai 1 ano (ascender), queda refrendado ca permanencia nesta liga outro ano mais. e todo elo con xente «da casa», que ten un valor dobre.

O Cafetería Sol y Mar amplía a vantaxe sobre os seus perseguidores na Liga de Valga.

As xornadas pasan e o Cafetería Sol y Mar aproxímase cada vez máis ao título do Campionato de Futbito de Valga. O líder voltou a sumar un novo trunfo na decimoitava xornada ligueira, nesta ocasión por 0-2 sobre o terceiro clasificado, o A Cacharela/Karymo. Este marcador, xunto co descanso do A Palmeira, eleva de 5 a 8 puntos o colchón do Sol y Mar sobre este último equipo, aínda que cun partido máis para o líder.
O resto da xornada valguesa deparou os seguintes resultados: Desigual 3-1 Extrugasa; Elite Electricidad 4-1 Bar Muelle; Trans. Veiga/Bar O Belén 2-0 A Casa Vella; A Redonda 1-0 Joyería Riveiro; e Valdeza/Bar Juan 2-5 Benjamín Ramos.
A falta de oito xornadas para a conclusión do torneo, a clasificación aparece do seguinte xeito: 1º Cafetería Sol y Mar (45 puntos, un partido máis), 2º A Palmeira (37), 3º A Cacharela/Karymo (36), 4º A Redonda (34, un partido máis), 5º Benjamín Ramos (34, un partido máis), 6º Desigual (25, un partido máis), 7º Trans. Veiga/Bar O Belén (21, un partido máis), 8º Valdeza/Bar Juan (18 puntos), 9º A Casa Vella (14), 10º Elite Electricidad (13, un partido máis), 11º Extrugasa (10, un partido máis), 12º Bar Muelle (10, un partido máis), e 13º Joyería Riveiro (9).

LA VOZ DE GALICIA, 13/03/09

Extrugasa y el Grupo Quintá acumulan premios a su labor emprendedora.

El Grupo Quintá, del que forma parte Extrugasa, ha conseguido en los úiltmos tiempos varios premios y homenajes de reconocimiento a su dilatada labor emprendedora y su apuesta por la innovación tecnológica. Así, el grupo de empresas que dirige Andrés Quintá Cortiñas cuenta entre sus distinciones con el Premio Galicia de Investigación por su contribución a través de Extrumar, al diseño y comercialización de una batea sumergible, única en el mundo. Su presencia internacional ha hecho que Quintá Cortiñas sea un emprendedor de reconocido prestigio con encuentros políticos y empresariales en gran número de países de Europa, Asia y América. Su labor industrial, iniciada hace décadas en Padrón, y su experiencia vital se han convertido en una auténtica marca de prestigio y calidad y una referencia para el colectivo empresarial. Su labor altruísta le ha hecho acreedor de numerosos actos de reconocimiento social y es sabida su tarea de mecenazgo en el deporte base y porfesional en baloncesto y fútbol femenino.

DIARIO DE AROUSA. Especial 8º aniversario. 14/03/09